Un estado autoritario contras as nacións
Transcription
Un estado autoritario contras as nacións
►“É preciso descolonizar o feminismo" O semanario coa información precisa Quinta feira, 2 de outubro de 2014 3,50 euros Conversamos con Wadi N-Daghestani, feminista islámica e afondamos nesta corrente de pensamento que procura a emancipación das mulleres e a xustiza social desde unha perspectiva propia. N-Daghestani asegura que existen prexuízos "islamófobos" nas comunidades occidentais promovidos pola "propaganda imperial" para xustificar, asegura, "os seus fins políticos" no mundo árabe. . Páx 32-33 Número 116, ano III. Tribunal Constitucional. Un estado autoritario contras as nacións editorial e páx. 10-11 Orzamentos 2015: os investimentos aumentan en Galiza por debaixo do promedio estatal. Páx.12 "A candidatura de Marina Silva é funcional aos interesses da direita e o imperialismo". Páx. 26-27 Un ollar AFONDO sobre Ramón Suárez Picallo, a figura que aliou marxismo e nacionalismo. Caderno AFONDO 2 opinión A semana en chíos Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 Quinta feira, x de xxxxxx de 2014. Número xx a ghoma rota por nachortas Sobre os antidisturbios en BCN contra as acampadas soberanistas @Endavant_Bcn Escandalós desplegament d'antidisturbis tallant els carrers adjacents. S'ha quedat RogerLlúria provença #Acampada9N Sobre o veto español ao dereito a decidir catalán @montseprado Quen durante anos dixeron que sen violencia toda reivindicación era posíbel hoxe impiden que Catalunya vote @xcampos_ribadeo Nun momento de acoso mediático e político contra o dereito de Cataluña a votar, de España non sae unha soa voz na súa defensa. Nin unha. @FacuDiazT Facer referendos en Venezuela é de ditadores. Prohibilos en España é de demócratas. A ver se o vamos pillando, mangurriáns @carlos_taibo Que diría Montesquieu ao comprobar como Moncloa ordea ao poder xudicial o que hai que facer coa lei de consultas catalá? Sobre o Estado Islámico @aranagoiri Esta xente á que bombardeamos hai 10 anos virouse máis radical aínad. Bombardeémolos #Isis #Lentella Sobre os transportes públicospúblicos @xico_de_nelhe Xente de pé no autocarro no traxecto Betanzos-A Coruña. Xente de pé no autocarro no traxecto A Coruña-Sada nas horas punta. É inaceptábel Sobre a opresión sionista en terras palestinas @palestina De repente chegan á túa casa soldados q invadiron a túa terra terra e dinche, vaite, a casa non é túa #Palestina máis de 140 caracteres Catalunya está, Euskal Herria estará, e Galiza? S e ollamos o que está a pasar no Estado con perspectiva galega, tiraremos a conclusión Xosé Mexuto de que nos imos ver Director de abocados a un debaSermos Galiza te constituínte onde Catalunya está na primeira liña e Euskal Herria, máis cedo que tarde, tamén estará, así que inevitabelmente a pergunta é: que hai do noso? Que opcións temos para xogar nesta partida? Que rol nos agarda? O réxime do 78 está nas boqueadas, non vai durar, España foi secularmente un pacto entre a oligarquía castellanoandaluza e as burguesías catalá e vasca e ese contrato está roto, talvez de forma irrevogábel. Todos o saben. A Moncloa, a primeira. Rajoy fixo toda a súa carreira política especulando cos tempos, mais o tempo, por relativo que sexa, non é adiábel ad eternum. Está a chegar a hora, ara es l´hora, segadors. É restaurábel o pacto no Estado? Na entrevista con Ana Pastor, Mas non dixo que non, dixo que dependía de que o Estado puxese unha proposta sobre a mesa, dixo algo máis, dixo que o Estado podía, el sen o problema do veto do Tribunal Constitucional, convocar o referendo, e submeter unha proposta ao pobo catalán. Que proposta tiña na cabeza Mas? Nada moi distinto a unha reforma da Consti- tución española -ou mellor, unha Constitución española feita ex novo- que recoñecese explicitamente que o Estado está constituído por nacións e que as nacións teñen dereito a estar ou non estar nese Estado. Eses son os termos do debate, inevitabelmente, un debate constituínte. Nese debate vai estar Catalunya. Vai estar Euskal Herria. E Galiza? Galiza estará se somos quen a facer algunhas cousas ben. E non se trata de inventar a pólvora. Ollemos para o mundo. Que podemos aprender do que se fai por aí fóra? Que podemos aprender de Escocia? Que de Catalunya? a emancipación nacional no planeta Se analisamos a realidade sen preconceitos, veremos que ningún proceso de emancipación nacional no planeta se produciu pola vía de reforzar o pólo progresista/guay das metrópoles, senón pola vía do fortalecimento e alargamento dos movimentos soberanistas. Escocia non conquistou o dereito a decidir pola vía de que o SNP se diluíse nun magma informe con forzas da esquerda inglesa. Non, Escocia conquistou o seu dereito á autodeterminación afortalando o SNP como forza central e hexemónica -no mínimo nas eleccións ao Parlamento de Edimburgo-. Analogamente, Catalunya non se puxo á beira da independencia pola vía de o nacionalismo catalán se mesturar/coligar/ fusionar cos pretensas forzas rupturistas españolas. Non, avanzou porque apostou sempre en alargar o espazo de influencia social das forzas política propias (e, si, as forzas políticas propias son aquelas que teñen os seus centros soberanos no país e non na capital do Estado que nega os seus dereitos a ese país). A conclusión é nidia: se queremos estar como está o pobo catalán e como estará o pobo vasco, teremos que afortalar a serio o movimento nacionalista/soberanista/ autodeterminista deste país. Teremos que pór Galiza por diante e facelo agora. Sen dar ningún proceso eleitoral por perdido. Defendendo a unidade como ben a preservar, claro, mais sempre a condición de que os cantos á unidade non anulen o pluralismo que hai no país nin mascaren unha coartada, un álibi, para quitar de en medio o referente soberanista que este país necesita para respirar. Podemos talvez se pode permitir o luxo de prescindir dun proceso eleitoral porque o seu hábitat básico son os platós das televisións sistémicas onde sempre haberá minutos de prime time para o seu líder, mais o soberanismo galego carece desa cobertura e ten que dar a cara en todos os escenarios, porque se non está, Galiza non está, é así de claro. Queremos que Galiza xogue na partida post-réxime do 78 que inevitabelmente se vai xogar? Queremos que o faga como actor protagonista e non como membro indistinguíbel dun coro liderado por referentes da esquerda estatal? Pois se queremos, sexamos Galiza. opinión 3 Quinta feira, 2 outubro.de Nº2014. 116 Número xx x de xxxxxxx prosa do observatorio editorial Ética do consumo O Estado das "four nations" A sociedade que nos ten tocado vivir está inzada de trampas, de trapalladas, de miXavier Queipo raxes que contribúen Escritor á nosa manipulación permanente. O eido do consumo de bens e servizos non é unha excepción á regra nesta serie de celadas que o capitalismo –agora amosando a súa faciana máis salvaxe- nos tende na súa lóxica binaria de produción/consumo, que non é outra que a lóxica binaria explotación/ manipulación. Nas dúas fases os xestores do sistema saen gañando. Na primeira, está claro, pola explotación das clases traballadoras e a extracción da plusvalía a partir da suor dos traballadores. É certo que se produciron avances sociais e que o nivel de explotación non é agora o mesmo que hai unhas décadas, mais coidado, pois os dereitos dos traballadores están en retroceso evidente: os contratos son precarios, as subas salariais non se corresponden co valor do producido e a inestabilidade no emprego –co corolario tantas veces dramático do desemprego crónico- son síntomas dunha deterioración diacrónica das condicións de traballo. Na segunda, os axentes do capital estimulan o consumo para poder recuperar así a parte do león dos salarios que lles outorgaran aos traballadores. Manipulan a opinión pública, adormecen a xente coa publicidade e coa criación de “necesidades” espureas, sen interese para o que consome, mais das que xa non pode prescindir. Nada que vostedes non saiban, pois a análise é canónica (un servidor non é especialista en economía, senón un biólogo que pensa, que escribe e que tantas veces adianta teorías ou observacións que os máis non comparten). Nesta situación hai que actuar, pois, nas dúas frontes, loitando para consolidar os dereitos adquiridos, como moi ben saben os compañeiros das organizacións sindicais e practicando un consumo responsábel, consciente, medido, para evitar darlle un gaño maior ao inimigo. Xa sei que o inimigo é tantas veces opaco, está tan agochado baixo o enxaretado dunha rede de corporacións e multinacionais, que resulta difícil dar con el. A non ser que, como nalgúns casos, se nos amose sen arroubo, como inimigo organizado, socialmengte refractario aos cambios e negador dos dereitos dos traballadores e, non poucas veces, cunha conciencia de explotación digna do conservadurismo máis rancio e reaccionario. Estes días, por exemplo saiu á luz que un directivo dos grandes almacéns mais emblemáticos do estado español (logo O humor gráfico tokio conflito entre o Estado e Catalunya é basicamente un conflito de natureza política, mais Madrid opta por tentar zanxalo a partir dunha focaxe do asunto exclusivamente de orde pública, legalista. Emprega o Tribunal Constitucional como ariete, pondo en evidencia que aquí non existe división de poderes, e xa sabemos que cando o xudicial é un apéndice do executivo, mal se pode falar da existencia de democracia. Estamos a falar dun conflito secular e dun conflito que as elites españolas xestionan en 2014 como desde hai 300 anos, desde 1714, facendo abstracción de que Catalunya existe como nación e ten unha vocación inquebrantábel por exercer os dereitos que como tal lle corresponden. Se o conflito é político, a solución terá de ser política de que o partido socialista obrero español malvendera Galerías Preciados ao capital venezolano) foi candidato pola Falanxe española en varias ocasións e, por tanto, participa da ideoloxía que sustenta esa formación política. Os que concorden coas ideas da Falanxe poderán moi ben seguir mercando neses almacéns, mais os que se sitúen nas antipodas desa ideoloxía non deberían, por unha cuestión ética, pisar as súas instalacións (como é o caso de moitos amigos que eu teño, socialistas e acionalistas declarados eles, asiduos clientes senón promotores directos ou indirectos das compras en semellante lugar). Dirán algúns que a condición de falanxista do directivo non é condición suficiente para a deserción desa arcadia do consumo. Direilles que terían razón se esa non fose senón a punta dun iceberg, que agocha o 90% da súa masa baixo unha aproximación paternalista (e, por tanto, machista) ás relacións entre patróns e empregados. Puxen ese exemplo, pois as noticias confirmaron esa militancia, mais a cuestión non é o detalle, que só ilustra sen pretender ser exhaustivo. Coido en pensar que como consumidores temos que intentar en todo momento e lugar non lle dar a gañar ao inimigo, pagar o prezo xusto e, cando se poida escoller, intentar un consumo responsábel. Podemos seguir apáticos e derrotados, non querendo ouvir, nin ver, nin falar, como eses famosos macacos da historia, mais tamén podemos tomar unha decisión activa, informarnos (observar que non é ver, escoitar que non é ouvir) e tomar a palabra do xeito que sexa máis doado, consumindo de xeito responsábel. Custa traballo, seino, mais a liberdade sempre custou traballo, non é nada que nos veña dado nin ao que haxa que lle ter medo. Algúns dirán que para min é moi fácil, pois hai vintecinco anos que vivo fóra e non teño que confrontar co día a día da vida no país. Certo, mais tamén é certo que aquí onde eu vivo observo e mais escoito, falo con feitos e tomo as decisións que considero máis doadas. Pódome trabucar –quen non- mais o único que lles pido aos meus amigos é un pouco de coherencia, unha pizca de reflexión, unha dose elemental de ética. Rajoy manexa o asunto con ollar curtopracista, pensando só no calendario eleitoral, sabedor de que a súa única baza é a de se envolver na bandeira españolista. Mas até A Moncloa sabe que o agravamento do problema da distribución do poder político no Estado é irreversíbel e que o que até agora valía -contemporizar, agardar que Catalunya recuperase o seny- xa non funciona. Até a Moncloa sabe que o réxime do 78 non dá máis de si. Até Rajoy sabe que terá que mover peza, aínda que iso -ser proactivo, non deixar que o tempo resolva por si só os problemaslle inspire unha preguiza infinita. Se o conflito é político, a solución terá de ser política. O Estado español ten perante si dúas opcións. A primeira, a puramente resistencialista, a da afirmación de que España é una e soberana, a de tentar alargar a agonía da restauración borbónica. A segunda, a pragmática, a de sintonizar con Cameron e a súa expresión do Estado das four nations. Esa é a única saída a este conflito. Si, no Estado hai nacións distintas da española. E si, todas e cada unha delas teñen dereito a decidir se queren ou non queren estar, se queren ou non queren independizarse. consello de administración Xoan Costa, Manuel Mera, Marga Romero, Xoán Colazo, Nemesio Barxa, Xurxo Souto, Xoan Carlos Garrido, Iria Villar, Xabier P. Igrexas, Francisco Miranda, Xoán Sande, Rubén Lois e Anabel Gulias. O papel utilizado para a impresión deste semanario conta co selo FSC e foi fabricado e partir de fragas e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais, garantindo un tratamento dos recursos sustentábel para o medio ambiente e beneficioso para as persoas. Sermos Galiza asegura, asemade, a reutilización do papel excedente e convida, após a lectura, á reciclaxe das páxinas ou exemplares que non se arquivaren. 4 a semana en imaxes Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 MNG. social. As mulleres volveron este 28 de setembro a facer súas as rúas e prazas de Galiza e o Estado español para reclamaren o dereito a decidir sobre os eu propio corpo. Yazhira. Internacional. Al Fatah e Hamas acadaron en Exipto un acordo para estabelecer un goberno de unidade en Gaza. A intención de ambas as dúas organizacións é que ese goberno comezase canto antes a exercer as súas funcións na franxa palestiniana. Anova. Política. Compostela acolleu a asemblea deliberativa de Anova-Irmandade Nacionalista, encontro previo á Asemblea Nacional que esta organización realizará neste mes de outubro. Debates ideolóxicos e organizativos centraron a xuntanza que decorreu na Facultade de CC Políticas. Adega. social. A VII edición da Limpeza Simultánea de Ríos que organiza Adega reuniu 520 persoas, que actuaron en 45 concellos e retiraron máis de 11.600 quilogramos de refugallos e lixo. a semana en imaxes 5 opinión Quinta feira, 2 de outubro. Nº 116 GN. Nationalia. Internacional. Por volta de 30.000 persoas manifestáronse en Nantes a prol da reunificación de Breizh (Bretaña), país que actualmente está dividido entre dúas rexións. Diferentes entidades, plataformas e colectivos anunciaron que van impulsar consultas nos concellos sobre a reunificación, así como sobre maior autogoberno para o pobo bretón. Nació Digital. Memoria. Máis un ano, Galiza Nova e BNG homenaxearon a Pedro Galán Calvete, mozo galeguista asasinado en 1936 polo fascismo. O acto decorreu no cemiterio coruñés de San Amaro. Tres mozos de GN foron identificados por realizar un mural de lembranza a Pedro Galán. internacional. Milleiros e milleiros de persoas ateigaron rúas e prazas de Catalunya convocadas pola ANC e Òmnium para rexeitar a decisión do TC de suspender o referendo do 9N e reclamar o seu dereito a votar. O.G. deportes. Galiza conquistou seis medallas no mundial de piragüismo na modalidade de maratón, que tivo lugar en Oklahoma (Estados Unidos). Ósca Graña, Fiuza, Ferro, T. Campos e I. Alonso gañaron medallas nas probas de C-2 e K-2. 6 anÁlise Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 a CRÓNICA Espías nos quiosques Mortes de menos É, sen dúbida, a imaxe real en movemento máis icónica deste século e pode ser que da historia da humanidade: avións que se estrelan contra as Torres Xemelgas en Nova York un 11 de setembro de 2001, hai xa algo máis de trece anos, pero cuxas tomas seguen aparecendo cada pouco tempo nas televisións, imposíbel é sacalas da cabeza, pola súa dureza e polo que significaron. O ataque -que se atribuíu a unha suposta franquicia mundial do islamismo estremo chamada AlQeda en cuxo nacemento moito tiveron que ver os propios EUAasasinou a tres mil persoas. As mortes co maior tratamento mediático de todos os tempos. No entanto, hai outros 3.000 con menos sorte. Entendan a odiosa comparanza, pero os mesmos xornais que dedicaron milleiros -sen esaxerar- de páxinas a glosar as vidas d@s caíd@s no World Traid Center -con todo o respecto para esas vítimas, por suposto- non publican ou reducen ao mínimo, ou limítanse a presentala moi agochada nos seus webs, novas que falan doutras 3.000 persoas mortas, no que seguramente tamén é un crime. Que para coñecer, hai que atopalo no pequeno faldón dunha páxina par de El País, por exemplo. Ese é o limitado espazo que se lles concede aos tres milleiros de mort@s que se ten cobrado o Mar Mediterráneo por mor dos naufraxios sufridos por persoas migrantes desde que comezou este mesmo ano. Un masacre inhumano que aos periódicos convencionais parece importarlles pouco, en vista do escaso eco que neles atopa. Non sempre 3.000 mortes son iguais. As de africanos famélicos seica importan menos que outras. Nisto das prioridades, fica clara cal é a da prensa española e galega partidaria do réxime do 78: frear os desexos democráticos de Catalunya. E, así, oferecer unha imaxe ben simbólica. Non hai nin unha soa cabeceira deste estilo que defenda minimamente a consulta do 9-N. Así é a pluralidade española. Tan monolítica como en vellos e aínda peores tempos. Cosme Torreiro Xornalista Galiza é cemento nos orzamentos do Estado As contas de Montoro apenas crecen no que respecta a Galiza, que ademais fica relegada de conceptos de máxima urxencia social namentres a maior parte dos orzamentos destínanse a grandes infraestruturas propias doutras épocas e mesmo afastadas das necesidades principais do país. R.S. A poucos días do Debate do Estado da Nación no Parlamento galego e en medio do balbordo xerado pola prohibición española da consulta sobre o futuro de Catalunya, o Goberno central presentou os seu orzamentos xerais para 2015, os correspondentes a un exercicio que se prevé decisivo para o débil modelo estatal e que tamén son os derradeiros que presenta o PP antes das eleccións municipais do ano que vén, onde están postas moitas miradas ante a posibilidade de que cambien un ciclo que, de todos os xeitos, ten agora en Catalunya o seu reto central en chave de ruptura democrática. Porén, desde o Consello de Ministr@s de Mariano Rajoy intentan amosar normalidade, e así presentan os Presupostos, coa habitual cerimonia de pousado ante a prensa gráfica coa versión dixital das contas, antes enormes tixolos de papel. O titular de Economía e Facenda, Cristóbal Montoro, foi como adoito o encargado de anunciar os orzamentos estatais, sen desmarcarse nin un milímetro da teoría da recuperación que publicita o PP desde hai xa varios meses, pero que non acaba de confirmarse nas sensacións sociais, onde tamén -por posíbel influencia da mobilización catalá- son cada vez máis os ollos que poñen atención no reparto territorial destes cartos públicos, algo que sempre deixa datos matizábeis -publícanse balanzas fiscais incompletas, ou datos que nunca contan co factores tan relevantes como a produción enerxética- pero tamén avanza algúns indiscutíbeis, como que de cara a 2015 Galiza é a comunidade onde menos aumenta -só un 2,1 por cento- o presuposto que recibe do Estado. Significativo. Serán transferidos a Galiza Cristóbal Montoro, ministro de Facenda. 1.385,78 millóns de euros en concepto de investimento, un 12,3% do investimento que non oculta que o país perderá diñeiro en partidas fundamentais no social, como a referente á compensación intraterritorial (cun 1,63% menos) que segundo o Goberno valora “renda”, “poboación” e “saldo migratorio”, todas eles asuntos que afectan a Galiza de forma directa pero non son recollidas nunhas contas que malia as prioridades existentes nestes momentos -desemprego, servizos...centran as partidas en infraestruturas viarias e ferroviarias, nun modelo máis propio doutras épocas que da actual. Así, priorízanse as liñas de ferro radiais con Madrid ou tamén se inviste en autovías, estradas e autopistas, aproximadamente, 30 millóns de euros procedentes dos fondos de compensación (19,34 millóns) e complementarios (10,73 millóns). Asemade, destínanse 7,68 millóns para infraestruturas portuarias. Para Galiza -e o beneficio das construtoras- só hai cemento. Para as persoas, especialmente as vítimas da crise, moito menos. eu quero ter un millón de amigos Estado in-constitucional política 7 Quinta feira, 2 de outubro. Nº 116 'Marés' por unha democracia radical Cada unha do seu pai e da súa nai mais con vontade de "facer as cousas dun xeito radicalmente diferente" á duns partidos que non queren imitar nin suplantar. Son as marés ou /e plataformas cidadanistas. Non pensan caducar coas municipais. Autor: X.M.P Imaxe: M-A. en movemento marea atlántica Foi un verán atípico en Galiza. No meteorolóxico e no político. Os días de nubes e poalla que inzaron xuño, xullo e agosto semellaron ser propicios para o nacer e agromar de diferentes plataformas e iniciativas cidadás, algunhas auto-cualificadas como marés, denominación que xa se emprega como un garda-chuvas que as acobille a todas. Marea Atlántica, Somos Maioría, Marea de Vigo, Ourense en Común, Marea Ártabra... son algunhas das experiencias que xurdiron en Galiza á marxe dos partidos e apelando á 'base', o asemblearismo e falando de procesos sen dirixismos. Este sábado 4 de outubro teñen unha cita na Coruña para, en palabras de Rocío Fraga (Marea Atlántica), "falar, poñer en común, debater, porque tamén hai diferenzas entre unhas e outras...intercambiar meteodoloxías e experiencias". Tecer unha rede de contactos e confianza, necesaria no camiño cara ás municipais de 2015, o horizonte próximo destas plataformas. "Mais pensamos que isto non pode ser un proceso que acabe o día das eleccións. Gañemos ou non, entremos no Concello con representación ou non, hai que manter viva a participación cidadá", sinala a Sermos Galiza Rocío Fraga. Superadas as 2.500 sinaturas para validar o seu manifesto, a primeira da vaga de marés que está a xurdir en Galiza segue a folla de rota cunha data clave marcada no calendario: Maio de 2015 e "recuperar María Pita para o 99%". Somos Maioría O 60% dos máis de mil asinantes do manifesto 'Somos Maioría' aprobaron dar pasos cara á confluencia coas 'marés'. Defenden candidaturas abertas nadas de asembleas cidadás e con eixos na esquerda e respetando o dereito a decidir. Ourense en común a nova política Desde Ourense, Martiño Ramos (Ourense en Común) enmarca o nacemento destas 'marés' en que a xente "ve que hai posibilidade de facer as cousas dun xeito radicalmente distinto", que "hai unha posibilidade real de cambio, con base cidadá e aberto a alternativas políticas". Coincide Rocío, que entende que após o 15M e as eleccións europeas, moita xente viu que se "abrían posibilidades para o cambio", e comezaron a traballar en chave municipal. "Anos de vazquismo e PP deixáronnos unha cidade que agora queremos recuperar para todas e todos", sinala. Mais esa recuperación non vai polas canles clásicas. "Non hai ánimo de suplantar aos partidos políticos" apunta Martiño Ramos a Sermos Galiza. Rocío Fraga ten claro que a Marea Atlántica non naceu "para ser un partido máis. E desde logo imos máis alá dunha simple candidatura dos movementos sociais da cidade". Ramos considera que estamos nun período no que hai "un marco de derrubo do sistema, está a haber un cambio, e vémonos na obriga de explorar outras vías". Nesas outras vías estarían as marés. "A nova política faise con novas formas de facer política, e as vellas prácticas desterralas xa desde a base", acrecenta. Desde a maré coruñesa Rocío Fraga a punta: "Hai xente que vén do activismo social Unha xuntanza da Marea Atlántica. Este sábado 4 de outubro reuniranse na Coruña para partillar metodoloxías e experiencias "Hai unha posibilidade real de cambio que se pode construír desde os concellos" (Ourense en Común) e político da cidade e outra que nunca estivo organizada en nada. Hai máis de mil persoas que tomaron parte en asembleas e debates". co nacional, na que non sempre hai consenso nun movemento con persoas tan heteroxéneo". Rocío parte de entender que a Marea Atlántica é "unha candidatura municipal para A Coruña, mais a Coruña non acaba na ponte da Pasaxe. está nunha comarca e tamén nun país". Sobre a 'cuestión nacional' é clara: "Na medida en que participen e se impliquen neste proceso aberto persoas que pulen por ese marco", este tomará forma e peso no seo de MA . a 'cuestión nacional' Queren estas experiencias municipais achegar en chave 'nacional'? Martiño Ramos fala da "xenerosidade" do "principio de confluencia" como dous dos eixos sobre os que se constrúen estas iniciativas cidadás. "E hai cuestións, e unha delas pode ser a do mar- Xa recolleron máis de 400 sinaturas de apoio e queren chegar a 1.500 antes de fin de novembro. Impulsada por colectivos sociais e de esquerda da cidade, pulan por un "proceso participativo, non dirixido" para artellar unha alternativa para as municipais. Marea de vigo Máis de 100 sinaturas avalaron a presentación desta plataforma (entre elas, as de Ferrín, Reixa, Julián Hernández...) que quer pular por "un proceso asembleario pola concreción dun programa común da esquerda rupturista". gañemos-vigo Entre as persoas impulsoras está a deputada de AGE Chelo Martínez e o cofundador de CCOO en Vigo, Miguel Quinteiro. Afirman que parten co apoio de máis de 200 persoas e apoio da coordenadora estatal. 8 galiza economía Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 X.Lorenzo Imaxe: Xurxo Díaz O tren constitúe un paradigma, o máis fidel se cadra, do atraso ao que o Estado español vén submetendo a Galiza nas últimas décadas a respecto das infraestruturas. Lonxe de propiciar maiores investimentos para amortecer as diferenzas con outros territorios peninsulares, a situación periférica do país consolídase un ano tras outro polo desleixo da Administración central á hora de pór en marcha uns planos de actuación que compensen os efectos dunha rede deficitaria e obsoleta en moitos treitos. O caso das autoestradas –as peaxes máis caras e as vías peor coidadas están aquí- só é comparábel ao que ocorre con sinalados tramos da rede ferroviaria interna, como Vigo-Ourense e, principalmente, A Coruña e Ferrol, dúas cidades que continúan, en pleno século XXI, a setenta e seis minutos de distancia. O desvertebramento no que se atopa o ferrocarril en Galiza experimentou avanzos -cativos, mais avanzos- nas últimas décadas; porén, a realidade decimonónica na que están ancorados os camiños de ferro entre as dúas urbes do arco ártabro mantívose ou mesmo agravouse neste tempo, froito dunha cativa política de investimentos e unha nula consciencia da importancia que debera ter para o país unha boa e áxil conexión interurbana interior e a aposta polo medio de transporte menos contaminante que existe. A realidade a día de hoxe pode ilustrarse cun exemplo: un pasaxeiro tarda pouco máis, apenas dez minutos, en chegar en tren de Madrid a Valencia –separadas por 350 quilómetros- que de Ferrol á cidade da Coruña –só 66 kms.-. Como pode explicarse este disparate? O ex deputado do BNG no Congreso Francisco Rodríguez ten claro que a política da Administración do Estado neste eido é inequívoca: “Todos os investimentos están destinados á conexión do Eixo Atlántico con Madrid, é dicir, o prioritario é relacionármonos con Madrid, non entre nós, entre as cidades galegas”. Unha ollada ás hemerotecas e aos Orzamentos Xerais do Estado dos últimos quince anos permite confirmar esta tese: a racanaría coa que se foi mellorando e modernizando a rede entre A Coruña e Vigo contrasta coas partidas por valor de máis de 7.000 millóns para conectalas coa capital do Estado para non superar as tres horas e media de viaxe. “É un modelo irracional que produciu investimentos de 1.000 millóns en implantar a alta velocidade entre Santiago e Ourense e, pola contra, rexeita a extensión de servizos de proximidade ou media distancia”, subliña o exdeputado. O importante, eis a mensaxe, é acadar un achegamento maior a Madrid, aínda que entre os grandes núcleos poboacionais do país persistan modelos obsoletos. “Non existe”, engade Rodríguez, “un concepto de conexión interurbana do transporte por ferrocarril e todos os investimentos que se teñen realizado e todas as melloras que se teñen acometido nestes últimos anos foi porque os gobernos se viron forzados dalgún xeito pola presión de organizacións como o BNG”. tres trens diarios A realidade actual é reveladora. Hoxe hai tres trens diarios que conectan Ferrol con Madrid directamente, dous Alvias e un tren-hotel noc- Galiza carece dun sistema de cercanías ferroviario. Un ferrocarril do século XIX para a Galiza do XXI A conexión entre A Coruña e Ferrol mantén uns tempos de viaxe inasumíbeis para as e os pasaxeiros. Un servizo rápido para reducir a viaxe a 50 minutos “Con vontade si se pode e debe mellorar”. Esta é a conclusión que extrae o enxeñeiro Xosé Carlos Fernández a respecto das posibilidades de facer do tren entre Ferrol e A Coruña un servizo moderno e atractivo para o viaxeiro, sempre que se adapte a uns horarios comerciais. O técnico descarta a implantación das cercanías neste trazado turno. Os primeiros poden utilizarse para ir á Coruña; o das 7.15 da mañá de xeito directo e o das 9.10 horas de maneira indirecta, isto é, con trasbordo en Betanzos Infesta. O que sae ás 14.10 cara á Coruña faino ademais a esta hora para os viaxeiros poderen facer trasbordo na cidade herculina e coller un Alvia a Madrid ás 15.35. O que vai ás 17.18 para A Coruña está pensado para que se poida facer trasbordo en Betanzos Infesta e colleren o Tren Hotel que sae da Coruña para Barcelona, e o tren das 19.10 para en Betanzos Infesta para recoller os viaxeiros que veñen de Madrid nun Alvia destino Ferrol para así poderen chegar á Coruña. Á vista desta planificación horaria, Francisco Rodríguez sostén que “nada está posto en función das comunicacións Ferrol-A Coruña, polos inconvintes que provocaría –moitas paradas, 14, e, polo tanto, excesivos tempos de viaxe- e aposta por uns servizos rápidos entre ambas as dúas cidades con paradas só en Betanzos e Pontedeume. “Iso, mesmo cos trens que ten agora Renfe, sen necesidade de facer investimentos novos, podería reducir a duración da viaxe até os 50 minutos, uns tempos que poden competir co autobús e mesmo cos coches particulares, tal e como están hoxe as peaxes e mais a gasolina”. Fernández, con todo, pensa que se Renfe non os ten posto até o de agora é porque a Xunta non os reclama e o operador “tampouco publicita os seus servizos rexionais”, se cadra, sinala o enxeñeiro, porque “lle dá vergoña o que oferece”. Tárdase pouco máis, apenas dez minutos, en chegar en tren de Madrid a Valencia que de Ferrol á cidade da Coruña e menos co resto de Galiza, senón co exterior. Renfe ten abandonado o tren de media distancia como concepto de servizo autónomo, agás no Eixo Atlántico A Coruña-Vigo”. A este déficit súmase o feito de que non existen tampouco as cercanías, un caso único entre os territorios periféricos do Estado. “O deseño é, xa que logo, centralizador, madrileñista e desvertebrador para Galiza”, sentencia o exdeputado. A chegada do PP ao poder mellorou, pois, a comunicación con Madrid, mais empeorouna coa Coruña, xa que os horarios son menos axeitados ás rutinas dos pasaxeiros, obrígase a facer trasbordos e abre a posibilidade de que, chegado o momento, os Alvias deixen de prestar os servizos de media distancia, co conseguinte encarecemento do billete. Ademais, os Alvias non paran nas estacións intermedias, agás Pontedeume e Betanzos, polo que o abandono do tren por moitos viaxeiros é forzado. galiza 9 Quinta feira, 2 de outubro. Nº 116 A fusión das caixas galegas, unha operación con pontos escuros. X.M.P Imaxe: Xunta A documentación anónima remitida á CIG e que desvelaba presuntas vendas irregulares de bens de Caixa Galicia á muller do daquela director xeral da entidade por baixo do seu valor de taxación volveu traer ao primeiro plano a xestión das desaparecidas entidades galegas. Unha Caixa Galicia que foi case como un 'cortijo' onde José Luis Méndez e os seus facían e desfacían ao seu antollo, como teñen denunciado diversos sindicatos. Méndez cobraba 2,5 millóns de euros anuais, intentou amarrar unha xubilación de 17 millóns e 'enchufou' fillos en postos de alta responsabilidade. Aliás, a muller adquiriu pisos, garaxes e locais da caixa un 30% máis baratos que o valor de taxación. "É un exemplo máis do saqueo das caixas galegas", en palabras do portavoz parlamentar do BNG Francisco Jorquera. " Méndez recibiu 16,5 millóns de euros en concepto de xubilación e ademais percibiu outros 11 millóns por deixar o cargo 5 anos antes do remate do seu mandato, aínda que o Banco de España só lle permitiu acceder finalmente a 2,5 millóns de euros". Tamén AGE se mostrara moi dura cos e coas xestoras da entidade: "Fixeron unha desfeita". audiencia nacional A propia Audiencia Nacional ten unha sentenza na que se dá conta dunha serie de irregularidades cometidas por Casixa Galicia na taxación de bens e propiedades. Fálase así de 'sobrevaloracións' de até o 40 por cento ou ben de como se taxaban como se fosen urbanizábeis terreos que non o eran. Unhas prácticas que axudan a comprender a existencia do gran O 'Clan Méndez': facer caixa na fusión das entidades galegas A documentación que desvela presuntas vendas irregulares de bens á muller de J.L. Méndez é máis un exemplo dun modelo de xestión que levou, en última instancia, á perda do sistema. Interrogantes sobre a procedencia dos cartos Rosa Pascual desembolsou 1,5 millóns de euros polos 15 inmobles de Caixa Galicia taxados en case dous millóns. Unha cifra considerábel. Neste tipo de operacións con tanto diñeiro, lembran diversas fontes, é mester achegar documentación que demostre e garanta a procedencia deses cartos. E hai quen aponta a que iso non se tería feito nestas operacións por parte da muller de José Luis Méndez. "Iso teno que saber o Consello de Administración que estaba daquela, que foi o que deu o visto bon a todas esas vendas", indican fontes sindicais. "Podería ser unha das cuestións a debullar na Comisión de Investigación das Caixas". A Audiencia Nacional confirmou a "falla de veracidade" en moitas taxacións de Caixa Galicia buraco en caixa que tiña a entidade e que obrigou a meter cartos públicos.. responsabilidades Mais os movementos do 'Clan Méndez' non remataron coa fusión e posterior desaparición de Caixa Galicia. José Luis Méndez asesora o grupo hoteleiro Inversora de Hoteles Vacacionales, o que financiou con 35 millóns de euros vía créditos e participacións acionariais en determinados proxectos durante a súa etapa á fronte da extinta caixa galega. E os seus fillos e unha das noras irromperon na banca de investimento, empregando dúas sociedades opacas para 'mover' o patrimonio familiar. uns papeis en mans da fiscalía A CIG fixo entrega á fiscalía da documentación na que se recollen presuntas irregularidades da familia Méndez. O secretario xeral da central nacionalista explicou que se “deu este paso "para que se abra o procedemento penal que esta estime e que non se deixe isto sen pasar polo xulgado”. Suso Seixo considera que é máis grave aínda que estas operacións coincidiran nun momento delicado para as caixas que levou á súa fusión e no que se estaba·enganando claramente as e os preferentistas. “Que neste contexto haxa unha apropiación por parte da familia Méndez de todo o que era patrimonio das caixas por debaixo do valor real é escandaloso e delitivo”. 10 tema dA SEMANA Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 O estado, incapaz de deter o desexo catalán Milleiros de persoas nas rúas, chamadas á desobediencia desde ERC e a CUP e Artur Mas negándose a parar o proceso simbolizan a contestación popular e institucional da Catalunya soberana após a prohibición por parte dos mecanismos do Estado español da convocatoria da autodeterminación do 9-N. Rodri Suárez Imaxes: SG Non por esperados resultaron menos poderosos os acontecementos que se levan vivindo desde o pasado 11 de setembro en Catalunya, cando a Diada reuniu a 1,8 millóns de persoas nas rúas de Barcelona a prol da independencia e dun proceso de autodeterminación que alcanzou o seu cumio nos últimos días, de xeito especial a partir de a Generalitat asinar o decreto que convocaba a consulta do 9 de novembro, contestada polos poderes españois cunha urxente prohibición que non fixo máis que teimar no conflito, dándolle aínda máis forza á maioría que en Catalunya defende a soberanía propia diante dun Estado supostamente democrático pero disposto a todo con tal de evitar un chamado ás urnas, ademais moi semellante ao que apenas dúas semanas antes se celebrou sen ningún tipo de problema en Escocia. O antagonismo que se está a dar en Catalunya amósase como o confronto entre un desexo común e unha imposición; entre un afondamento democrático e o inmobilismo dun modelo como o español de 1978, con claros vencellos coa anterior ditadura mediante os discutidos consensos da chamada Transición, que talvez nunca se atoparon cun desafío cidadá e político tan fondo como o que agora sae das rúas catalás. E que ninguén cun mínimo de visión analítica do proceso pode acreditar en que se poida deter cunha simple decisión censora das elites españolas ante a enorme mobilización do pobo en Catalunya, que se traslada a outros territorios e que, dun xeito ou outro, parece evidente que acabará provocando importantes cambios; ben lexislativos, ben directamente sociais, xa que a posibilidade dunha declaración unilateral de independencia é xa un escenario completamente posíbel, namentres que desde o banco unionista ameázase coa suspensión da autonomía, que de seguro só provocaría maior intensidade na reivindicación soberanista. A segunda feira 27 asinou Artur Mas -co apoio presencial da ampla maioría do Parlament- o decreto que, baseado na Lei de Consultas, convocaba o referendo do 9-N, decisión que Multitudinarias mobilizacións en defensa do dereito a votar o 9N. foi celebrada nas prazas pero que decontado atopou resposta en negativo por parte do Goberno español, que acelerou reunións do máis alto nivel para frear o anuncio dun chamado ás urnas que (como xa ocorrera cando a reforma do Estatut que, segundo moitas versións, activou a xa latente arela independentista ao negar o carácter nacional de Catalunya ou impedir determinado tipo de avances en cuestións sociais ou lingüísticas) por medio do Tribunal Constitucional (TC). Acudiu Rajoy ao primo de Zumosol que as propias maiorías políticas -bipartidistas se a referencia é o xa caduco reparto de escanos no Congreso de Madrid- designan e que, como era de agardar, rapidamente suspenderon o referendo e tamén a Lei emanada do Parlament, coas habituais acusacións de “inconstitucionalidade”, referencia que agocha a determinación cadrada do que xa se define en cada vez máis amplas capas de poboación como “réxime do 78”, alérxico e mesmo histérico ante calquera paso que dirixa a mirada á soberanía das nacións que fan parte do Estado español, queiran pertencer a el ou non. En principio, o Goberno de Mas -co sector de Convergència sen fisuras, algo máis visíbeis pero menores en Unió- reaxiu á prohibición teimando na unidade das forzas favorábeis á consulta -que suman o 80 por cento da Cámara, ou unha porcentaxe semellante ou maior dos concellos do país, ben como a diversas organizacións sociais- e tamén con prudencia, retirando xa os anuncios televisivos que pedían participación no referendo e lanzando directrices para preservar o funcionariado, posto que desde Madrid se insiste na posibilidade de que sexa encausado todo aquel que desoia o máis mínimo a medida do TC, o que abrangue tamén a rexedores ou calquera que decida sacar as urnas ou manter o mandato social do 9-N. Fálase desde o unionismo de supostos delitos como “sedición” ou “prevaricación”, cos que tamén pretenden asustar a un Artur Mas (que manexou ao seu favor os tempos da convocatoria para limitar o efecto do escandaloso -e interesado en determinadas esferas- Caso Pujol) que mantén que Catalunya decidirá por sufraxio o seu futuro, dun xeito ou outro. Algúns indicios apuntan a unhas eleccións autonómicas plebiscitarias. Primeiro, seica é posíbel que esgote a vía legal que ofrece a posibilidade de recurso ante o Constitucional. Porén, a palabra que máis soa é outra: desobediencia. multitudes nas rúas ERC e, sobre todo, a CUP consideran que a lexitimidade do desexo popular é inmensamente maior que o dunhas leis que cualifican de “antidemocráticas” e que pretenden combater a todos os niveis, mesmo aceptando un enfrontamento radical -pero pacífico- co Estado. E tamén nese caso semellan estar acompañados pola cidadanía. No mesmo momento no que se coñeceu a decisión do TC, a CUP convocou varias concentracións, nalgún caso reprimida por forzas de seguridade tanto estatais como autonómicas. Despois, foron de novo multitudes as que se concentraron antes os concellos de toda Catalunya para protestar contra a negación do seu dereito a decidir, mobilización que tivo réplicas solidarias noutros puntos do Estado, tamén nas cidades galegas. “Xa lles gustaría, pero a partida non rematou”, afirman desde o Govern. O movemento pola soberanía non para de medrar. Certa España amosa, pola contra, a súa identidade máis pechada, tanto por parte do PP como do PSOE de Pedro Sánchez, defensor da prohibición da consulta que logo decora con chamadas á reforma constitucional, fórmula que xa nin atopa credibilidade en amplas faccións do PSC. O reto parece claro: ou a fórmula do Madrid unionista ou a do soberanismo catalá -que tamén é o doutras nacións-; ou a prohibición ou a democracia. Ou a imposición ou as urnas. Aí decídese o futuro. E, malia ter menos poder gobernamental, por agora o combate está claramente do lado do pobo que pide autodeterminación. tema dA SEMANA 11 Quinta feira, 2 de outubro. Nº 116 Oriol Junqueras (ERC) Artur Mas (CiU) referendo como o convocado para o 9 de novembro, en vez de atentar contra os dereito do resto dos cidadáns. Paréceme moi triste que haxa deputados que sosteñan o contrario. A cuestión non é votar ou non votar senón o respecto pola lei que deben ter todos os gobernantes, posto que sen lei non hai democracia”. asier Harraiz (Bildu) “O Estado xoga suxo, mais Catalunya non se volverá render ante o TC como pasou coa sentenza do Estatut, xerme da situación actual. Se boa parte do proceso que estamos vivindo comezou cunha decisión dese órgano xudicial en contra da vontade da cidadanía desta nación, alguén cre que este proceso ten que rematar con outra sentenza na nosa contra? E para nós supón unha mágoa que a dirección do PSC non acompañe a súa xente nos concellos que si está a apoiar a consulta”. “Non rectificarei. No que dependa de min, o proceso continuará e acabaremos votando, e votando a pregunta acordada, algo que o PP non poderá impedir. Defendemos unha resposta conxunta de todas as formacións e movementos que están a prol da consulta porque se trabucan aqueles que pensan que o encargado de facer política é un Tribunal e non os Parlamentos. Eu actúo en función do que pensa a maioría social de Catalunya”. Pedro Sánchez (PSOE) Dolors Camats (ICV) OITO VERSIÓNS “Condenamos a quebra da legalidade perpetrada polo presidente da Generalitat coa convocatoria do referendo e garantimos o apoio socialista a todos os recursos que se poñan en marcha para detelo, posto que a conduta de Mas dana fondamente a democracia española, se ben Rajoy debería aceptar que a mellor defensa da Constitución é renovala e facer política con ela, na vez de petrificala”. David Fernández (CUP) “O Non a Catalunya significa tamén un Non a Euskal Herria, polo que tamén artellaremos unha rolda de contactos desde aquí para esa negación que estamos a sufrir. Os axentes políticos vascos non poden deixar soas as institucións catalás neste camiño que están facendo xunto á súa cidadanía para converter os cataláns nos únicos donos do seu futuro político, algo que tamén desexamos para o noso pobo”. Xavier Vence (BNG) Mariano Rajoy (PP) “É vergoñenta a monitorización do Tribunal Constitucional que exerce o PP, polo que apelamos á mobilización popular e á desobediencia civil para facer fronte á suspensión do 9-N. A nosa preocupación é atopar unha saída á peor crise social e política que se vive en Catalunya, nós estamos ao carón do 80% da sociedade deste país, onde un sector moi relevante está constantemente mobilizado, o que exerce un efecto democratizador”. “Usaremos todos os mecanismos políticos e xurídicos para garantir que se celebre o chamado ás urnas do 9 de novembro, cuxa convocatoria por parte do Goberno catalán valoramos positivamente porque supón cumprir co mandato parlamentar e social que reclama votar, que é a única solución posíbel, ao contrario do que está a facer Mariano Rajoy e o PP ao levar esta decisión democrática ao Tribunal Constitucional”. “A obriga da Generalitat de Catalunya é a de cumprir coa lei, que impide la celebración dun “Desde o BNG demandamos mesura, diálogo e respecto ás institucións, ao pobo catalán e a todos os demócratas que non lle temos nunca medo as urnas, sexa cal sexa o resultado. O pobo de Catalunya ten dereito a expresarse a través dunha consulta convocada pola maioría do Parlament, en función das competencias que teñen recoñecidas no seu Estatuto. É unha consulta plenamente democrática e legal”. 12 galiza economía Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 Quinta feira, x de xxxxxx de 2014. Número xx Obras do AVE ao seu paso por Ourense. O.R. Imaxe: Treneando O Ministerio de Economía e Facenda presentou o 30 de setembro o anteproxecto de lei de Orzamentos para 2015. Na proposta deseñada polo goberno español, Galiza sitúase como o territorio onde menos se incrementarán os investimentos o vindeiro ano --só o 2,16% a respeito do período anterior e até 6 puntos menos en relación coa suba media no conxunto do Estado. Porén, as partidas orzamentarias procedentes do Ministerio de Fomento -e, nomeadamente, o desembolso económico destinado ao financiamento das liñas de Alta Velocidade- sitúan o país entre as comunidades con maior investimento estatal. Neste senso, dos 1.385 millóns de euros que o executivo español transferirá a Galiza, 578 millóns irán parar a Adif como investimento no Tren de Alta Velocidade (TAV). Nomeadamente, para sufragar os costes da liña que conecta Galiza coa Meseta e, en último termo, con Madrid. As partidas de Fomento sitúan o país como o terceiro territorio con maior investimento –o 12,3% dos orzamentos de Estado-após Andalucía e Castela e León. Un feito que apurou as gabanzas do Partido Popular galego á proposta lexislativa deseñada desde Madrid. Segundo @s populares, “Galiza recebe o duplo dos cartos que por poboación lle corresponden” nunha contas que definen como o “traslado” da “recuperación económica” á “economía doméstina”, sinalou en com- O AVE suga o investimento estatal en Galiza As infraestruturas levan a parte do león do gasto estatal, que se sitúa como o territorio onde menos se incrementan as partidas orzamentarias. parecencia de imprensa o recén nomeado voceiro do PP, Miguel Tellado. orzamentos “propagandísticos” No entanto, desde os grupos da oposición parlamentar criticaron o proxecto de lei de orzamentos para 2015 polos consideraren “propagandísticos” e mesmo lembraron que “segundo a previsión de investimento para 2014 do sector público empresarial en Galiza, inicialmente de 1.127 millóns de euros, só está previsto investir o 74%” (834 millóns de euros), salientou a voceira do BNG no Congreso español, Olaia Fernández Davila. Trátase, denunciou, “duns orzamentos ficticios” e “de eslogan publicitario”, acrecentou, nun exercicio marcado polas eleccións municipais de 2015 e autonómicas (agás en Galiza, Euskadi, Catalunya e Andalucía), en maio do vindeiro ano. Desde a organización frontista lembran que o investimento finalmente executado “é menos do previsto” no proxecto lexislativo como reflicte a autovía que unirá Lugo e A oposición advirte de que os orzamentos deseñados en Madrid non se executarán na súa totalidade como aconteceu en 2014 Compostela, proxectada desde os anos '90 e aínda pendente de executar. Desde Alternativa Galega de Esquerda (AGE) a vice-voceira do grupo parlamentar, Yolanda Díaz, criticou que sexa o “tren de alta velocidade” o que “coma” os investimentos estatais en Galiza. "Un proxecto faraónico, que non contribúe a vertebrar o país nin a cohesionar a sociedade”, enfatizou Díaz, no que coidan supón o herdo por parte de Feijóo e Ana Pastor das “liñas políticas de Zapatero”. Ora ben, desde o PsdeG, o seu líder, Xosé Ramón Gómez Besteiro criticou que Galiza “perda peso” no conxunto do Estado español en relación coas contas públicas aprobadas polos anteriores gobernos de Rodríguez Zapatero. "Todos lembramos como Feijóo criticaba, no ano 2010 e xa en plena crise, os máis de 2.000 millóns que o goberno de Zapatero destinaba a Galiza”, asegurou, ao tempo que advertiu de que a respeito do “nivel de execución previsto, non se investirá nin o 70%". comarcas 13 Quinta feira, 2 outubro.de Nº2014. 116 Número xx x de xxxxxxx O Pazo de Tovar podería agochar irregularidades na xestión municipal de Lourenzá Incumprimentos municipais nas obras desenvolvidas no Pazo destapan un posíbel caso de nepotismo. D.A. Imaxe: SG Segundo denunciou o grupo municipal do BNG, após comunicárselles a retirada da subvención concedida pola Xunta de Galiza através do AGADER para o desenvolvemento do proxecto Museo e Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos, a xestión municipal desenvolvida pola equipa de goberno evidencia irregularidades. Neste senso, @s nacionalistas denuncian que a “falta de control” e a “deficiente ou nula xestión” no “seguimento e evolución do proxecto” pon de manifesto que existiu unha “deixadez de funcións” por parte da alcaldesa, Emma Álvarez Chao (PP) en calidade de interlocutora única para a xestión dos trámites e sinaturas dos contratos. E é que o prego de condicións polo que se rexe a concesión da axuda pública –que supón o 66% do custe das obras a desenvol- O Pazo de Tovar. ver no Pazo-- non foi cumprido, o que impide a abertura do Centro de Interpretación e o cumprimento dos obxectivos fixados. A Xunta reclama agora ao Concello de Lourenzá a devolución de 98.000 euros, con cargo aos orzamentos. obras contratadas a un familiar Para alén dos prexuízos que este feito poida causar para a veciñanza laurentina, desde o grupo municipal do Bloque aseguran que tales incumprimentos exixen a depuración de responsabilidades políticas pois, alertan, os labores de proxección e dirección das obras non foron concedidas através dun concurso de adxudicación pública, malia ser un BIC –como chegou a confirmar en resposta escrita a propia alcaldesa-- senón que foron contratadas a “un familiar do concelleiro de Obras e Persoal”, denuncian. No concreto, a filla do devandito edil. Embora ter presentado un recurso xudicial desde o goberno local de Lourenzá perante a retirada da axuda de AGADER –e cuxos custes deberán ser sufragados polo erario público-- para @s nacionalistas “existen responsabilidades que deben aclararse de inmediato, á vez que apuntan que o concello non pode ser unha ferramenta ao servizo do partido Popular para colocar a familia e tapar con fondos públicos os erros técnicos e administrativos do goberno local”. 14 comarcas economía Cristian López Imaxe: C.L. Unión fronte á emerxencia social. Até 15 colectivos sociais, plataformas, sindicatos e formacións políticas de Vigo decidiron sumar forzas nos últimos meses para crear a Asamblea de Movementos Sociais. Os recortes, as continuas demoras e os obstáculos administrativos e legais deixaron desprotexidas a centos de persoas e familias empobrecidas no que vai de ano. O propio Concello de Vigo recoñeceu recentemente que 700 familias encóntranse en situación de extrema necesidade, mentres máis de 3.000 agardan por unha axuda municipal que lle permita pagar a vivenda, as facturas ou os alimentos. Cifras que non reflicten a profundidade do problema. As organizacións sociais calculan que son máis de 50.000 as persoas que malviven baixo o limiar da pobreza na comarca viguesa. Un caldo de cultivo que empurrou os axentes sociais de Vigo a un achegamento, que deu como resultado a Asamblea de Movementos Sociais. A Federación Veciñal Eduardo Chao foi a anfitrioa das primeiras reunións as que se foron sumando integrantes, como o colectivo Imán, a Rede de Solidariedade Popular, a plataforma Xuntos ou a Plataforma contra as Claúsulas Solo. A Asamblea ten o apoio ademais de forzas sindicais (CIG, CUT, CGT e Sindicato Ferroviario) e políticas (BNG, Equo, Podemos, Alternativa Social, Anova e Esquerda Unida). servizos sociais baixo mínimos á beira do colapso Unha situación que se agrava semana tras semana polo enorme colapso dos servizos sociais de Vigo, que provoca retrasos de meses na tramitación das axudas. Cada traballador e traballadora social acumula unha media de entre 150 e 300 solicitudes sen resolver, situación que o mesmo persoal denunciou, pois atenden ao duplo de persoas das que deberían segundo fixan os ratios. Esa é unha das principais denuncias da Asamblea. Consideran que para o volume de persoas peticionarias serían necesarias 40 persoas no departamento de Benestar Social, que conta hoxe con 17. A acumulación de traballo provocou varias baixas por depresión e ansiedade entre o cadro de persoal. Cada baixa merma máis o funcionamento dun servizo xa saturado. Mentres, o goberno municipal garda silencio, pese a incumprir todos os prazos fixados para a concesión das axudas por falta de persoal. Dende a CIG apuntan que inda ten pendente convocar unha Oferta Pública de Emprego do período 2010-2011, que se nega a facer. En setembro xuntáronse ademais o pago das axudas de comedor e de libros, con centos de peticións sen resolver e co curso comezado por falta de presuposto. Igual que as axudas de emerxencia, uns 200 euros de media, cuxo orzamento se liquidou en apenas seis meses. No caso da principal prestación municipal para necesidades básicas, o coñecido como ‘cheque social’, o retraso podería chegar a decembro, igual que o pasado cur- Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 Unidade social en Vigo contra Xunta e concello A Asamblea de Movementos Sociais de Vigo presiona as institucións, ante a falta de respostas para as familias e persoas empobrecidas. Protesta da Asamblea que coincidiu coa chegada de dous megacruceiros a Vigo. A pobreza fronte ao “glamour internacional” A pasada fin de semana, mentres Vigo ollaba expectante para os dous megacruceiros que chegaban á cidade, a Asamblea de Movementos Sociais remataba a súa última manifestación fronte á Delegación da Xunta, a escasos metros dos barcos de luxo. Os turistas, uns 10.000, observaban con interese e fotografaban o centenar de manifestantes que foron rodeados por un forte dispositivo policial. A imaxe social do ano foi unha casualidade, recoñecen so, segundo fontes dos servizos. Todo pese a que na convocatoria fixaban unha data, xa incumprida. O Concello recortou por riba os fondos para o ‘cheque social’ un 40% ao tempo que endureceu as bases para reducir o número de solicitantes, mil menos que en 2013. xunta: axudas de 400 euros con 11 meses de retraso Axudas municipais que son incompatíbeis coa alternativa autonómica, a Renta de Integración Social de Galicia (Risga), que presenta os mesmos problemas. A prestación rolda de media os 400 euros, con atrasos de até 11 meses e claramente insuficiente para vivir, segundo denuncian ducias de solici- os organizadores, pero unha casualidade benvida. O contraste entre a pobreza local e o “glamour internacional”, recibido polos gobernos municipal e autonómico con gran despregamento, foi o escenario perfecto para cambiar a foto agardada polos responsábeis políticos. “Abel Caballero protexe os pasaxeiros millonarios destes cruceiros, pero non aos pobres da súa cidade. Di que a cidade é fermosa pero será para a clase alta, non para os excluídos sociais”, asegurou ao remate Antón Bouzas, voceiro do colectivo Imán, integrada na Asamblea. Bouzas criticou políticas como reformar o estadio de Balaídos, “porque dá votos”, cando recorta en programas sociais como Sereos, que axuda a persoas sen recursos e sen teito. “Poñen gaiteiros para que as multitudes se divirtan mentre expulsa os usuarios e usuarias de Sereos do centro da cidade e os manda a unha zona industrial. Para que os turistas non vexan a pobreza”. Son máis de 50.000 as persoas que malviven baixo o limiar da pobreza na comarca viguesa la tamén os continuos recortes en materia social do goberno de Núñez Feijoo, un 10% menos de investimento dende 2012, segundo datos do Colexio Oficial de Traballo Social de Galiza. Por esta razón, as familias e persoas empobrecidas vense na obriga de depender, en grande medida, de organizacións asistenciais onde as propias institucións os derivan. A intensidade das protestas da Asamblea vai en aumento ante a xordeira institucional. Na última xuntanza, esta mesma semana, acordaron iniciar unha recollida de sinaturas e consideraron saír de novo a rúa, logo de varias concentracións e unha manifestación, que deixou a imaxe social do ano. tantes. A reforma da Lei de Risga, en vigor este ano, aínda non ten aprobado o decreto que a desenvolva, pese a que se venceron os seis meses que marca a norma. A Asamblea de Movementos Sociais sina- traballo opinión 15 Quinta feira, 2 outubro.de Nº2014. 116 Número xx x de xxxxxxx apuntamentos de clase Combatermos todos os tratados O UE e EUA negocian ás costas das populacións europeas un acordo de libre comercio. CIG adhire a un manifesto contra os tratados trasatlánticos de libre comercio sen respecto ás condicións laborais <<Cómpre xa que logo evitarmos caer na trampa de combater só as últimas medidas>> Para alén do máis, o AECG non incorporará mecanismos efectivos e vinculantes para garantir o respecto das condicións laborais e salariais, logo de que a UE rexeitase a súa inclusión. Impedirá tamén que se favorezan produtos ou servizos locais nos contratos públicos e fará imposíbel “volver a nacionalizar servizos privatizados, ou desenvolver novos servizos públicos”. É por iso que as organizacións asinantes sintetizan o seu rexeitamento contra os acordos trasatlánticos de libre comercio, asegurando que estes provocarán “un aumento das desigualdades, o retroceso considerábel das nosas proteccións sociais e ambientais, e permitirá o control das empresas transnacionais sobre os nosos dereitos económicos, sociais e ambientais máis elementais”. Amais do manifesto promoveranse acción internacionais. O vindeiro 11 de outubro celebrarase o Día Europeo de Acción contra o TTPI, o AECG e o Acordo de Comercio sobre Servizos (ACS). A Directiva de servizos, antes coñecida como Bolkestein, a forzosa transposición normativa, ou as imposicións da Troika, son exemplos recentes que nos deben axudar a comprender que a dimensión do problema que enfrontamos é moito máis profunda, e a súa raiceira claramente sistémica, afecta o cerne do modelo de organización económico e social dominante no polo Atlántico do planeta. Cómpre, xa que logo, evitarmos caer na trampa de combater só as últimas medidas, en troca de dar a batalla contra o deseño político e económico do que agroman. Non abonda con confrontar os síntomas máis recentes, pois a doenza que enfrontamos ten unha dimensión canceríxena, se se permite o símil, o que nos obriga a incidir na metástase e nas súas áreas de orixe. Porque o TTPI e o AECG son, ao cabo, consecuencia e alargamento doutros tratados: desde o de Roma, pasando pola Acta Única Europea e Maastritcht até o de Lisboa. Hai que os combater todos, ou seguiremos perdendo sempre. 130 organizacións internacionais opóñense ao AECG (UE-Canadá) e o TTPI (UE - EUA), denunciando que suporán unha maior desregulación social, laboral e ambiental impondo un severo retroceso en dereitos para beneficiar as grandes corporacións. Davide Terán Imaxe: SG A Confederación Intersindical Galega é unha das 130 organizacións que subscreben unha declaración conxunta contra o Acordo Económico e Comercial Global (AECG), que o Goberno de Canadá e a Comisión Europea levan moitos meses a negociar de maneira secreta. Canda o AECG a Unión Europea está tamén a traballar nun tratado comercial cos EUA, o Parternariado Trasatlántico para o Comercio e os Investimentos (TTPI). A aprobación de ambos os dous pactos minguará a soberanía dos Estados, limitando a capacidade de decisión dos Gobernos e administración públicas como medio para garantir os máximos lucros da grandes corporacións transnacionais. A declaración subscrita pola CIG xunto a máis dun centenar de organización sindicais, labregas, de mulleres, grupos das primeiras nacións, ONGs, asociacións de consumidores, grupos ambientais, redes de investigación e outras organizacións sociais, denuncia que o AECG non só regulará o intercambio de mercadorías, senón que, aseguran, “afectará tamén á comercialización de numerosos servizos, incluídos os financeiros e os servizos públicos, á cooperación regulamentada, aos contratos nos sectores públicos, á agricultura, á protección dos investidores e a mobilidade da man de obra”. No manifesto cualifican ao AECG como antidemocrático, non só por se estar a negociar sen transparencia, senón polo feito de que os pactos que inclúe ultrapasan os acordos adoptados dentro da OMC e da maioría dos acordos comerciais vixentes, “sen que os Parlamentos teñan coñecemento”. Aliás, alertan de que a súa posta en marcha limitará a capacidade dos Estados para lexislar. No cerne desta limitación estaría o mecanismo de resolución de litixios que se fixe no acordo. Segundo apuntan as filtracións dos últimos rascuños, a mesma permitirá aos investidores privados estranxeiros denunciar os gobernos dos Estados que estabelezan medidas de regulación que “poidan afectar o valor económico dos seus investimentos ou os beneficios esperados”. Situación que xa ten antecedentes noutros acordos, como as reclamacións millonarias de grandes transnacionais contra os gobernos de Exipto, Canadá, Alemaña, Uruguai ou Australia, por teren aprobado medidas que prexudicaban ou limitaban o lucro privado do capital monopolista. “Este mecanismo limita globalmente o dereito dos s novos tratados de libre comercio que se están a negociar --de costas ao povo-- entre a Unión Europea e Canadá e Xabier P. Igrexas máis os Estados Unidos @contradiscurso agudizarán o crecente Activista proceso de deresgulación e precarización social e laboral. Porén, o TTPI e o AECG, non son en si propios o problema, senón apenas un novo e agravado síntoma da doenza de fondo. De feito, ambos os dous acordos son os desenvolvementos dos parámetros sob os que se cimentou o chamado proceso de construción europea, do que nacerían a actual UE e o euro. A prelación antidemocrática do mercado sobre as persoas e os povos ou a superposición do poder económico-empresarial do capital monopolista sobre a (presunta) soberanía dos Estados, son realidades que anteceden aos novos tratados. Forman parte da xenética neoliberal da que xurdiu a Unión Europea. Estados a regular e gobernar no interese público”, enfatizan. 16 traballo Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 Primeira semana de folga en Treves X.P.I. Imaxe: CIG A folga na auxiliar da automoción Treves xa superou a primeira semana de duración ante a falla de acordo entre as partes. O paro indefinido pretende forzar á dirección da factoría de Campolongo (Pontevedra) á negociación de melloras salariais e de condicións de traballo no próximo convenio colectivo. Malia se produciren xa varias reunións entre a representación sindical e a empresa, coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, o acordo antóllase aínda difícil. “Houbo achegamentos, pero inda estamos moi lonxe de chegar a un acordo”, advertía David Couñago, presidente do Comité de Empresa. O sindicalista da CIG explicou que a demanda de máis días de libranza é o único dos ámbitos nos que se produciu algunha aproximación entre posturas. As diverxencias mantéñense practicamente inalteradas no referido á redución da xornada laboral –dado que a empresa insiste en manter unha xornada de segunda feira a domingo— e tamén aos aumentos salariais demandados para comezar a equiparar as retribucións co resto de empresas do sector. O plantel demandou tamén a implicación da Xunta de Galiza. O pasado día 30 concentráronse diante da delegación do Goberno galego en Pontevedra, para solicitar seren recebidos polo delegado provincial, a quen lle trasladarán o seu reclamo de X.P.I. Imaxe: CIG A folga indefinida convocada en FaureciaAsientos (Vigo) para este dous de outubro non terá lugar. O Comité de Empresa, presidido pola CIG, asinaba o pasado día 29 un preacordo que foi ratificado pola asemblea de traballadores e traballadoras, no que lograban que a dirección se comprométese a aumentar o número de operarios nas liñas 1 e 2 de produción e en loxísitca. Desta maneira reduciranse os elevados ritmos de traballo que estaban a producir un problema de saúde laboral. O acordo suporá a incorporación de dúas persoas por cada quenda nas liñas de produción e outras tres persoas no departamento de loxística. Neste último era onde se rexistraba un agravamento da situación após o verán coa implantanción dun novo sistema de traballo. “O labor que antes se facía utilizando maquinaria, vano facer agora traballadores e traballadores arrastrando uns carros”. A esta circunstancia engádense tamén as novas exixencias formuladas polo grupo PSA-Peugeot Citroën, quen demanda da factoría que fabrique “asentos máis completos”. A falla de avances na negociación apunta a que o conflito se vai prolongar. Citroën decide adiantar a súa parada de produción en favor da empresa auxiliar. Aspecto dunha mobilización dos operarios de Treves. que “exixan que as pezas que se fabrican en Portugal, Girona ou Valladolid as fagan aquí”. Tanto Treves como o grupo PSA-Peugeot Citroën receberon importantes subvencións públicas por parte da administración autonómica. citroën para antes Treves fornece á factoría viguesa de Citroën de fundas de asento, cabezais e apoia có- Treves e o grupo PSA-Peugeot Citroën receberon subvencións públicas bados do seu modelo C4 Picasso. A multinacional francesa decidiu adiantar a súa parada de produción –que afecta as dúas quendas-- prevista para os días 9 e 10 de outubro aos días 1 e 2. Unha decisión coa que, en opinión da CIG, Citroën pretende “botarlle unha man a Treves” no conflito, xa que desta maneira “poderá contar con stock un par de días máis, o que nos obrigará a manter a folga máis tempo”. Suceso sindical en Faurecia-Asientos Os elevado ritmo de produción estaba a provocar un problema de saúde laboral Saúde laboral Un operario de Faurecia-Asientos. “De xaneiro a agosto deste ano as baixas médicas por causas derivadas de lesións muscoesqueléticas situáronse no 70,37%”, explican desde o Comité de Empresa para ilustrar a problemática que enfrontaban na empresa e que os levou a promover a convocatoria dun paro indefinido na factoría que provee a PSACitroën, que finalmente non se producirá. Desde a representación sindical denuncian, ademais, que, por mor da nova Lei de mutuas, as persoas afectadas por estas doenzas “van ser derivadas á Seguranza Social por enfermidade comúns”. a fond Caderno de análise. Quinta-feira, 2 de outubro de 2014 • Número 81 "Ramón Suárez Picallo, 50 anos canda nós" O descoñecemento é sempre camiño aberto para o desprezo. Ramón Suárez Picallo, o mariñeiro emigrante, dirixente obreiro e militante comunista na Arxentina dos anos vinte, xornalista impenitente na terra e nas Américas, nacionalista, era ben consciente disto. A súa obra só nunha pequena parte é coñecida. No cincuentenario do seu cabodano, achegamos esta pescuda coordenada por Cilia Torna sobre a súa vida e o seu pensamento, acompañada de textos esquecidos que nos descobren ese outro grande Ramón, o don Ramón de Sada. Imaxe: retrato de Ramón Suárez Picallo. Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 81 2 en profundidade Ramón Suárez Picallo. De Veloi ao C A FONDO <<O seu labor parlamentario é o máis prolífico da bancada nacionalista, coa defensa dun pensamento nacionalista e marxista>> ando Ramón Suárez Picallo arribou no porto de Bos Aires aínda pelexaba cos dezasete anos. Quedaba atrás un pai, Eduardo Suárez Fernández, e unha nai, Teresa Picallo Martínez, que pariría en vinte e tres anos once fillos e fillas. Deixaba no seu Veloi natal, alí fronte á Ría de Sada no corazón das Mariñas coruñesas, unha vida de traballo e privacións que comezara naquel 4 de novembro de 1894. A súa mochila cheiraba a salsa, tiña marcados na man os callos e tatuadas na cabeza aquelas escasas xornadas escolares canda o seu mestre Xosé Somoza Eirís. Antes de chegar á capital arxentina iniciárase como labrego aos sete anos traballando nos leiros familiares, ao pouco embarcouse de “cho” canda seu pai mariñeiro, loitando co remo coa axuda do “tolete”, e polo medio foi peixeiro, tendo entre a clientela a mesmísima Emilia Pardo Bazán. A súa foi unha xinea de rebeldes, uns emigrantes que poboaron América de Norte ao Sur, outros revolucionarios, iso si el protestou dos dous xeitos. Non tardou en tomar partido. Á altura de 1915 xa militaba nas Xuventudes Socialistas Arxentinas e fai parte do colectivo que edita o seu boletín, Adelante, que defende as posicións do grupo de Zimmerwald, orientado por Lenin, onde publica o seu primeiro artigo en 1916. Por conseguinte, mantén unha visión critica coa posición da II Internacional e da maioría dos Partidos Socialistas por non identificar a “Grande Guerra” como unha guerra imperialista. Participa como convidado no III Congreso do Partido Socialista Arxentino en abril de 1917, onde sae triunfante esta posición, se ben a dirección oponse a executar os acordos. Así as cousas, o 5 e o 6 de xaneiro de 1918 participa na fundación do Partido Socialista Internacional, canda a recoñecidos dirixentes revolucionarios como Victorio Codovila, eterno secretario xeral do PC Arxentino e delegado do Kominter para América do Sur, ou Luís Emilio Recabarren, o dirixente histórico do proletariado chileno. O nacer político na Arxentina Nesta formación política que rematará por converterse en 1920 no Partido Comunista Arxentino, presentarase a concelleiro e senador en diferentes procesos electorais con resultados pouco satisfactorios. O proceso de división do PCA acelera o abandono deste partido. Volve ás filas do socialismo pero cunha posición ideolóxica que bebía da experiencia soviética e do tronco doutrinal leninista. O mesmo Picallo explicará este proceso: “Inicieime politicamente nas filas socialistas e nos sindicatos de oficios, dividido aquel movemento ante os problemas da posguerra, especialmente a Revolución Rusa e o rexurdimento das pequenas nacionalidades oprimidas ou aletargadas, formei parte das filas comunistas, convencido de que remataba o ciclo histórico do capitalismo e da súa representación política, o estado imperialista. A revolución rusa facendo primeiro unha Federación de Repúblicas e despois unha unión de repúblicas reivindicaba aos vellos povos rusos afogados polo zarismo”. A reflexión do de Veloi, achegada nunha carta a Casares Quiroga en 1933, dá para pensar que naquela altura o feito nacional xa facía parte da súa axenda ideolóxica. A significación política que Suárez Picallo acadara no mundo da esquerda Arxentina explica o feito de ser un dos oradores que participan no enterro civil que se lle organiza a Lenin en Bos Aires en 1924. Só levaba tres anos en Arxentina cando é despedido do seu traballo por acudir á manifestación do 1 de Maio. Xa daquela Suárez Picallo era un destacado dirixente sindical que viña de fundar con Victorio Codovila o Comité de Propaganda Gremial que funcionou entre 1915 e 1917, ano da súa incorporación a FORA, e que aglutinaba na altura cincuenta organizacións de oficios. Suárez Picallo, que xa fundara o Sindicato do Comercio, participa tamén na fundación do Sindicato de Viaxantes, no que son elixidos para a directiva dous nacionalistas como Eliseo Pulpeiro e Ramiro Illa Couto. Á altura de 1916 embárcase como camareiro e pinche de cociña nos barcos de pasaxe que comunicaban por río e mar as localidades arxentinas, actividade que lle permite a organización dos traballadores do mar na Unión Sindical Nadela - Lugo,19 de Xuño de 1932. Arxentina, de cuxo Comité Central faría parte. No 1918 era o secretario da Unión de Traballadores do porto de Bos Aires e comeza a publicar o boletín Libertad, todo un manual do que debe ser acción sindical: “los sindicatos no estamos para conducir a los trabajadores a la lucha por el socialismo pero tampoco nos podemos quedar en la defensa de los intereses concretos de los mismos”. Nesas mesmas datas publica xa en galego un opúsculo titulado “Cartas a un Obreiro” e continúa o seu traballo como figura máis emblemática da Federación Obrera Marítima. A reacción situouse á ofensiva a finais do primeiro quinquenio da década dos vinte e o movemento obreiro comezou a concatenar derrotas até o punto de que a finais de 1927 a Federación Obrera Marítima estaba derrotada e o conxunto do movemento ficaba moi debilitado. Homenaxe a Castelao. No centro Daniel Castelao, a súa esquerda Lugris Freire e a súa dereita Suárez Picallo. Entre os presentes atópanse Maside, Alexandre Bóveda, Otero Pedraio, os irmáns Vilar Ponte, Paco del Riego, López Durá, Manuel Beiras, Rodríguez Somoza, Plácido Castro, Anxel Casal ou María Miramontes. A volta a Galiza Após catorce anos fóra da terra, Suárez Picallo, que viña de participar canda Alfredo Viola na VIII e IX Conferencia Internacional da OIT, é recibido en Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 81 en profundidade Congreso, mar por medio A Coruña, 5 de Xuño de 1931. Representantes nacionalistas na asemblea republicana d´A Coruña. De esquerda á dereita na primeira fila: Antón Vilar Ponte, Ramón Otero Pedraio, Suárez Picallo, Rodríguez Sómoza, Banet Fontenla e Daniel Castelao. agosto de 1926 pola Galiza nacionalista. No mes escaso que pasa entre nós, participa nunha chea de actos, destacando a homenaxe que en San Pedro de Nós lle organizan as Irmandades da Fala da Coruña coa presenza, entre outros, de Antón Vilar Ponte, Víctor Casas, Lugrís Freire ou Ben-Cho-Shey. Suárez Picallo achegarase ao nacionalismo da man de Blanco Amor. Na súa compaña, e na de Eliseo Pulpeiro, botan a andar en setembro de 1924 a revista Céltiga, arredor da cal se aglutinaban unha parte do nacionalismo en disputa cos arredistas da Sociedade Pondal. Ao ano seguinte, a compañía teatral de Concepción Olona poría en escena a súa obra teatral “Marola”, hoxe infelizmente perdida. Nesas mesmas datas, Suárez Picallo é unha das persoas de referencia do sector nacionalista da Federación de Sociedades Galegas, inmerso na altura nun forte conflito interno co sector socialista que tiña á federación integrada na UGT. O traballo do nacionalismo na mesma foi dando os seu froitos: desvinculouse da UGT, incorporou aos poucos o galego como o seu idioma, e tamén situou no seu calendario a celebración do 25 de xullo e do día dos Mártires de Carral e de Pardo de Cela. O sector nacionalista, que en 1928 sería expulsado da Federación, volvería ás súas filas en 1930, designando xa en 1931 a Suárez Picallo, a Alonso Ríos e a Campos Couceiro como representantes en Galiza. Sobre este grupo, isto é, as xentes de Céltiga e o sector nacionalista da Federación, constituiríase en 1930 a sección Arxentina da ORGA, que após a fundación do Partido Galeguista mudaría o nome polo de Organización Republicana Nacionalista Galega Autónoma. Non deixa de sorprender que o Suárez Picallo que chega a Galiza teña un pensamento tan perfilado como expresa nunha serie de catro artigos publicados en El Despertar de Galicia a finais de 1926 no que afirma: “Glosaremos, al efecto, los dos libros fundamentales que tratan del asunto: Teoría do nazonalismo Gallego, de Vicente Risco, y Doutrina nazonalista, de Ramón Villar Ponte. Estableceremos la diferencia fundamental que existe entre el “chauvinismo” o nacionalismo imperialista y el espíritu de libertad nacional –esencialmente avanzado, liberal y pacifista– que tiende a reivindicar el derecho de los pueblos a disponer de sí mismos, postulado que han hecho suyo los espíritus más avanzados del presente siglo” para rematar: “Queremos, además, <<Mentres presentaba o Estatuto en Madrid, saberá do terremoto que cambiará para sempre a súa vida e tamén a do seu País>> Bos Aires, Outubro de 1926. Suárez Picallo, intervindo na Federación de Sociedades Galegas. que el nacionalismo luche, no sólo por la libertad política de Galicia, sino que también esa libertad se traduzca en libertad económica y justicia social para el pueblo gallego”. O labor parlamentario Eran tempos de non parar. O 4 de Xuño de 1931 desembarca n´A Coruña e o día 5 xa estaba participando na asemblea republicana que se celebraba na cidade, de onda sairá como candidato a Cortes. O labor parlamentario de Suárez Picallo é sen dúbida algunha o máis prolífico do conxunto da bancada nacionalista. Desde o primeiro momento defende o seu pensamen- to nacionalista e marxista e interpreta a realidade galega desde esta perspectiva. Aproveita a súa intervención sobre o proxecto de constitución para explicar o nacemento revolucionario da reivindicación galega en 1846. Xa que logo, desde entón houbo sempre na Galiza unha arela autonomista, que a chegada da República non fixo máis que avivar. Son moitos os problemas que merecen a súa atención máis especial: a crise da industria conserveira, o ferrocarril, a situación do campo, a crise do naval en Ferrol o paro obreiro en xeral... Nunha palabra, os intereses da clases traballadora do campo, como a máis relevante do país, e os da industria característica, a naval militar e a conserveira. Porén, este tratamento da problemática social e económica que afecta as clases populares galegas incardínase dentro dun contexto nacional galego e do papel que cumpre Galiza dentro do Estado, isto é, do trato que recibimos, da incomprensión que padecemos. Aínda así, a acción institucional só foi unha parte do seu accionar político, sempre nas filas do Partido Galeguista desde a súa fundación en Pontevedra en 1931. Foi un home de Partido e como tal defendeu a posición deste en centos de actos públicos, deste a trincheira xornalística, ás veces como director d´A Nosa Terra ou de Ser, outras como colaborador. Viviu en primeira liña os debates internos da organización, destacando a súa participación na IV Asemblea, celebrada en Abril de 1935, onde manterá un vivo debate con Otero Pedraio. Este proceso asembleario, saldarase cun trunfo das teses expostas polo de Veloi nas que defendía a unidade do partido, alén do eixo dereita esquerda, xa que era a expresión política dunha nación sen estado e a colaboración electoral coas forzas da esquerda española para conseguir o Estatuto. Non aforrou esforzos na campaña do mesmo, se ben a súa vida viña de dar un xiro ao ter rematado os estudos de dereito e estar exercendo de avogado con Luís Seoane. Mentres presentaba o Estatuto en Madrid, saberá do terremoto que cambiará para sempre a súa vida e tamén a do seu País. Por Cilia Torna Ensaísta e investigadora 3 Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 81 4 en profundidade Cando ser de esquerdas non é escusa para desertar da nación A FONDO A Bos Aires, 1957.. s afinidades de Picallo no ideolóxico (socialista) e no persoal (no republicanismo español) fixeron que se dubidase da súa lealdade nacionalista. Confesou nunha carta do 1940: “Sigo mantendo dous principios: Galiza sobre todas as cousas; e despois os meus amigos persoais, intelectuais e espirituais...". Recoñece o condicionante que ten no seu ánimo as relacións afectivas, mais deixa clara a súa prioridade. Vexamos como na xestión da súa rede de amizades e tamén no plano teórico prima o servizo a Galiza. Ter un ideario sobre o modelo social xa fai que se lle asigne á organización estatal que di posuílo. Mesmo se presenta como incompatíbel coa pertenza a forzas galegas nas que se convive con persoas de sensibilidade diferente. Así úsanse eses idearios como instrumento desnacionalizador galego ao mesmo tempo que se recruta sen necesidade de xustificalo a quen os posúe ao servizo do centralismo. O poder, desde a súa posición dominante, adxudícase sempre a Recepción da actriz galega María Casares polo Consello de Galiza. Sentados, Alonso Ríos, presidente do Consello de Galiza, María si mesmo o espazo neutro mais nisto, Casares, Elpidio Villaverde e Suárez Picallo. nas realidades plurinacionais, como no demais, esa neutralidade é unha toma de partido a prol do hexemónico. Picallo viña da militancia socialista e comunista las personalidades máis proclives á comprensión do nacionalismo. É de subliñar o caso Martínez na Arxentina. Chegou a través do republicanismo Barrio (que será fundamental para a tramitación da ORGA a Galiza, mais veu coa clara intención de do Estatuto nas Cortes de Montserrat logo da matraballar a prol da soberanía para o país. Por iso, nobra dilatoria nas de Valencia para non consticando esta organización virou cara unha forza estuír a Comisión), mais non houbo ningunha orgatatal e relegou o obxectivo do autogoberno, el ficou nización do abano democrático coas que tiveran nas filas do Partido Galeguista. Subordinou calescrúpulos a colaborar, mesmo a masonería (que quera outra opinión que o afastase dos seus correserá fundamental para, por exemplo, atopar o Eslixionarios nacionalistas ao fin de acadar o poder tatuto Galego perdido en Madrid). para a nosa Terra. Deixouno claro na IV Asemblea Bótase man das relacións persoais tamén cos do Partido Galeguista no 35, cando polemizou con afíns. Cómpre lembrar que os galeguistas, xa insOtero Pedrayo sobre o marxismo, ao soster que a pesares de el provir desa corrente ideolóxica e ter talados en Barcelona coa sede do Partido e do Conesa sensibilidade de esquerdas consideraba que o sello de Galeusca, tamén atoparon un trato diferente do nacionalismo vasco e catalán segundo Partido non podía definirse por unha soa ideoloxía con que personalidade trataran. Irujo chibábase por ter que asumir a representación de toda unha a Largo Caballero das xestións que estaba a facer nación e ser esta plural, o que non quita que nos confrontos que están a darse no mundo se vexa Castelao diante dos seus “amigos” no goberno vasna obriga de ter que escoller bando e loxicamente co cara promover un desembarco na Galiza, e na opte polos oprimidos antes que polos opresores. Generalidat é Companys en persoa xunto con MiE é así que no 18 de xullo toma partido xunto coa ratvilles quen finalmente porá o aparello de proEspaña progresista, mais en ningún momento se paganda do seu goberno e un local ao servizo dos Galeguistas, fronte á actitude dun Tarradellas ou dilúe nela, sendo unha das súas preocupacións que mesmo Pi y Sunyer que lle dan largas. se visibilice a Galiza democrática, e para iso animou publicacións (Nova Galiza) ou mesmo forzas Fálase das relacións fraternas de Picallo cos anararmadas con distintivos propios. provisional de Dirección do Partido Galeguista no quistas na fronte de Aragón que lle levarán a aliñarse con eles e mesmo se lle imputa a esta época exterior, dada a imposibilidade deste desenvolverse ingresar no anticomunismo, mais serán precisaOs anos da guerra na Terra, e tamén no Consello Galego de Galeusca A Suárez Picallo cóllelle o golpe militar en Madrid co fin de coordinarse con Vascos e Cataláns á hora mente os comunistas quen logren enviar a Castelao e desde o primeiro día ponse a traballar incesande participar na loita republicana desde a propia de xira de propaganda a prol da República a Amétemente a prol da vitoria antifascista desde posirica tal como demandaban os galeguistas. perspectiva de defensa dos dereitos nacionais dos Picallo asume en Barcelona a Secretaría Xeral cións galeguistas. O 20 de xullo, xunto con Castelao, tres países. Isto tería consecuencias na rotura de do PG e, cando se vai Castelao á Unión Soviética, relacións preferentes con Izquierda Republicana crea as Milicias Galegas con preto dun millar de é el quen presidirá o partido. Certo que logo da (ao ficar fóra do seu grupo por apoiar o PG ao Espaisanos que entran en combate axiña para frear o avance dos militares contra a capital. Ao mesmo tatuto Vasco) mais tratouse de establecer lazos con guerra se produce un enfrontamento con Castelao tempo participa na constitución dunha estrutura todo o republicanismo español apoiándose naqueque desemboca mesmo no insulto cruel. Ambos <<A fenda aberta por Piñeiro, que abandonaba o nacionalismo para rematar no PSOE, non foi seguida por Suárez Picallo>> Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 81 en profundidade Bos Aires,1954. Paco del Riego en Bos Aires con membros das Mocidades Galeguistas e do Consello de Galiza. De esquerda a dereita:Alonso Ríos, Paco del Riego, Neira Vilas, Adelina González, Roberto Veloso, Denís Conles e Suárez Picallo. Santiago de Chile,1956. os dous tiñan unha posición diferente a respecto dos bandos nos que se dividiron os republicanos españois derrotados. Suárez Picallo asina o manifesto da Junta Española de Liberación (JEL) de Prieto mentres Castelao non está disposto a unir a causa galega a ningún dos pleiteantes españois que disputaban a herdanza do réxime democrático. Mais será Picallo quen poña a Prieto no seu sitio nas Cortes de México cando este tentou, máis unha vez, facer descarrilar o Estatuto Galego. No exilio A guerra afectou moito o ánimo de Picallo, sobre todo o asasinato do seu irmán, que lle pesará coma unha lousa toda a súa vida. Durante a guerra fixo amigos e inimigos propios de situacións extremas e circunstancias terríbeis. O certo é que a fractura na esquerda española era tal que ás veces o máis mínimo xesto xa era motivo de reproche por estar ao servizo dunha ou outra facción. Lembremos como o propio Castelao non puido librarse diso ao acusárselle de “piltrafa comunista” polas súas relacións cordiais co PCE. Mais Picallo, ao igual que Castelao, por enriba de todo estivo ao servizo de Galiza sen que iso lle implicara renegar das súas conviccións. O que se puxo imposíbel era ser leal a Galiza e ao mesmo tempo militar nas forzas estatais. Soto, Elpidio Villaverde, Marcial Fernández e outros acabaron abandonando a obediencia a forzas alleas para apoiar a causa galega. Nada que ver con outros, sobre todo no PSOE co Manuel Cordero que nas Cortes de Montserrat foi un dos argallantes contra o Estatuto Galego, ou Pedro Longueira, quen en México foi o galego deste partido encargado de facer ese papel. Suárez Picallo lembrou en Mexico a súa colaboración con Quintanilla e outros militantes do PSOE nos mitins pro Estatuto, mesmo apelou ao seu activismo sindicalista e a súa sensibilidade de esquerdas, mais coa pretensión de desbaratar a manobra deste partido español. O seu ideario social ou as súas discrepancias con outros galeguistas (Bóveda, Castelao, Otero, etc....) durante toda a súa vida, mesmo a súa amizade intima cun Blanco Amor que se confrontaba publicamente co PG, non poden alegarse a favor dun abandono das posicións nacionalistas. A actuación no Consello de Galiza (do que será o seu animador logo da morte de Castelao) e, sobre todo, coa súa participación en Galeusca, colócano fóra de calquera adhesión a forzas españolas pois ningunha delas recoñecía estas entidades. É mais, todas elas eran abertamente hostís. De feito, é a súa lealdade a estas institucións e a súa fidelidade aos principios do nacionalismo que o afastan dun galeguismo do interior que non só non recoñecía ao Consello de Galiza senón que renunciaba á formulación propiamente política do galeguismo como tal nacionalismo. A fenda aberta por Piñeiro, que abandonaba o nacionalismo para rematar no PSOE, non foi seguida por Suárez Picallo porque el non estaba disposto a claudicar e subsumirse en alternativas españolas nas que o noso pobo quedara invisibilizado e descualificado para acreditar en si mesmo. Suárez Picallo, coa súa actuación na Irmandade Galega, no Congreso da Emigración, como responsábel de Relacións Exteriores do Consello de Galiza, como activista cultural e social, até os seus últimos días mantivo firme a súa lealdade á Terra. É de xustiza que un país lembre a quen nunca o traizoou. Suárez Picallo, no exilio chileno. Por Xosé Carlos Garrido Escritor e investigador 5 Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 81 6 en profundidade Textos descoñecidos Nuestro nacionalismo Boa parte da obra de Suárez Picallo fica esparexida e descoñecida. Estes textos botan luz sobre o pensamento do nacionalista, dan conta das súas preocupacións no contexto político que lle tocou vivir e descóbrennos a un Suárez Picallo nunha posición de avanzada no debate doutrinal ao redor do nacionalismo. Santiago de Compostela, Agosto de 1926. En Galicia tienen representación todos los partidos políticos nacionales que, como es natural, tratan de no desglosar nuestros problemas peculiares de los del resto de España. De ahí su decadencia. Porque decaen de verdad. Salvo el de Azaña, que empieza ahora, sobre la base de la desbandada de las fuerzas de Casares. El Partido de Casares vivirá tanto tiempo como su jefe sea ministro. Después no interesará a nadie, ni al propio Casares. Frente a todos ─tenemos a Azaña, con quien y con cuyo partido podemos entendernos─ el Partido Galleguista, luchando, en su interín, con los resabios del viejo galleguismo ─patriarcal y bien querido pero con falta absoluta de visión política─ para imponer el pensamiento de los núcleos jóvenes, vigorosos, dinámicos avanzados, sin marrullerías y luchando en un país de almas rendidas. No es un partido de masas, pero es la fuerza política más pura, más enfervorizada y que cuenta con la más ancha y desinteresada zona de simpatía popular, cuyos propagandistas somos hoy los más atentamente escuchados. En la pieza sólo pueden compararse los socialistas. Los socialistas gallegos ─como los del resto de España─ están divididos espiritualmente en dos bandos. Los viejos “pablistas”, austeros, ascetas, proletarios, modelo en la ciudad industrial, pero extraños a todo matiz humanista en el que aparezca una desvirtuación de su internacionalismo de anteguerra; y núcleos juveniles que se bañan, cantan, hacen gimnasia sueca y leen las herejías de Henry de Maun. Estos, que son los menos, están muy cerca de nosotros. Ante todos está el problema previo de la autonomía. Yo sostengo que ninguno de los problemas más urgentes de Galicia tendrá solución fuera de la órbita autonomista. Todos ellos nacen en la parroquia rural o marinera y van encadenándose en la comarca para sintetizarse en la región, que es unidad política, unidad económica, unidad de formas de trabajo, además de unidad lingüística. De nosotros para el mundo. El mundo para los gallegos empieza en Galicia. Más aún, Galicia, como Suecia, Dinamarca, Holanda y todos los países con sus medios de producción distribuidos, pueden, por una ordenación racional de su economía, yendo para arriba, constituir una democracia social perfecta y salvarse de esta catástrofe que estremece al mundo capitalista donde los medios de producción están, por el contrario, acaparados por una décima parte de la sociedad. Pero para ello es indispensable la autodeterminación en lo político. El estado del problema es éste: Contra la autonomía los radicales gallegos, más fieramente los que acaudilla Emiliano Iglesias y las extremas derechas; inhibidos, los socialistas; semi-inhibidos los radicales socialistas. Con la autonomía naturalmente los galleguistas; los grupos azañistas y, por obligación, no por fervor, Casares Quiroga. Nuestra posición es ir al plebiscito de todos modos. Para ganarlo, mejor; para perderlo, nos serviría para descubrir a los traidores y levantar como bandera su exterminación de la tierra gallega. Al plebiscito con este gobierno obligado a ser consecuente y también por que no se sabe que vendrá después. Fragmento dunha carta a Eliseo Pulpeiro. 16 de xuño de 1933. Tales los vientos que soplan en Galicia. Tales las inquietudes que allí aumentan día a día y que nosotros estamos obligados a observar, desde que hoy, todo cuanto signifique una protesta contra el actual orden de cosas –y el nacionalismo gallego, como el catalán, es una protesta única en este sentido– ha de merecer nuestra atención y nuestro respeto. Glosaremos, al efecto, los dos libros fundamentales que tratan del asunto: Teoría do nazonalismo Gallego, de Vicente Risco, y Doutrina nazonalista, de Ramón Villar Ponte. Estableceremos la diferencia fundamental que existe entre el “chauvinismo” o nacionalismo imperialista y el espíritu de libertad nacional ─esencialmente avanzado, liberal y pacifista─ que tiende a reivindicar el derecho de los pueblos a disponer de sí mismos, postulado que han hecho suyo los espíritus más avanzados del presente siglo. Nuestro nacionalismo es de avanzada y rebelde, inspirada en los principios democráticos de los últimos tiempos y en el pensamiento revolucionario de los hombres que hacen del problema de las nacionalidades oprimidas una cuestión de libertad, antes que una cuestión de tradición. No vacilamos en tomar posición al lado de los que piensan en este siglo, de los que entienden el nacionalismo con criterio universalista, de los que anhelan una Humanidad mejor, donde todas las partes integrantes, disfrutando de plena libertad, aporten su esfuerzo a la gran colectividad universal en pleno desarrollo de sus elementos espirituales y materiales. Queremos, además, que el nacionalismo luche, no sólo por la libertad política e histórica de Galicia, sino que también esa libertad se traduzca en libertad económica y justicia social para el pueblo gallego. El Despertar Gallego nº 87.7/11/26 A FONDO Dos nacionalismos No se nos escapa que hablar de nacionalismo es cosa harto delicada en los tiempos que corren. En nombre del nacionalismo se vio la humanidad envuelta en guerras terribles; se ahogaron justísimos anhelos de los que han hambre de pan y de justicia; se almacenan armamentos fratricidas comprados con el sudor del pueblo para matar al pueblo; se han hecho dueños del poder dictadores feroces a lo Mussolini, a lo Zankoff,(3) a lo Primo de Rivera. Necesitamos nosotros afirmar que nada de común tenemos con ese nacionalismo, con esa manera de hacer patria? Eso es chauvinismo, patrioterismo, más aún, imperialismo. Ese es afán de someter, de conquistar; el nuestro es ahínco de libertar, de reconquistar lo que está sometido precisamente, por virtud de aquel “patriotismo” “sui generis”. De ahí que nos alborocen como cosa propia los esfuerzos de las nacionalidades orientales por la reconquista de sus libertades nacionales. De ahí que la noble y heroica Irlanda haya contado con nuestra ferviente simpatía. Y de ahí también que nos repugne íntimamente la odiosa aventura marroquí, pues deseamos para el pueblo árabe la más absoluta libertad para gobernarse y resolver como mejor le venga en gana sus problemas. Como se ve, de nuestro nacionalismo ─anhelo de libertad para nuestra Galicia y para todos los pueblos que cual a ella les haya sido arrebatada─ al “otro nacionalismo”, al chauvinismo imperialista, hay la diferencia que hay de la tiranía a la libertad. Es precisamente su sentido más opuesto. El Despertar Gallego nº89 17/11/26 Suárez Picallo nunha homenaxe a Rosalía. Publicada en Galicia o 19 de xuño de 1973. Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 81 en profundidade Un pioneiro da esquerda nacionalista Bos Aires, 1956. o 28 do mesmo mes sae elixido deputado da ORGA (o único desa lista co engadido de “galeguista”). Como deputado, non só defenderá sen éxito a República Federal, senón que propoñerá numerosas medidas a favor de labregos, mariñeiros e obreiros. E farao tamén nos numerosos mitins nos que participa en Galicia. Suárez Picallo toma a palabra no I Congreso Galego da Emigración con Antón Moreda, Denis Conles e Carlos Abraira en primeiro plano que fan garda de honra co resto dos membros das Mocidades Galeguistas. <<Suárez Picallo tende unha ponte cara ao novo nacionalismo galego que, este si, será maio ritariamente de inspiración marxista>> N a diversidade ideolóxica do nacionalismo galego da II República. a esquerda obreira apenas tiña presenza. É certo que o sector demócrata, cada vez máis maioritario, amosaba unha crecente vontade de reformismo social no campo e na cidade, como demostra o programa do Partido Galeguista, moito máis avanzado nisto que as anteriores Irmandades da Fala. Pero non até o punto de predicar o socialismo como sistema económico alternativo ao capitalismo nin de apelar ao marxismo como guía da acción política. De aquí que o médico ferrolán Xaime Quintanilla, un dos poucos obreiristas entre os fundadores das Irmandades, marchara ao PSOE nos anos vinte. Neste panorama, Ramón Suárez Picallo foi unha das poucas excepcións (Xan Xesús González foi outra) e dende logo a de maior relevancia política. A súa orixe social labrego-mariñeira en Sada e a súa militancia comunista e sindical na emigración arxentina dan o perfil de tantos activistas de esquerdas do período de entreguerras. Pero no seu caso, ademais, dáse algo menos frecuente neses anos: o compromiso simultáneo coa nación galega, grazas á súa integración no galeguismo porteño, moi vizoso neses anos, e no que participou activamente, por exemplo, coa posta en marcha da revista Céltiga en 1924. Dous anos despois, co gallo dunha viaxe sindical a Europa, contacta co nacionalismo metropolitano a través de Antón Villar Ponte e outros dirixentes da Irmandade da Coruña. Por esa vía participa en 1929 no experimento nacionalista-republicano da ORGA, da que mesmo funda unha filial en Arxentina. Dende o seu retorno á Terra en xuño de 1931 é ininterrumpidamente un dos grandes protagonistas do rexurdimento e rápida expansión do nacionalismo galego até 1936, nun primeiro momento aínda como afiliado da ORGA pero a partir de decembro de 1931 como dirixente do Partido Galeguista. E así, na Asemblea pro-Estatuto de 4 de xuño de 1931 propón un Estado Galego dentro da Federación Española e Entre o marxismo e o Partido Galeguista En decembro de 1931 participa activamente na fundación do PG, momento no que por certo é o único que se declara “marxista”, e sae da ORGA como fan tamén Ánxel Casal, Víctor Casas e a maioría dos nacionalistas que entraran en 1929. Cando en 1932 as relacións do PG coa ORGA se deterioran por mor do incumprimento dos compromisos iniciais co Estatuto de Autonomía por parte da segunda, cústalle romper por completo cos de Casares Quiroga, o que provoca un rifirrafe transitorio con Bóveda, pero cedo acata a chamada á disciplina e non volverá a ter ningunha discrepancia máis coa dirección do PG. A derrota electoral de novembro de 1933 e o crecente acoso do goberno de centrodereita ao nacionalismo galego en 1934-1935 demostra que a autonomía de Galicia só será posible mediante unha alianza coas esquerdas españolas, vía que emprenderá a dirección do PG a partir da represión gobernamental após da chamada revolución de outubro de 1934. Por certo, Suárez Picallo, con sona de esquerdista, é detido uns días (sen facer nada que o xustificase) “como un carterista” e perante as ameazas da policía agóchase un tempo en Sada. Esa deriva á esquerda do PG provoca unha fonda división interna na que el estará sempre, xunto con Castelao, Bóveda, Víctor Casas e outros, firmemente contra as posturas illacionistas dos católico-tradicionalistas do partido. Medra aínda máis o seu peso político e confíaselle nada menos que a dirección de A Nosa Terra, órgano oficial do PG e como tal instrumento maior de orientación política e de articulación organizativa. Aparte disto, fai todo o posible por reforzar o conxunto das esquerdas, algo imprescindible daquela para a consolidación da República e a consecución do autogoberno de Galicia. Con tal fin promoveu as revistas Claridad e Ser, como campos de encontro do nacionalismo co republicanismo de esquerdas. En febreiro de 1936 sae elixido deputado do PG dentro das listas do Frente Popular. E como tal combatirá os intentos da reacción para destruír a democracia ao tempo que contribúe ao triunfo do Estatuto o 28 de xuño. En xullo, salva a vida (non así o seu irmán Xohan, paseado en Sada) igual que Castelao polo azar de atoparse en Madrid para a entrega oficial do Estatuto nas Cortes. Durante a Guerra Civil é un antifascista moi activo que, por exemplo, codirixe con Castelao Nova Galiza, boletín dos escritores galegos antifascistas. E no exilio seguirá mantendo aceso o facho do nacionalismo galego até a súa morte, tendendo así cos seus irmáns de loita unha ponte cara ao novo nacionalismo galego que, este si, será maioritariamente de inspiración marxista. Por Justo Beramendi Catedrático de Historia Contemporánea 7 CONTRACAPA Xosé Neira Vilas escritor entrevista "Aínda vencido pola vida, sempre mantivo o amor a Galiza" Como foi que se estableceu a túa relación con Suárez Picallo? Que lembras del no plano persoal? Estaba exiliado en Chile. Traballaba como redactor do xornal El Mercurio. Daquela eu non o coñecía persoalmente aínda que sabía da súa traxectoria sindical e política. Sabía que emigrara novo a Arxentina e fora un destacado líder do movemento obreiro daquel país, tanto que en 1926 representouno nun congreso internacional en Xenebra. En 1954, cando se cumpría un aniversario máis do Plebiscito de Autonomía de Galicia, de 1936, propuxémonos celebralo en Buenos Aires, e invitamos a Suárez Picallo. Fun esperalo cun compañeiro meu de traballo nunha camioneta ó aeroporto internacional de Ezeiza. Foi tamén un compañeiro das Mocedades Galeguistas. Voltou a Buenos Aires en 1956, para tomar parte no Primeiro Congreso da Emigración. E radicouse definitivamente na Arxentina. Mostroume moito aprecio e eu admirábao. Paseille a máquina algúns artigos que seguía enviando ó xornal de Santiago de Chile. Estivo con Anisia e comigo na inauguración de “Follas Novas” o 15 de xullo de 1957. Conservo o texto manuscrito que puxo no libro de visitas que el inauguraba. En 1958 prologou o libro do poeta arxentino Víctor Luís Molinari Itinerario, sobre Galicia, que eu traducín ó galego. El formaba parte do Consello de Galiza que creara Castelao Como dirixente do nacionalismo, cal foi a súa relación coas mocidades galeguistas na Arxentina? Un ano antes da súa chegada a Buenos Aires nós fundaramos as Mocedades Galeguistas. Interesouse pola nosa organización, que viña sendo a rama xuvenil da Irmandade Galega, que fundara Castelao (a Irmandade viña sendo o Partido Galeguista no exilio, pero non podía denominarse partido de acordo coas leis arxentinas). Axudounos co periódico Adiante. Falounos varias veces. Por certo, nunha ocasión díxonos que nós eramos uns nacionalistas moi radicais, nos nosos postulados e nas actividades que levabamos a cabo, e que a Irmandade, ou sexa, eles, os “adultos” non estaban moi de acordo, e logo engadiu: “pero se ós vinte anos un non está máis alá das cousas, cando o vai estar?”. Total, que aprobaba o noso comportamento político. Cal lembras que foi o seu papel no Consello de Galiza? No Consello de Galiza, como os demais deputados, actuaba, falaba cando había algún acto. El, con Castelao, eran os únicos do Partido Galeguista pois Alonso Ríos era dos Agrarios e Elpidio Villaverde, de Esquerda Republicana. Cando el volta de Chile por Xosé Neira Vilas é testemuño vivo do activismo político e cultural de Ramón Suárez Picallo. Cóntanos dos últimos anos do loitador galeguista nun exilio no que, a pesar das tristuras e decepcións, sempre conservou o seu incansábel labor de defensor da cultura galega e dos nosos dereitos nacionais. SG. primeira vez xa Castelao morrera, e non quixeron nomear outro presidente. Dirixía o Consello o secretario, que era Alonso Ríos. O Consello era respectado polas asociacións de emigrantes e por todos nós. Cando se convoca o primeiro Congreso da Emigración en 1956, o Consello foi o que publicou o Manifesto e o que nos designou ós membros da Comisión Organizadora. Que papel xogou no Congreso da Emigración? Suárez Picallo, durante o Congreso, traballou moito. Interveu nas comisións, nos debates, falou en homenaxes como o de Bernardino Rivadavia, Rosalía, Castelao, etc. E organizou os materiais e o libro do Congreso que publicariamos meses despois (o Consello da Cultura celebrou o cincuentenario daquel congreso en 2006 e publicou unha edición facsímil do libro, no que constan relatorios, actos, etc. A Suárez Picallo tocáballe facer o libro “Castelao Político”, obra que nunca foi feita. Que lembras disto? A través da Comisión Intersocietaria (integrada polos centros provinciais e polo de Betanzos, o de Corcubión e a Federación de Sociedades galegas) creado para algunhas conmemoracións históricas como o aniversario do plebiscito, o Día dos Mátires Galegos (17 de agosto, aniversario do fusilamento de Bóveda) e algúns outros, encargámoslle un “Castelao artista” a Seoane, un “Castelao escritor” a Blanco Amor e un “Castelao político” a Suárez Picallo. El, aínda que facía xornalismo, era máis un orador que un home de letras, un dos nosos grandes oradores. Non chegou a escribilo. Era naqueles anos un home vencido pola vida, deprimido, descrido, escéptico. Só mantiña o sentimento de amor a Galicia e cando máis falaba nalgún acto, só iso. Anisia e máis eu viámonos con el moi seguido nun café da Avenida Federico Lacroze, case fronte á tenda Celta, de Abraira, non lonxe de onde tiña el a pensión onde paraba. Era unha ledicia escoitalo. Chegou a escribir dous folios do libro, que me regalou, e que, lamentablemente, non conservo. Anisia ofreceuse para copiar o que el lle ditase. Agradeceu o xesto pero nada, non pasou de aí. Dicía seguido, tocando a testa: “o libro téñoo aquí”, pero foi á tumba sen escribilo. Nos últimos anos chamouno o Centro Lucense e encargoulle que se ocupase da Cátedra de Cultura Galega que esa asociación patrocinaba. Tamén dirixiu o periódico Lugo. Aquela actividade reanimouno un algo e ata organizou un curso de redacción xornalística ó que asistía moita xente. Por Xoán Carlos Garrido deportes opinión 25 17 Quinta feira, 2 de outubro. Nº 116 Sandra Fernández, gañadora do último Campionato Mundial de motonáutica . A.E. Imaxe: F.G.M. Os deportes náuticos seguen a dar moitas alegrías ao noso país. Desta vez o protagonismo levouno a motonáutica galega tras a vitoria no campionato do mundo da viguesa Sandra Fernández Rodriguez. A medalla de ouro acadada o mes pasado en augas de Eivissa confirma unha traxectoria impresionante que comezou con varios campionatos galegos e o último campionato europeo que tivo lugar en Mirandela (Portugal) no mes de xullo. Os resultados chegaron logo dun intenso traballo e unha firme aposta por un deporte non sempre comprendido pola maioría do público. chegar á elite O caso de Sandra Fernández é moi semellante ao doutras deportistas. Entra en contacto coas motos acuáticas pola vía familiar, seu pai é un dos introductores deste vehículo no país, e comeza de moi noviña, con tan só 14 anos. Daquela, pouco a pouco, chegan as vitorias. En cinco ocasións gaña o Campionato Galego de Motos Acuáticas modalidade Jet Ski (as tempadas 2005, 2006, 2011, 2012 e 2013), sendo a única muller participante e superando o resto de competidores. “Cheguei con moito esforzo físico e económico”, comenta a Sermos Galiza en conversa teléfónica desde China onde participará estes días noutra das probas do mundial, “para practicar este deporte tes que vivir nun lugar onde as condicións sexan favorábeis... e Galiza ten unhas costas marabillosas”. A viguesa lembra que non todo é tan bonito no día a día polas condicións climáticas e A motonáutica galega na elite da man de Sandra Fernández Gañadora do último campionato europeo e tamén do mundial, a viguesa conseguiu elevar a motonautica galega ao nivel máis alto. "Para practicar este deporte tes que vivir nun lugar onde as condicións sexan favorábeis... Galiza" os recursos cos que contan agora mesmo. “Ás veces adestramos con moito frío e non contamos cun circuíto permanente”. Co esforzo individual supera estes atrancos e condiciona a mover ficha ás instancias deportivas e políticas. Hai uns días, nunha recepción no peirao de Bouzas do Porto de Vigo, recibiu os parabéns por parte do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, cun discurso no que aseguraba que “os deportes náuticos” teñen “un carácter estratéxico” para o seu departamento. A realidade, polo de agora, é outra. “As costas son axeitadas mais non temos ningunha instalación para a motonáutica”, afirma a viguesa, “polo que sei, a Federación está a negociar un circuíto permanente que melloraría as cousas”. condicionantes económicos O outro problema da motonáutica, compartido tamén co resto de deportes, é o económico. Desde a titulación necesaria até o propio vehículo todo pasa por un importante investimento, case sempre desde os seus propios petos. “Os deportes de motor levan máis gastos, isto é unha realidade: hai que pagar a moto, os recambios, a mecánica, o combustíbel... aínda que vai en función da moto que teñas”. As cifras varían e unha moto pode custar ao redor de 16.000 euros aos que hai que engadir outros 5.000 euros nas modificacións necesarias para dotala da potencia necesaria, temos que lembrar que en competición poden chegar a superar os 100 Km/h de velocidade. “Sempre podes comezar cunha moto económica, mesmo é mellor para aprender máis equilibrio e técnica do que aprenderías cunha moto último modelo na que teñas que investir moito”. Sandra Fernández lembra que noutros países como Portugal e Francia hai moi- "Ás veces adestramos con moito frío e non contamos cun circuíto permanente" tos pilotos porque están patrocinados por grandes marcas. "Se cadra grazas ao traballo de medios de comunicación como o voso, este deporte poderá chegar a ser un pouco máis recoñecido e nos axudedes a conseguilo”. Neste último mundial a prensa especializada lembrou o grande mérito da galega por acadar o título sen ser unha das habituais nun circuíto para o que é necesario contar con grandes patrocinadores que se fagan cargo das viaxes aos diferentes campionatos. “Eu cheguei e gustaríame que outros pilotos chegasen a ver cumprido o seu soño coma min!”. 26 internacional Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 José Reinaldo Carvalho editor do portal vermelho e dirigente do partido comunista do brasil “Para a direita brasileira e o imperialismo, a tarefa principal é derrotar as forças que estão no governo hoje” Duarte Correa Imaxes: Vermelho.Org.Br Que resumo faz de 12 anos de governos progressistas baixo as presidências de Lula e Dilma? A partir da primeira eleição de Lula, em outubro de 2002, abriu-se novo ciclo político no país, depois de mais de duas décadas de ditadura militar (1964-1985) e de governos civis neoliberais e conservadores (1990-2002). Nos últimos 12 anos, os governos progressistas do Partido dos Trabalhadores (PT) e dos partidos aliados, entre eles o PCdoB, sob a liderança primeiramente de Lula e agora da presidenta Dilma Rousseff, deram início a um processo de mudanças como jamais se viu na história do país; ampliaram e aprofundaram a democracia; elevaram a participação e o protagonismo popular e revelaram sua acentuada vocação social, retirando 36 milhões de brasileiros da miséria, e promoveram a maior redução da desigualdade social de nossa história. A prioridade das ações do governo tem sido a distribuição de renda, a inclusão social, a defesa da economia popular, a valorização dos salários, a oferta de emprego, o fortalecimento do poder aquisitivo das massas, a realização de políticas sociais em todos os âmbitos – combate à pobreza extrema, reformas nos sistemas educacional e de saúde, construção de moradias populares, defesa dos direitos trabalhistas e sociais. Desde 2002, foram 20 milhões de empregos formais gerados, acompanhados de uma política de valorização do salário mínimo que teve aumento real de 75%. Na economia, o governo estabeleceu como objetivo principal o desenvolvimento nacional, como base para o progresso social, o resgate do papel do Estado nacional como um dos elementos indutores desse desenvolvimento, e a superação da herança nefasta legada pelos governos neoliberais. Estes 12 anos têm sido igualmente um período de ampliação da democracia e da participação popular. Além de dialogar permanentemente com o Poder Legislativo e os partidos políticos, os governos de Lula e Dilma criaram mecanismos de consulta com os movimentos sociais organizados para a elaboração de políticas públicas. Ao balanço positivo dos últimos 12 anos dos Falamos com o jornalista, editor do Portal Vermelho e dirigente do Partido Comunista do Brasil José Reinaldo Carvalho sobre as eleições do próximo 5 de Outubro no Brasil. José Reinaldo, editor de Vermelho. governos progressistas, é necessário ressaltar uma política externa soberana, independente, ativa e altiva, o empenho do Brasil em promover a integração latino-americana e caribenha, baseada na solidariedade com povos amigos e nações soberanas e a contribuição que dá na luta pela democratização das relações internacionais, pela construção de nova ordem econômica e política internacional, por um mundo de cooperação e paz. Sendo muitos os avanços há elementos que desde fora do Brasil parecem contraditórios como a aposta nos mega-eventos desportivos tendo em conta as necessidades que ainda tem a população, que visão tem você ao respeito? Desde 2002, foram 20 milhões de empregos formais gerados e o salário mínimo teve um aumento real do 75% O Brasil é uma grande nação, um país que adquire importância geopolítica cada vez maior. É justo que a par dos esforços pelo seu fortalecimento econômico e superação das injustiças sociais, projete sua imagem no mundo por meio de eventos como a Copa do Mundo de Futebol e os Jogos Olímpicos. Os esportes, principalmente o futebol, são indissociáveis da cultura brasileira, estão na alma e no coração do povo. Do ponto de vista econômico e social, esses eventos deixam um legado importante, em obras de infraestrutura urbana e em equipamentos para competições esportivas nacionais posteriores. Igualmente, estimula a indústria do turismo, o ingresso de recursos no país. O importante apoio que está tendo a candidatura de Marina Silva pensa que é uma Quinta feira, 2 de outubro. Nº 116 aposta à esquerda por parte de sectores descontentos por uma lentidão nas transformações ou uma mudança na estratégia da direita brasileira e do imperialismo? Os avanços alcançados não significam que o Brasil tenha superado seus problemas estruturais, que são imensos e graves. Somos um país ainda desigual, as classes dominantes retrógradas e as potências imperialistas mantêm seu poder e exercem enorme influência na vida política e cultural do país. O governo, seja por insuficientes convicções, pelas alianças que foi obrigado a fazer com setores do centro, democráticos, mas conservadores, o quadro de uma correlação de forças ainda bastante desfavorável, não promoveu rupturas radicais com o sistema político, econômico e social herdado. Os problemas realmente existentes criam uma insatisfação difusa em diferentes setores da população, inclusive em setores beneficiados pelas políticas sociais. Há sempre o legítimo anseio de querer mais e melhor. Além disso, o governo e o principal partido que lhe dá sustentação política e ideológica cometeram erros políticos e administrativos que são magnificados e explorados ad-nauseam por uma mídia monopolista privada que se converteu no principal portavoz das classes dominantes e do imperialismo, com enorme capacidade de influenciar os trabahadores e a população em geral. Eleitoralmente, as candidaturas oposicionistas tradicionais não reuniram força para recuperar a Presidência da República, pois ainda está viva na memória do povo a desastrosa política que levaram à prática quando estiveram no poder. É nesse quadro que – em decorrência de uma circunstância imprevista, a saída de cena do candidato do Partido Socialista Brasileiro (PSB), morto em acidente aéreo durante a campanha, que também não foi capaz de galvanizar suficientes apoios – surge a candidatura de Marina Silva. Ela explora a imagem de ambientalista, ex-esquerdista, ex-militante do PT, pelo qual foi eleita ao Parlamento, ex-dirigente do Partido Verde, candidata nas eleições presidenciais de 2010, ex-ministra do governo de Lula. Faz propaganda da imagem de uma mulher de origem humilde, portadora de uma mensagem “inovadora”, a que chama de “nova política”, “diferente de tudo e todos que estão aí”, explorando a rejeição geral que existe realmente na sociedade contra “a política” e “os políticos”. Sim, nesse quadro, a candidatura de Marina Silva é funcional aos interesses da direita, das classes dominantes e do imperialismo, que a estão manejando bem. Para a direita brasileira e o imperialismo, a tarefa principal é derrotar as forças que estão no governo hoje. Se com os políticos tradicionais neoliberais e conservadores isto não for possível, tentarão fazê-lo por meio da candidatura de Marina Silva. Há perigo real de uma derrota da coligação Com a Força do Povo que sustenta a candidatura de Dilma num segundo turno? A eleição está muito disputada. As sondagens de opinião pública apontam que a presidenta Dilma ficará em primeiro lugar no primeiro turno (5 de outubro) e Marina em segundo lugar. O segundo turno, que se realizará dia 26 de outubro, se afigura como uma intensa disputa. Nesse quadro, o resultado está em aberto. Temos confiança em que a presidenta Dilma vencerá e estamos lutando por isso. internacional 27 Lula sustem a mao de Dilma num comício do PT. A candidatura de Marina Silva é funcional aos interesses da direita, das classes dominantes e do imperialismo O conseguido está aí mas numas eleições o fundamental é o objectivo de futuro, quais são os reptos que para você deveria marcarse um novo periodo de governo de Dilma? O Brasil necessita de realizar grandes reformas estruturais democráticas: reforma política, regulamentação dos meios de comunicação, reforma urbana, reforma agrária, defesa e universalização de direitos sociais, o que inclui revolucionar a educação e o sistema de saúde púbica. É necessário ainda reunir forças para enfrentar a oligarquia financeira nacional e internacional, cujos interesses preponderantes na atual etapa do sistema capitalista, impõem políticas macroeconômicas restritivas ao desenvolvimento nacional e ao progresso social. O governo deve ter uma estratégia clara de prioridade à defesa da economia nacional e popular, defesa dos direitos laborais e continuar valorizando os salários, aumentando o nível de emprego e realizando as políticas voltadas para combater a pobreza. São tarefas gigantescas que só se podem realizar em perspectiva histórica. O futuro governo da presidenta Dilma pode constituir um passo à frente nessa direção, uma nova fase na acumulação de forças do povo brasileiro em sua luta histórica pela definitiva independência nacional e emancipação social. Um debate sempre presente é o de acompanhar os logros económicos e sociais com um avanço no nível de consciência de modo que o povo valore o conseguido como parte de um processo político determinado, como é a situação a esse respeito no Brasil? Há perigo de que sectores favorecidos pelas mudanças apoiem em massa às opções de direita? Este é um dos problemas mais complexos da atualidade – como fazer a luta de ideias num quadro em que os meios de comunicação e a indústria cultural são cada vez mais monopolizadas pelo imperialismo e as classes dominantes nacionais. Temos de resolver este problema, enfrentar a tarefa de desenvolver a luta de ideias, despertar e mobilizar energias do povo, mobilizar sua força. Até que ponto estão involucrados os movimentos sociais na campanha a favor da reeleição de Dilma? A disputa político-eleitoral em curso no País não é um fato isolado das lutas do povo brasileiro, nem terreno exclusivo dos candidatos e partidos. Tem tudo a ver com os movimentos sociais. No embate político-eleitoral, há dois caminhos opostos para os movimentos populares trilharem. Continuar ampliando e aprofundando as mudanças de sentido progressista, ou retroceder, com a perda das conquistas alcançadas. Na medida em que a campanha eleitoral se desenvolve, vai ficando claro que são as propostas da presidenta Dilma, candidata à reeleição, que apontam para o avanço. É por isso que, crescentemente, os movimentos sociais, através das suas entidades mais representativas, vão tomando posição e se mobilizando em prol da reeleição de Dilma Rousseff. Parece que os processos transformadores na América Latina têm chegado a um ponto de inflexão, qual considera que deve ser o caminho a seguir? A tendência principal ainda é o desenvolvimento das conquistas democráticas, malgrado a contra-ofensiva da direita e do imperialismo. É necessário persistir no caminho de fortalecer os governos democráticos, populares e patrióticos, consolidar a integração soberana latino-americana e caribenha, reforçar o movimento antiimperialista Ademais do apoio à candidatura de Dilma o PCdoB que objectivos próprios se marca nestas eleições? O Partido Comunista do Brasil está em campanha em todo o país. Além da reeleição da presidenta Dilma, lutamos pelo aumento da influência eleitoral do Partido, em unidade com outras forças de esquerda. É necessário aumentar a presença das forças de esquerda nas duas casas legislativas nacionais (Câmara e Senado e assembleias legislativas estaduais). Temos expectativa positiva quanto ao desempenho eleitoral do PCdoB, com a eleição de deputados e senadores. É possível também, na liderança de uma ampla coalizão democrática, eleger um governador de estado. 20 deseño 28 economía Lola Dopico. Profesora e Investigadora da universidade de Vigo. Imaxes: Helena Mareque Aínda que a primavera na súa espectacularidade é con moito a temporada preferida para a celebración de vodas, non debemos tampouco desdeñar o poder de atracción que para estas citas supón setembro e o inicio do outono. Temperaturas mornas e aínda agradábeis e días dunha matizada luminosidade que convidan a aproveitar o calendario. As vodas son en si mesmas pequenas “alfombras vermellas”. En relación á moda non se nos pode escapar o feito de que dende as revistas, bloges, e escaparates televisivos, as vodas de famosos e famosas analízanse e estúdanse como pequenas pasarelas, destacando os mellores estilismos e inclusive oferecendo rankings anuais das mellores noivas ou as convidadas mellor vestidas. As vodas son grandes eventos arredor dos que interveñen centos de pequenos aspectos que xeran un negocio importante nunha multitude de servizos que van dende restaurantes a manicura e perruquería , da fotografía aos músicos. Tocados, xoias, lencería, calzado, e unha longuísima listaxe na que atopamos dende floristas até deseñadores de moda. Cada celebración, xa sexa grande ou pequeña, toma forma arredor do xeito de vida dos noivos e materialízase a través do ambiente que lle queren dar a ese día. A moda está presente en moitos detalle, pero un dos aspectos centrais vén dado polo vestido de noiva. Ademais de grandes tendas e firmas especializadas en noiva, de todos coñecidas, cada vez son máis numerosas as clientas que se decantan por pequenas firmas e ateliers, centrados unicamente na creación de deseños en relación a eventos nupciais tanto para noivas como para convidadas. tépeda luz de setembro Hai poucos días, a través dunha de esas vodas enmarcadas pola tépeda luz de setembro e a suavidade do inicio do outono, tiven a oportunidade de descubrir o traballo dunha creadora galega especializada no universo da noiva. Do taller de Helena Mareque emerxen continuamente obras dunha exquisitez incuestionable. Mais alá das últimas tenden- Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 Helena Mareque. Vintage en branco cias o seu traballo resulta persoal e dunha grande sensibilidade. Dende o seu atelier situado no centro do barrio de Salamanca en Madrid, Helena Mareque confecciona prenda únicas, parte de bocexos e toiles e as veces de prendas de herdanza familiar para recrear unha historia única que se materializa nun vestido especial, sorprendente. Tras a súa impecable receptividade para interpretar a personalidade de cada clienta, eríxese a súa experiencia de máis de vinte anos e os seus comezos no taller de Santiago de Compostela, e saberse herdeira dunha tradición costureira, onde agarimo e mimo son fundamentais. Sutileza e sensibilidade son adxectivos que emanan das súas creacións dun marcado aire vintage conseguido a través da selección de tecidos e patróns que se dan a man con pezas, encaixes e detalles antigos, recuperados en anticuarios e mercadillos ou procedentes da historia familiar e que confiren unha dimensión realmente única a cada vestido, as súas noivas son lixeiras, amosan algo etéreo pero a un tempo nos devolven o reflexo dunha estética procedente da primeira metade do século XX. Vestímonos para as vodas, é por iso que seguen a ser un dos motores principais que dinamizan o negocio e especialmente están a permitir que sigan a existir este tipo de talleres, onde a calidade artesanal, o feito con tempo e coidado permiten a continuidade da mestría costureira de deseñadoras como Helena Mareque. Se xa tedes algunha cita nupcial por diante, na axenda dos próximos meses, non deixedes de coñecer o traballo desta creadora. Do seu taller saen algunhas das noivas mellor vestidas do momento, pero tamén as convidadas mais elegantes a través da súa liña Lady Mareque. Achegarvos a coñecer o seu atelier paga a pena, orientarse canto a tecidos, ver como funcionan, estudar as combinacións de materiais e volumes resulta un luxo para os sentidos. puntos de venda www.helenamareque.es Calle Ayala 53 , 1ºD Madrid, 28001 Quinta feira, 2 outubro.de Nº2014. 116 Número xx x de xxxxxxx Andrea Ferreiro Imaxe: Barriga Verde As festas de San Froilán achéganse e canda elas regresa Barriga Verde á cidade. Nesta ocasión, por medio da exposición “Barriga Verde, de feira en feira”, da Asociación Cultural Morreu o Demo, promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que está aberta no Pazo de San Marcos. Cando o San Froilán, Barriga Verde era cita obrigada para nenos e nenas de Lugo. Na memoria das festas está a barraca da familia Silvent que visitaba cada ano a cidade por estas datas. A exposición “Barriga Verde, de feira en feira”, aberta no Pazo de San Marcos da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, trae de novo á Lugo a memoria dos tradicionais títeres nas súas festas grandes. “Morreu o Demo, acabouse a peseta” era a mítica despedida de Barriga Verde no fin de cada espectáculo. A frase prendeu na memoria colectiva de Lugo e aínda hoxe, máis de cen anos despois de que José Silvent comezase a recorrer o país de feira en feira e de romaría en romaría é fácil que apareza coa súa peculiar contundencia en calquera conversa. Da mesma maneira, a memoria continúa aínda viva nas persoas de máis idade mais é un legado que cómpre transmitir ás novas xeracións con iniciativas como as que desenvolve a Asociación Cultural Morreu o Demo, promotoras da exposición que, durante as festas do San Froilán, se pode visitar no edificio do Museo Provincial de Lugo. de feira en feira “Barriga Verde, de feira en feira” é o título da mostra que recolle a historia do titiriteiro José Silvent Martínez, o introdutor no país da tradición de monicreques orixinaria na Italia do Renacemento. A mostra, comisariada pola actriz, directora e escritora Comba Campoy, inclúe presentación de libros, obradoiros de confección de marionetas e a proxección dun documental dentro do amplo proxecto desenvolvido para recuperar a figura de Barriga Verde. A exposición permanecerá aberta até o vindeiro 15 de outubro e contou na súa inauguración, na que participou o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, coa presenza de Alfonso Silvent, fillo de José Silvent, como representante da familia, que prestou pezas orixinais para a mostra. A través das distintas seccións, pódese facer un percorrido pola historia de Barriga Verde, considerado o último monicreque popular galego. A mostra iníciase por un percorrido polas feiras tradicionais, o mundo no que se moveu o singular espectáculo, para seguir adentrándose nos segredos dos titiriteiros que levaron a alegría e a maxia a milleiros de nenos e nenas para os que o encontro con Barriga Verde formaba parte da propia festa e era, cada ano, ritual obrigado do San Froilán. Percorrían vilas e aldeas, buscando esas xuntanzas festeiras nas que a xente preparada para a alegría sorprendíase coa súa historia e coa súa peculiar rebeldía contra todo tipo de autoridades. nas entrañas da historia do monicreque A exposición quere mostrar o interior da his- publireportaxe opinión 29 21 Barriga Verde volve a Lugo polo San Froilán As festas de San Froilán achéganse e canda elas regresa Barriga Verde á cidade. Nesta ocasión, por medio da exposición “Barriga Verde, de feira en feira”, da Asociación Cultural Morreu o Demo, promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que está aberta no Pazo de San Marcos. toria do moneco da cachiporra para superar o esquecemento que estaba a pesar sobre a súa memoria. Trátase tamén dunha proposta visual, na que o público pode tocar, escoitar ou mesmo ulir un dos episodios máis singulares da historia dos monicreques galegos como un convite tamén para sumar máis apoio social á tarefa de recuperar a memoria de Barriga Verde, o heroe da infancia de antes e unha figura que, a nada que se mente, recupera sorrisos e a melancolía dos primeiros anos de tantas e tantas vidas. En “Barriga Verde, de feira en feira” o público visitante pódese atopar coa tradición europea dos títeres, a recreación do mundo das feiras e festas, a biografía da familia Silvent e as entrañas do seu espectáculo con elementos auténticos como o dintel da barraca, marionetas orixinais, obxecto da escenografía ou mesmo a recreación dun teatriño tradicional. Ao vivo, proxéctanse entrevistas dos membros da familia Silvent para coñecer de primeira man o mundo da barraca que facía xira por todo o país. “Morreu o Demo, acabouse a peseta” era a frase de despedida da barraca e tamén o nome da asociación cultural que, desde hai xa máis de dous anos, traballa cun amplo abano de propostas para revivir a memoria de Barriga Verde, aquel moneco sempre enfrontado ás autoridades e que falaba galego en tempos nos que a lingua aínda non volvera á escola. Neste proxecto participan ademais da comisaria da exposición, Comba Campoy, o autor da primeira biografía de Xosé Silvent, Xaime Iglesias os membros da compañía Viravolta Títeres, que recuperaron a famosa barraca ou a produtora Tintimán audiovisual, que asina o documental sobre Barriga Verde. Reclamar as feiras e festas populares como espazos de ocio, recuperar a figura do máis famoso monicreque galego e reivindicar a importancia dos títeres son algúns dos obxectivos de “Morreu o Demo, acabouse a peseta” que promove un amplo proxecto de divulgación no que se insire a exposición que está aberta no Pazo de San Marcos durante todos os días do San Froilán, volvendo de novo a ser protagonista familiar das máis populares festas. Patrocinado por: 30 cultura VIAXES NA MIÑA TERRA Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 A COSTA EXTERIOR DE RIBADEO Das catedrais á illa Pancha, ou da illa Pancha ás Catedrais U se atopa máis ou menos na metade do percorrido, e de Rinlo ao final. Empezamos o percorrido nas Catedrais achegándonos, pola pasarela de madeira (está prohibido facelo pola liña da costa) ao regueiro da Malata que separa os territorios dos concellos de Ribadeo e Barreiros e desauga por un estreito canón. Volvemos ás Catedrais, e se tivemos en conta o horario das mareas poderemos gozar das espectaculares formacións creadas pola erosión do mar nas rochas, volvemos ao inicio e arrancamos a camiñada, pasando pola parte alta dos arcos; ao pouco de deixar atrás as Catedrais atopamos a enseada do Cadramón que acolle a praia do Esteiro, logo a das Covas e un pouco máis alá a praia das Illas, a dos Castros ou de Marbadás e a dos Xuncos; a partir deste punto deixa de haber praias de entidade e as poucas que hai son de dimensións reducidas e están agochadas no fondo de estreitas enseadas. Os cantís perden un algo de altitude pero gañan en cores e texturas. Pasamos polos restos abandonados de antigas cetáreas, a de Rinlo foi a primeira de Galiza, antes de chegar á localidade que se asenta no único espazo con certa amplitude e seguridade desta parte da costa, ao abrigo da Punta Lapela no estreito canón da desembocadura dun pequeno rego. De Rinlo para adiante a costa vólvese áspera pola posición inclinada dos estratos e retorcida como consecuencia das numerosas fracturas e polo efecto do traballo do mar contra os diferentes tipos de rochas. Neste traxecto atopamos a desembocadura do rego dos Caínzos, coa súa recollida praia-coído, o castro costeiro de Piñeira, a agochada e sonora desembocadura do rego dos Tacós ou Moreira, punta Gallín, a enseada de Loureiro, a punta do Mourón, a enseada da Arnela, o penedo do Corvo, os cantís do Ollo e o castro das Grovas. Desde o castro das Grovas temos que saír á estrada, non atopamos camiño nin carreiro practicable que nos permita seguir pola liña da costa, e pola estrada achegámonos á praia de Rochas Brancas e ao miradoiro sobre a illa Pancha no que remataremos a ruta. Arcos a xeito de contraforte de catedral que dan nome a este singular monumento xeolóxico, unha zona de cantís e praias que só teñen acceso na marea baixa. A intensa erosión e a disposición dos estratos da lugar a formacións moi curiosas e espectaculares: arcos, furnas, illotes, columnas, buratos (bocas do inferno)... A praia das Catedrais foi declarada Monumento Natural en novembro de 2003. nha camiñada por unha área costeira de gran interese xeolóxico e paisaxístico que forma parte da Rasa Cantábrica que se extende desde o cabo de Peñas (Asturias) ata Burela; unha superficie elevada (planalto) sobre o nivel do mar, moi chan, cunha pendente suave cara ao mar que se corta bruscamente terra adentro, na liña na que se cre que antigamente estaban os cantís. Na beira costeira remata en cantís, que caen case verticais, entre os que se atopan algunhas praias. A maior parte deste tramo de costa está protexida como LIC “As Catedrais” e o concello de Ribadeo ten solicitada a súa declaración como Parque Natural. A Illa Pancha forma parte do LIC e ZEPA Ría do Eo. Os ecosistemas presentes son zonas rochosas nos que se forman pozas que acollen algas e animais durante a marea baixa e seres que viven entre as algas ou fixados nas rochas; os areais e as dunas. A lonxitude do traxecto non é como para facela de ida e volta, polo que aconsellamos buscar a maneira de atopar unha combinación de xeito que dispoñamos de transporte ata o inicio, ou de recollida no final da ruta. Tamén é aconsellable consultar a taboa de mareas para poder gozar en plenitude das formacións das Catedrais e de moitas das praias, de area branca fina e compacta, ás que coa marea alta apenas lles queda ao descuberto unha estreita liña de area ou un pequeno coído. Sete horas de camiñada (con parada para un bocado en calquera dos numerosos puntos panorámicos do traxecto), e máis que se poden botar se se lle adica toda a atención que merece, para facer un percorrido duns 20 km, case todo chan; por camiños e carreiros, ou por leiras e rochedos, sempre beireando o cantil, sempre ou case sempre polo sitio máis achegado á liña da costa. Unha ruta para facer sen présa, na que cada volta é unha descuberta: unha forma, unha cova, un recanto, o xogo das ondas, o mar a bater no cantil… Unha ruta que se pode facer tamén en dúas partes: do inicio ata Rinlo, a única localidade do traxecto e que Praia de Esteiro. Praia das Illas. Entre as praias dos Castros e das Illas atópase un grupo de illotes de tamaños variados chamados “Os Castros”, que, segundo a tradición local, estaban unidos entre sí formando un castro. Autores: Colectivo XEA (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta) Imaxes: Colectivo XEA Patrocinado por: cultura VIAXES NA MIÑA TERRA 31 Quinta feira, 2 de outubro. Nº 116 Faro na Illa da Pancha na costa exterior da Ría de Ribadeo. Foi construído en 1880. Pregue nos cantís da enseada do Loureiro. Toda a formación do planalto cantábrico está intensamente repregada pola Oroxenia Hercínica. Mapa da zona. Praia das Illas. Entre as praias dos Castros e das Illas atópase un grupo de illotes de tamaños variados chamados “Os Castros”, que, segundo a tradición local, estaban unidos entre sí formando un castro. Antiga cetárea de Rinlo (a primeira de Galiza) construída aproveitando unha falla natural no cantil preto da pequena poboación pesqueira asentada nun abrigo natural da costa. Arco na enseada da Olga de Arnela. Cantís entre Rinlo e a enseada do Loureiro. 32 cultura conversas con... Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 Wadi N-Daghestani activista feminista “Crer que ser musulmá e feminista supón unha contradición é un prexuízo” Wadi N-Daghestani defínese como unha persoa “de corazón asturiano e sangue árabe”. Descende dunha familia de orixe siria instalada no Estado español. Activista a prol dos dereitos das mulleres, afirma que seus pais lle inculcaron "desde o deber e o compromiso islámico á loita pola xustiza social e de xénero". Con "20 anos", di, "decidín porme o hijab por razóns exclusivamente relixiosas". Con ela falamos do Feminismo islámico. Olalla Rodil Imaxe: SG Que é o feminismo islámico? O feminismo islámico nace como unha necesidade por recuperar todos os dereitos lexímtos que a Sharia --a lei islámica-- outorga explicitamente á muller através dos seus textos sagrados mais que foron extorsionados, manipulados e prostituídos ilexitimamente por sociedades pratiarcais en moitas comunidades musulmás de países árabes e occidentais. O Corán recoñécenos como cidadás de pleno dereito no ámbito público e privado. Neste senso, o feminismo islámico é a aposta segura para lle facer fronte ao patriarcado, que nos negou historicamente os nosos dereitos e, o que é máis grave, en moitas ocasións facéndoo 'no nome' da relixión, unha estratexia ruín, deleznábel e anti-islámica, que condenamos de maneira rotunda. Cales son os seus obxectivos? Son tan amplos e variados como conseguirmos que as mulleres conduzan en Arabia Saudita, asegurarmos o seu pleno dereito a decidir en todos os ámbitos, quer nos países árabes, quer nos occidentais; impedirmos a 'imposición' de se poren o veo en países como Irán ou a obriga de o quitaren noutros como España para conseguiren un posto de traballo. Por desgraza, moitas persoas aquí [no Estado español] chegáronme a dicir que ser musulmá e feminista é un 'oxímoron'[contradición]. Porén, eu coido que se trata máis dun outro prexuízo que xor- "O Corán recoñece as mulleres como cidadás de pleno dereito mais o patriarcado negounos os nosos dereitos mesmo 'en nome' da relixión" de froito de xeracións de adoutrinamento e propaganda islamófoba e dun sistema maquiavélico e neoliberal que promove estereotipos contra o mundo musulmán como unha estratexia para xustificar os seus fins políticos. Pretender coñecer o Islam e os seus valores através dos medios de difamación masiva é como querer coñecer a historia da Guerra Civil española através de César Vidal [historiador e escritor español colaborador do diario Libertad Digital], por exemplo. Quen non acode a medios alternativos, non contrasta as fontes ou non somete a información que recibe a un mínimo de autocrítica, rematará por asumir por idiosincrasia que os homes barbudos son "terroristas" e as mulleres musulmás unhas "pobres oprimidas". Ás correntes [de pensamento] dominantes non lles interesa darnos voz a nós porque iso significaría difundir ou promover a liberación da muller musulmá e, nese caso, con que pretexto poderán invadir países árabes para 'liberar' as mulleres a canonazos? É o Feminismo islámico unha corrente de pensamento maioritaria? É minoritario, mais está en crecente expansión. Cada vez adquire maior popularidade, sobre todo entre a mocidade e dentro dos círculos académicos. De feito, é un novo concepto de feminismo e unha outra maneira de entender a liberación das mulleres, axustada a un contexto histórico, cultural e relixioso determinado. Levas anos tecendo redes co feminismo occidental, predominantemente laico. Existen nel prexuízos islamófobos? O feminismo laico e occidental é moi variado. Hoxe en día, afortunadamente, conta con moitas correntes. Moitos feminismos laicos, se non a maioría, déronnos a benvida. É certo que todos temos prexuízos contra os que loitar, en maior ou menor medida. A chave do éxito do feminismo está, non só en non os fomentar, senón en derrubarmos, através da sororidade, as barreiras mentais e ideolóxicas que poidan limitar a nosa visión. E construírmos a partir do respecto e o non cuestionamento das loitas das nosas conxéneres. No caso dos feminismos laicos con respeito cara aos relixiosos, temos que lembrar que o inimigo é o patriarcado, non Deus. Para iso é preciso descolonizar o feminismo. Algunhas feministas eurocentristas negan a posibilidade de liberación se non é "á súa maneira", partindo de premisas nihilistas e discriminatorias que inclúen o imperativo de ser branca, europea e atea. Desde a nosa Quinta feira, 2 de outubro. Nº 116 cultura cultura conversas con... 25 33 "O feminismo islámico entende a liberación das mulleres axustada a un contexto histórico, cultural e relixioso determinado" posición rexeitamos esa premisa pola considerarmos autoritaria, excluínte e etnocentrista. Nese senso, expresamos o noso dereito a nos "liberar" á nosa maneira, baixo as nosas propias condicións e sen que outras non impoñan cando, como e desde onde facelo. Que teñen en común as mulleres indíxenas, as do centro de África, as latinas, as árabes, as asiáticas ou as aborixes? Aparentemente pode que non moito, mais se loitan pola súa emancipación e plenitude, debemos apoiar as súas loitas, respectalas sen cuestionamentos e, sobre todo, aprendermos delas e non xulgalas desde unha suposta superioridade moral. Entendemos que existen tantos feminismos como mulleres en loita e que ningún pode imporse aos demais. Nun artigo teu publicado en Play Ground criticas con retranca "estereotipos infundados, terxiversados e mal-aprendidos" sobre a cultura árabe e o Islam. Como é ser musulmana nun estado como o español? Non é doado, implica unha loita constante por nos reafirmarmos todos os días. Faise máis difícil aínda porque, como dixen, as campañas de propaganda --psicolóxica e bélica-- só tentan reforzar determinados estereotipos falsos desde a súa raíz, manipulándoos tendenciosamente en beneficio do Imperio e do capitalismo. Así é como se implanta a doutrina do medo nunha opinión pública informada "á carta" e exposta, continuamente, ao horror do "yihadismo" e o "terrorismo islámico" --ou anti-islámico para sermos politicamente correctos. Se no século XX o principal inimigo a combater era o comunismo, no século XXI é o Islam. Hai ocasións en que te preguntas como vivindo supostamente nun país democrático no que a súa propia Constitución respecta as liberdades individuais, son exixidas amiúdo tantas xustificacións a condutas, pensamentos, ou formas de vestir, de crer ou de entender a vida que se saen dos patróns estabelecidos ou normalizados. Só polo feito de levar hijab teño que lle demostrar ao mundo que non son sumisa ou non estou supeditada a ningún home. É como crer de antemán que calquera home é culpábel até que se demostre o contrario. É unha loita extenuante e incomprensíbel nun contexto democrático. Noutra ocasión respondiches ao xornalista Ricardo Benjumea cando afirmou que "En países de maioría musulmá, só un réxime militar garante a estabilidade social suficiente, posto que a democra- "É preciso descolonizar o feminismo de visións autoritarias, excluíntes e etnocentristas" cia, máis tarde ou máis cedo, dexenera en islamismo radical". Unha opinión que se ten empregado para xustificar intervencións militares... Se o señor Benjumea se tivera referido ao pobo xudeu, a presión popular e política e as condenas unánimes de antisemitismo teríano forzado a rectificar publicamente por semellante atropelo, para alén de perder toda a credibilidade, o seu posto de traballo e mesmo, nalgúns países europeos, tería sido xulgado por un tribunal. Mais ao se referir ao pobo musulmán, ninguén tomará represalias nen medidas contra el. Bendita hipocrisía! [di con retranca]. A Primavera árabe [á que se refería o xornalista] non fracasou, como di el, porque o pobo musulmán sexa antagónico á democracia, senón polo vil apoio que desde Occidente se brindou aos ditadores árabes en detrimento da sublevación lexítima dos pobos. Eis o apoio militar e financeiro da Casa Branca, e doutros países imperiais, ao golpe militar contra Mursi e os Irmáns Musulmáns --elixidos democraticamente polo pobo exipcio nas urnas, igual que Hamas. As democracias árabes son en realidade unha ameaza para Occidente, de aí o apoio mediático, financeiro e militar, se é preciso, para boicotar as súas dignas revolucións populares e en beneficio do estabelecemento de gobernos títeres que, en todos os casos salvagarden os intereses xeopolíticos occidentais e a súa pretensa hexemonía mundial. Que opinas do ISIS ou o chamado "terrorismo islámico"? A posición da Sharia e do Islam é rotunda e inequívoca: condenan categoricamente o terrorismo. Os dexenerados do ISIS nen forman ningún califato nen son islámicos. Que insulto á intelixencia humana. Son monicreques que, financiados e adestrados desde Occidente ao máis puro estilo Al-Qaeda, non matan no nome de Alá, matan en nome dos petrodólares, o deus imperial, que non se nos esqueza. Aliás, cumpren o seu papel de "perigosos barbudos" dentro do circo imperial, mentres terman dun Corán que non leron na súa vida. É patético. Nen que dicir ten que os seus actos foron repudiados por toda a comunidade musulmá. Outro termo acuñado pola imprensa "occidenta-lista" é o de 'extremistas islámicos'. Non existe interpretación posíbel do Corán que poida derivar na xustificación da decapitación, o asasinato ou a tortura. Por iso debemos chamalos terroristas sen máis. O Islam defende e protexe nos seus textos sagrados a liberdade de credo e de pensamento, tal e como foi recollido historicamente polos historiadores que describiron o esplendor do Califato e de Al-Andalus. 34 cultura CRÍTICAS CINEMA Un calidoscopio de camiños cruzados e diverxentes sobre como se vive –ou sobrevive– nun dos barrios máis perigosos do planeta. Tan perigoso que tivo que filmarse nos arredores da favela, xa que de facelo na propia Cidade de Deus a seguridade do equipo non quedaba garantida. Cidade de Deus Tras dedicar a crítica de cinema da semana pasada ao Festival de San Sebastián, retomamos esta coa “crítica á carta” a petición dun dos gañadores do concurso que podedes atopar todas as semanas en facebook/criticadcinema. Suxeriunos Cidade de Deus, unha película que nos traslada directamente a unha das zonas máis inseguras do Brasil: as favelas de Río de Janeiro. En concreto o título fai referencia a unha que está situada no lado oeste. Baseada na novela homónima –de toques autobiográficos– de Paulo Lins e producida por Walter Salles (Estação Central do Brasil, Diarios de motocicleta) conta a historia de Buscapé e Zé Pequeno: dous amigos da favela con soños ben diferentes. O primeiro quere ser fotógrafo e o outro loita coas bandas locais para se converter no capo máis temido do Brasil. Aínda que se trata dunha historia coral onde se entrecruzan varias personaxes nun período de máis de 20 anos, a trama céntrase principalmente na guerra que manteñen Zé Pequeño e Mané Galinha polo control de Cidade de Deus. Mentres isto pasa, Buscapé vai lidando cos atrancos de vivir nun sitio onde o tráfico de drogas, delincuencia Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 gañou en toronto Cidade de Deus Director: Fernando Meirelles, Kátia Lund Guión: Braulio Mantovani Fotografía: César Charlone Música: Ed Côrtes e Antonio Pinto Reparto: Alexandre Rodrigues, Leandro Firmino, Douglas Silva, Phellipe Haagensen, Jonathan Haagensen, Seu Jorge, Alice Braga, Matheus Nachtergaele brasil, 2002 130 min. Sinopse: Buscapé é un rapaz de Cidade de Deus, unha favela de Río de Janeiro, que quere ser reporteiro gráfico. Por contra Zé Pequeno fai todo o posíbel para se converter no criminal máis perigoso do Brasil. Un e outro tratarán de facer o que sexa necesario para lograr os seus soños. e asasinatos son o pan de cada día. Mais ás veces os inconvenientes pódense tornar en oportunidades. Toda esa violencia imperante vaille proporcionar unhas excelentes fotografías na súa andaina de chegar a ser un reporteiro gráfico profesional. Contou cun reparto en estado de graza composto maiormente por actores afeccionados e habitantes da propia favela. E non só nos roles figurantes... Moitos deles acabaron proporcionando máis de un momento irrepetíbel difícil de reproducir por actores profesionais que, por suposto, acabou incluído na metraxe aínda que non estivera previsto no guión orixinal. Todo un éxito de público e crítica. Entre outros, levou o Premio á Mellor Película Estranxeira no Festival de Toronto, unha nominación aos Globos de Ouro na mesma categoría, un BAFTA á Mellor Montaxe e catro nominacións aos Óscar nas categorías de director, guión, fotografía e montaxe. Algo insólito e sen precedentes na historia do cinema brasileiro. O éxito alcanzou a gran parte do reparto que se fixo famoso ao instante. Cóntase que o até o mesmo Barack Obama quixo coñecer a Lendro Firmino (Zé Pequeno) nunha visita ao Brasil, mais este rexeitou o encontro alegando problemas de axenda. Pouco despois recoñeceu que non quería participar dun paripé meramente político, así que seguiu coa súa vida na favela como se nada. A maioría fixo libros O pulo sideral do acontecer Manuel Forcadela é unha das figuras da literatura galega que máis partido lle ten sacado ao actual momento tecnolóxico de cara á difusión das súas creacións. Para a nosa cultura foi un luxo contar dende moi cedo coas distintas encarnacións de O Ximnasio de Academo, o seu voceiro e fogar dixital, unha casa chea de tesouros entre os que podemos achar, en formato electrónico, distintos materiais difíciles de atopar por outras vías: dende os poemarios descatalogados do autor até videopoemas, artigos de teoría literaria ou materiais didácticos. Porén, se por unha cousa destacou O Ximnasio de Academo nos últimos anos foi polo seu blogue, unha bitácora que escolleu un camiño distinto ao da maioría dos blogues de escrito- Nunca se sabe Manuel Forcadela o ximnasio de academo, 2014 119 páxinas Edición electrónica gratuíta res e escritoras galegas, en xeral máis tendentes a configurarse como columnas de opinión ou simples tribunas de promoción das súas actividades. O Ximnasio de Academo converteuse, pola súa banda, nun verdadeiro diario poético, onde a creación literaria tomou un absoluto protagonismo, por máis que aínda deixe oco a ocasionais reflexións, xeralmente tamén sobre teoría literaria. Non cabe dúbida de que a popularización dos blogues, hai xa algo máis dunha década, favoreceu unha enorme enxurrada de creatividade e o traslado dos máis variados proxectos creativos ao seu ámbito. Porén, tamén é xusto recoñecer que, se ben utilizados con frecuencia polas novas voces poéticas para difundir e dar a coñecer a súa obra, o seu emprego por parte de figuras xa consagradas foi escaso, polo menos á hora de amosar a súa creatividade. A perdurabilidade no tempo desta actividade e a excelente forma poética que Forcadela demostra a cotío nese seu ximnasio particular son aspectos que moi raramente atoparán eco nunha crítica afeita a non considerar elementos que eviten os canais de edición convencionais. O seguinte paso nesta actividade poética Manuel Forcadela. dixital resulta evidente e xa hai un par de anos que Manuel Forcadela ofrece compilacións periódicas dos seus poemas. A este Nunca se sabe, antecedérono Xardín queimado e Sales do ano doce, ofrecidos tamén de balde e en pdf. Ben é certo que podemos constatar de novo en cada un deses libros que a maioría de bos escritores non saben moito sobre os procesos de edición, nin sequera á hora de preparar as súas propias obras, e que non lle sobraría a ningunha delas unha revisión que mellorase a súa presentación estética. Porén, por outro lado resulta evidente, no actual escenario da edición en galego, que existen máis alternativas alén do papel e as edicións convencionais, alternativas que non adoitan ser transitadas por persoas cunha traxectoria consagrada como a de Manuel Forcadela. Nunca se sabe volve ser parte do mellor Forcadela, cun oficio poético insubornábel, igual. Retornaron ás vidas na favela, iso si, algo máis famosos e alternando con algún breve traballo para cine ou televisión mentres coleaba o éxito da película. En cambio si supuxo o lanzamento internacional de Alice Braga, a sobriña de Sonia Braga (O principiante), á que lle comezaron a chover papeis de Hollywood. Tras o filme, os directores Fernando Meirelles (O xardineiro fiel) e Kátia Lund apadriñaron unha serie de 19 episodios titulada Cidade dos homens que afonda aínda máis sobre o turbio mundiño das favelas. De cando en vez hai proxectos e películas que afondan no tema das favelas (e tamén da corrupción policial). Conseguen sacar á luz algo que as autoridades brasileiras prefiren tapar en troques de solucionar. Apenas con repercusión nos medios de comunicación e inclusive disfrazado de maneira impúdica mediante tours para turistas, coma fixeron para o recente Mundial de Fútbol, coma se alí non pasase nada. Un despropósito... Cidade de Deus é probablemente á mellor película brasileira de todos os tempos e película de culto desde a estrea. Ensina, entretén e asombra pola dualidade das belísimas imaxes cargadas de violencia e secuencias imposibles. Xa paga a pena só pola escena de persecución da galiña por toda a favela. Toda unha clase maxistral de fotografía, planificación e montaxe. Imprescindible. Andrés Castro García e manifestando algunhas das tendencias da que se deu en chamar xeración dos 80, unha etiqueta impugnada en ocasións polo autor e que sen dúbida merecería unha revisión, particularmente en canto se entende como tallo cronolóxico en oposición á posterior xeración dos 90. Porén, sexa como for, o pulso das referencias cultas, o coidado formal (con atención especial a un ritmo moi ben conseguido) e o ton levemente decadentista non fan outra cousa que evocar as características máis destacábeis dun tipo de poética moi común nas persoas desa promoción. Ao mesmo tempo, a aposta por metáforas moi visuais, e que xogan a carta do seu persoal preciosismo, segue a ser unha marca distintiva do autor. Na temática, a tentativa de facer unha recompilación dos días pasados, algo que non deixa de ser unha forma de reflexionar tamén sobre o tempo e, por tanto, sobre a fugacidade da existencia. Unha vontade declarada dende o primeiro poema: Quen escriba a súa memoria sentirá como un afán/ Por dar conta do seu eco/ E tecer os novos lances da súa lenda,/ Por abrir contra o solpor ese espello regalado,/ Reverter o raio cego para o fondo do universo. Unha intención na que, como vemos, brilla a transcendencia que van cobrando os momentos fugaces tomados das lembranzas do autor, das vellas fotografías e do eco dos seus pasos polas vellas cidades onde, nalgún momento, transcorreu a Historia. Todos eses elementos, salvados para o pulo sideral do acontecer do destino de perderse para sempre entre as infinitas sementes do tempo. Mario Regueira cultura 35 Quinta feira, 2 de outubro. Nº 116 Carme Vidal Imaxe: SG Cando se abre o Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa a sensación é a de estar diante dun traballo de moito tempo. Desde hai anos estou centrado no estudo lingüístico-filolóxico das cantigas medievais, un monumento literario da nosa historia e do occidente europeo. Trátase da nosa carta de presentación inicial do século XIII e XIV. As cantigas foron sempre estudadas desde Portugal e Italia mentres a dimensión de investigacións desde Galiza eran reducidas. Algúns eruditos como Xosé Luís Méndez Ferrín, Cotarelo Valledor ou Filgueira Valverde achegáronse a súa edición ou investigación con mellor ou peor sorte mais a erudición portuguesa e a escola italiana impuxéronse no seu estudo. Que relevancia ten entón achegarse ás cantigas medievais desde unha visión galega? Estou convencido de que cando os galegos nos achegamos ao noso patrimonio medieval lemos os textos doutra maneira porque forman parte de nós, non é pasto filolóxico, é o noso pasado, o que falaban os nosos devanceiros. Nesa liña de dedicación é na que compre situar este proxecto. Desde a Galiza non nos achegamos a estes textos como arqueoloxía. Son os nosos clásicos e temos que reivindicalos, actualizalos e interpretalos desde nós mesmos. Manuel Ferreiro profesor e investigador “A autoestima é fundamental para unha nación e as cantigas medievais poden contribuír a elevala” Se o Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa fose publicado en papel andaría polas cinco mil páxinas. A través da páxina web (http://glossa.illa.udc. es/) móstrase o monumental traballo desenvolvido pola equipa de investigación dirixida polo profesor da Universidade da Coruña, Manuel Ferreiro, que vén de gañar o premio Concepción Arenal de investigación. tura galega. Non concibo un autor ou autora de hoxe que non teña lido a Rosalía, a Pondal, a Curros ou as principais mostras da nosa literatura medieval. Somos o que fomos. Está moi ben o contacto con todas as culturas do mundo, mais antes que nada temos que mirar para nós mesmos, para a nosa tradición. Cada vez que rehabilitamos unha forma correcta e eliminamos un castelanismo moi probabelmente estamos a utilizar unha palabra que aparece xa nos textos do século XIII. Lelos e recorrer a eles só pode traer beneficios para a lingua e para a escrita. Que supón a publicación deste dicionario do léxico das cantigas? Detrás hai toda unha prehistoria importante. O texto das nosas cantigas foi transmitido por manuscritos e a lectura é diferente segundo quen a faga. De aí tamén a importancia deste traballo. Onde un filólogo le unha palabra outro le outra. Non é como coa imprenta, que non hai dúbida da interpretación. Para este traballo collemos todos os textos, revisáronse todos os manuscritos e todas as lecturas que fixeron os diversos editores desde 1900 até hoxe, confrontáronse as máis importantes edicións de texto. Revisei e corrixín millares de lecturas que considero que estaban erradas e a partir de aí organizouse un glosario convencional mais que é exhaustivo, non deixa fóra ningún contexto. Non fai só relación de palabras e aparicións senón que en cada unha distínguense acepcións e usos, locucións, construcións, rexencias... un traballo complexo. Calquera persoa que investigue ou calquera persoa con interese pode consultar calquera palabra dado que é accesíbel na páxina web. Polo que di, será unha ferramenta útil para futuras edicións? Considero que pode ser un material de consulta para unha futura edición, alén de poñelo a disposición dos galegos e galegas ademais de contribuír a traballar con máis seguranza na fixación dos textos dos nosos devanceiros. Ao noso ver era tamén a única maneira de publicar o traballo. Se fose en papel andaría arredor das cinco mil páxinas co que a súa difusión noutro soporte sería moi difícil. Suporá tamén unha nova plataforma pa- De que nos fala ese léxico da lingua dos cancioneiros? Ademais de que os sentimentos expresados son os de hoxe, que senten e padecen polas mesmas cousas, se nos achegamos sen prexuízos comprobamos tamén que falaban coma agora. Mesmo as palabras consideradas nesta altura como obscenas están xa todas neses textos. En especial nas cantigas de escarnio e nas de amigo atopamos unha lingua rica, variada e expresiva. Naceron na Galiza histórica que chegaba ao río Douro e representan o que era unha unidade lingüística obvia e indiscutíbel que existiu até finais do século XIV mais que a deriva histórica levou a se separaren, Portugal independente e Galiza sometida a Castela primeiro e logo a España. ra a difusión das cantigas, á maneira da da Universidade de Lisboa ou da do Centro Ramón Piñeiro? A plataforma é un instrumento posto ao servizo dos investigadores e de quen se queira achegar. Internet fai que moitos resultados das investigacións se podan difundir con rapidez e se democraticen e nós temos a obriga de devolverlle á sociedade o que ten investido en nós. A páxina da Universidade de Lisboa inclúe as imaxes dos manuscritos ademais de informacións relacionadas coa música ou aspectos literarios. A do Ramón Piñeiro é máis erudita, inclúe os textos e ferramentas de tipo técnico. Xunto co Glosario constitúen, ao meu ver, as tres páxinas máis relevantes de difusión das nosas cantigas. No equipo da Universidade Nova de Lisboa sorprende ver nomes como o de Nuno Júdice, escritor consagrado na actualidade. A nova literatura ten que ser debedora da riqueza das cantigas? Son dos que penso que escritores e escritoras teñen que beber da tradición e a primeira son as cantigas que son os primordios da litera- Da mesma maneira que desde o nacionalismo se reivindicou o Reino de Galiza, compre defender as cantigas como expresión literaria para a construción nacional? É unha das glorias nacionais e, despois da provenzal, en todo o occidente europeo a lírica máis importante era a nosa. Nesa altura, na Península, foi a única escola lírica. Son un patrimonio indiscutíbel, non só de Galiza senón tamén de Portugal. Compre convencelos de que teñen que mirar máis para o norte e nós tamén máis para o sur. As cantigas son a expresión máis brillante do Reino de Galiza. Desde o punto de vista nacional é fundamental a autoestima e as cantigas poden contribuír a elevala. 36 cultura Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 PASATEMPOS xoán costa 1 Encrucillado Horizontal 1. Fidelidade, sinceridade. 2. O mesmo que fento. 3. Ao revés, preposición ~ Acedo ~ A parte ancha do remo. 4. Xabón líquido para o baño ~ Resentemento arraigado. 5. Toma por modelo ~ Letra. 6. Capa sólida que se forma sobre o leite ~ Desequilibrada. 7. Apropiado, adecuado ~ Ao revés, entrada do mar na terra pola desembocadura dun río. 8. Pronome persoal ~ Un bairro de Vigo ~ Carta da baralla. 9. Pretérito de caber. 10. Teñamos. 2 FUTOSHIKI 3 4 5 6 7 8 9 10 1 Futoshiki é un pasatempo lóxico numérico. Consta de un cadrado con números nalgunhas casas e os signos "<" e ">" entre estas que indican a correlación de números adxacentes. O xogo resólvese enchendo as celas libre con números de xeito que non se repitan os números na mesma fila e columna . 2 3 4 5 6 7 8 9 Vertical 1. Legal, lícito. 2. Pasado de moda. 3. Ao 10 revés, símbolo de ferro ~ Adiviñeino, interpreteino ~ Contracción. 4. Institutriz ~ Puntos. 5. Realiza un legrado ~ Estados Unidos 6. Contará ~ Parroquia de Ortigueira. 7. Lugar público da Grecia antiga dedicado á deusa Palas Atenea, onde se lían obras literarias ~ Ao revés, período de trinta días. 8. Sentimento de pena, compaixón. ~ Que non está cocida ~ Lazo que ao tirar se apreta máis. 9. Filla de Catón Uticense. 10. Sentir mareo. kendoku como se xoga: Para o resolver é necesario poñer os números en cada cela, de tal xeito que cada fila e columna conteñan os números de 1 a 5. Cada dominio (o que vai en trazo máis groso) contén unha información consistente nun número e un dos símbolos matemáticos ( + x - /) O número é o resultado da aplicación da operación matemática representada polo símbolo para os díxitos contidos dentro do dominio. Solucións. Horizontal: 1. lealdade. 2. fieito. 3. ed ~ agre ~ pa. 4. xel ~ rancor. 5. imita ~ erre. 6. tona ~ louca. 7. idóneo ~ air. 8. me ~ teis ~ as. 9. couben. 10. posuamos. Vertical: 1. lexítimo. 2. demodé. 3. ef ~ lino ~ co. 4. aia ~ tantos. 5. legra ~ eeuu. 6. dira ~ loiba. 7. ateneo ~ sem. 8. do ~ crúa ~ no. 9. porcia. 10. marearse. sudoku como se xoga: Encha todas as casas con números de 1 a 9 sen que se repita o mesmo número .... na mesma fila .... na mesma coluna .... na mesma cela de tres por tres (as que están marcadas con liñas máis grosas) crítica de música A dança dos moscas – Caxade O pasado ano saía a A Dança dos moscas, de Caxade. De feito, o mesmo Alonso Caxade facíase co Premio Opinión na categoría ao mellor artista na súa última edición. Deste estupendo acordeonista, posuidor dun estilo inconfundible, xa sabiamos da súa fantástica musicalidade, mais non me estraña que, a modo de premio revelación, conseguise ser proclamado o mellor artista do ano da música galega. Este disco propio sorprende pola súa orixinalidade. Cun estilo calcado ao do grupo Beirut -non é aquí onde reside o novidoso-, consegue introducilo con grande mestría na música galega. A maiores da voz (de afinación mellorable, pero con moitas posibilidades e boa materia prima) e acordeón do líder, escoitamos unhas percusións -Xosé Tunhas- acústicas dun gusto e elegancia sen comparación. Ademais, como é carac- A dança dos moscas Caxade Edita: Discos da Máquina terístico no “estilo Beirut”, hai un alto protagonismo dos ventos: bombardino a cargo de Manu Espinho e, para rematar, temos ao trompetista máis cotizado da música galega, Manuel Paino, capaz de facer xogos incribles de improvisación. Con esta tímbrica tan diferente, tamén os arranxos o son. As melodías popeiras non son nada complexas, pois estaría de máis ante a carga tan fonda de harmonías e rítmicas, que levan o protagonismo do discurso. Se teño que recomendarvos encarecidamente que merquedes un dos últimos discos para a vosa estantería, sería este, sen dúbida. Pero ollo, porque as letras non son aptas para conformistas que miran a situación do país ao seu redor e non teñen gañas de berrarlle a quen Caxade chama “Gente Pota”. Con esta alta carga de reivindicación nas letras, que remata co tema “Foliom da rebeliom”, e pasando pola preciosa peza “Amélia” onde se conxuga á perfección este novo estilo de tímbricas diferentes co noso sentir galego, todo remata cunha presentación, a cargo de Logoferoz e Ariel Ninas, do máis surrealista e atractiva: como podemos imaxinar polo título, unha mosca bailando na capa e contra- capa non debería xa sorprendernos. Ogallá este fascinante camiño aberto por Caxade se siga na nosa música e poidamos viaxar por outros roteiros para saír da monotonía musical... e vital. “Nom tenho mais que che pedir que nom fales por mim, o que ti dis que me convem non é mais que o teu interesse; recortas-me as mãos, recortas-me os pés, nom me quitarás a palavra”. ”. Olga Brañas Quinta feira, 2 de outubro. Nº 116 cultura okapi no courel 37 Unha torta galega para o cincuenta aniversario de Mafalda Con cincuenta anos, Mafalda sigue igual de contestataria. Apagamos con sotaque galego as velas polo seu aniversario. Carme Vidal Imaxes: SG Mafalda cumpre cincuenta anos e a celebración conmemórase en todo o mundo. Exposicións, reedicións e homenaxes festexan á irreverente e antisopeira cativa ideada por Quino, de maneira especial no seu Bos Aires natal mais tamén na Galiza onde nos achegamos a catro persoas que teñen moito a dicir da súa relación coa rebelde nena. “Mama, que che gustaría ser se viviras?” espétalle Mafalda nun cadriño no que a súa nai súa ao facer a colada. Intervencións como estas déronlle á personaxe merecida sona de feminista e certo é que numerosas son as ocasións nas que cuestiona nas tiras a discriminación das mulleres, en especial, desde a crítica do papel de “ama de casa” que reflicte na súa propia nai. Razón esta para que a revista feminista Festa da Palabra, dirixida por Mª Xosé Queizán, decidira seleccionar varias das tiras e ao seu autor Quino para o número especial dedicado a “Os feministas”. “O autor proxecta a súa personalidade a través das personaxes. A visión crítica da familia que ten Mafalda, da organización social tradicional fan dela unha figura a reivindicar. Ría, por exemplo, da súa amiga Susanita e da súa aspiración a unha familia convencional. Ademais, os temas que trata son de total actualidade. ”, defende Mónica Bar, da equipa da Festa da Palabra, arredor do recoñecemento do autor na súa condición de home “feminista”. Que relación ten o investigador e escritor Ramón Reimunde, especialista entre outros en Leiras Pulpeiro, con Mafalda? Pois é, xunto con Xoán Ramón Díaz o tradutor das tiras que saíron publicadas en galego. Era o 1983 e a libraría Souto de Lugo foi a que levou a iniciativa de publicar os famosos volumes alongados na nosa lingua. Nin Reimunde o ten moi claro mais coida que deberon saír como tres daqueles cadernos hoxe xa fóra da circulación. “Colliamos os debuxos de Quino nos escribiamos os textos nos bocadillos. Eramos moi respectuosos co autor mais tamén faciamos algunha cousa da nosa parte como, por exemplo, unha homenaxe a Castelao”, lembra Reimunde. E por que traducir Mafalda? “Pois porque naquel tempo queriamos que en galego houbera de todo. Daquela empregaramos a normativa de mínimos”, explica o tradutor quen mostra tamén a súa querencia por aquela “nena contestataria e atrevida cunha filosofía crítica que era tamén moi acaída para levar ás aulas”. manoliño como estigma Os volumes traducidos por Reimunde e Díaz remataban co debuxo de Manoliño, o fillo de galego comerciante, que indicaba os datos técnicos da publicación, a data de remate de impresión, por exemplo. Foi precisamente ese personaxe o que saturou no seu momento a Enrique Albor no seu Bos Aires natal. Fillo de galegos mais nacido en Arxentina onde pasou a súa infancia e mocidade non tarda en definir que durante aquel tempo a imaxe de Manoliño foi para el “un estigma”. “O personaxe perseguiume durante toda a vida. O curioso, e que case non se sabe, é que Quino -de orixe andaluz anarquistase inspirara no fillo dun taberneiro dun bar ao que ía ao que chamaban galego -como facían coa maior parte dos españois- era realmente de Soria e cando se lle acababan os dedos das mans contaba cos dos pés”, explica Albor, daquel personaxe real no que se inspiraba Manolito, o amigo de Mafalda. “Ao meu ver máis unha vez os prexuízos que hai contra os galegos. Para un arxentino medio era o paradigma do fillo do galego, que nunca estudaba literatura senón economía e só fai mirar polos cartos, un modelo que non se corresponde coa realidade”, comenta Enrique Albor que, curiosamente traballou distribuíndo libros para o primeiro selo editorial que publicou Mafalda. “mafaldistas” confesas O que non faltan son “mafaldistas” confesas, lectoras que gozan e recomendan as tiras e a sagacidade da protagonista que pode remexer a moit@s no seu asento. Unha delas é a profesora e escritora Goretti Sanmartín que é quen de contaxiar o gusto pola obra de Quino ao seu entorno. “Para min, Mafalda fai que levemos mellor as nosas contradicións. Paralízanos chamando á reflexión ao tempo que consegue que nos riamos de nós mesmas. Todo un luxo de nena provocadora que mete o dedo nunha ferida que non somos quen de cerrar”, coméntanos co entusiasmo co que defende a Mafalda. Da mesma promoción e compañeira de estudos é a escritora Marga do Val que compartiu con Goretti o gusto pola nena rebelde e visitou os lugares de Mafalda na súa visita a Bos Aires. “Sempre tiven claro que a miña xeración estaba marcada, nacemos coa OLP, coa UPG e cando Mafalda comezou a falar.... Mafalda está comigo desde a mocidade, non apareceu na miña infancia como Pippi Langstrump, mais coma ela segue habitar os meus días. Mafalda é a nena, como Pippi, que levamos dentro... Vai crecendo coma nós e os seus argumentos seguen sendo definitivos, rotundos, revolucionarios” explica Marga do Val para quen algunhas das frases de Mafalda abondan para “rematar coa fantasía sofisticada dos superheroes americanos”. “Que paren o mundo que me baixo”, é, posibelmente unha das máis famosas e repetidas, a visión crítica dun estado de cousas contra o que a nena se revoltaba. 38 cultura axenda Quinta feira, 2 de outubro de 2014. Nº 116 as citas da cultura de gz coordEna: iria vilar ribadeo Teatro. MENÚ DO DIA. Domingo 5 de outubro ás 20:30 no auditorio Hernán Naval. allariz Exposición. FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS. Até o 30 de novembro. Exposición. NARCISO CORRAL. Do 27 de setembro ao 12 de outubro na sala A Fábrica. Música. DOA. Domingo 5 de outubro ás 19:00 na igrexa de Santa Mariña de Augas Santas. Exposición. XAPÓN ANTES E DESPOIS DE 3/11. Do 3 de outubro ao 2 de novembro na Fundación Vicente Risco. lugo betanzos Música infantil. PACO NOGUEIRAS. Sábado 4 de outubro ás 12:00 na libraría Biblos. vilar de santos Música. SERGIO TANNUS TRIO. Sexta feira 3 de outubro ás 21:30 na Arca de Noé. carral Exposición. AS MARIÑAS DE NUNCA XAMAIS DE LUIS GALÁN. Até o 12 de outubro no edificio social Toñito Espiñeira oroso Música. 51 NOITES DE TASCA. Sexta feira 3 de outubro ás 21:30 na cafetería Che en Sigüeiro. Actuacións de “O Ghusto do Boi” e “Néboas do Cumio” e despois foliada. gondomar Exposición. CALENDOSCOPIO DE VICENTE PREGO. Até o 21 de novembro na Aula de cultura Ponte de Rosas. Audiovisual. O MEU NOME É LUIS “FERREIRO”. UNHA HISTORIA DO ANTIFRANQUISMO GALEGO. Cuarta feira 8 de outubro ás 20:30 na Aula de cultura Ponte de Rosas. oleiros Teatro. “MEU BEN” DA COMPAÑÍA EME2. Sábado 4 de outubro ás 20:30 no Auditorio Gabriel García Márquez. Exposición. IDENTIDADES E LATEXOS. PAULA NOYA. Até o 12 de outubro no Refectorio do museo provincial. Exposición. BARRIGA VERDE, DE FEIRA EN FEIRA. Até o 15 de outubro na sala de exposicións do Pazo de San Marcos. Festival. IV FESTIVAL DE NOSO. Sexta feira 3 de outubro ás 22:00 nos xardíns do museo. Concertos de “O Sonoro Maxín” e “Familia Caamagno”. Exposición. TECIDO NO TEMPO. Até o 15 de outubro no Museo interactivo de Lugo. Música. SES. Sábado 4 de outubro ás 23:00 na Praza da Horta do seminario. Música. MARFUL. Cuarta feira 8 de outubro as 20:00 na Praza de Santa María. Música. EN CLAVE DE FADO. 9 de outubro ás 21:00 no patio do seminario. compostela Exposición. ELAS SEMPRE ESTÁN. ELISA GIANNI. Até o 26 de outubro no Museo do Pobo Galego. Títeres. GALICREQUES. Até o 5 de outubro en diferentes espazos da cidade. Programa completo en: www.galicreques.com Teatro. TEMPESTADE da COMPAÑÍA VOADORA. Quinta feira 2 e sexta feira 3 de outubro ás 20:30 e o domingo 5 ás 18:00 no salón teatro. Música. GARCÍA MC. Quinta feira 2 de outubro ás 22:00 no pub Ultramarinos. Música. OS NOVOS+BARBITÚRICOS. 3 de outubro ás 22:00 no C.S O Pichel. Música. XARDÍN DESORDENADO. Sábado 4 de outubro ás 19:00 na Biblioteca e arquivo de Galiza na Cidade da cultura. Música. NAO. Sábado 4 de outubro ás 13:00 na Praza do Toural. Audiovisual. CURTOCIRCUÍTO 2014. Do 6 ao 11 de outubro en diversos espazos da cidade. Programa completo en www.curtocircuito.org Convocatorias I CERTAME XUVENIL DE TEATRO AFECCIONADO DE CULLEREDO XI CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá convoca este certame literario ao que poderá concorrer calquera persoa que presente os seus textos en galego ou catalán, linguas obxecto de promoción deste certame. Os orixinais deberán presentarse antes do 15 de Outubro. Premio está dotado con 500 euros. Bases: emigracion.xunta.es XXVIII CERTAME DE POESÍA EN LINGUA GALEGA "ROSALÍA DE CASTRO" A A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá tamén organiza este certame de poesía no que se poderán presentar textos escritos en lingua galega de mínimo trinta e máximo cen versos. O prazo remata tamén o 15 de Outubro e este certame conta con tres premios de 500, 300 e 200 euros. Bases: emigracion.xunta.es PREMIO CORUÑAFILM Co obxectivo de difundir o patrimonio audiovisual galego, o Premio CoruñaFilm recoñecerá a mellor cortometraxe dirixida por un autor galego. O premio ten unha dotación de 600 euros e o prazo de presentación dos cortometraxes finaliza o 21 de Outubro. Mais información: www. coruna.es/centroagora. XV PREMIOS VIADUTOS DE RELATOS CURTOS O Concello de Redondela organiza estes premios no que poderán participar todos os autores e autoras con idades entre dezaoito e trinta e cinco anos que presenten unha obra escrita en lingua galega. O prazo de admisión das obras rematará o día 10 de Novembro. Estabelécese un rianxo Exposición. H2O...BOTAR AUGA NO MAR. Do 3 ao 25 de outubro no Auditorio. Teatro.”MISIÓN SAPIENS” DA COMPAÑÍA MALASOMBRA. Sexta feira 3 de outubro ás 21:00 no Auditorio. Teatro infantil. CONTACONTOS: “O SOÑO DO RATO”. Sábado 4 de outubro ás 12:00 na Biblioteca municipal Castelao. valdomiño Música. IV FESTIVAL DE CANTAREIRAS MESTURA. Sábado 4 de outubro ás 18:30 no local social da A.VV de Meirás. Actuacións de: ”Raíces combinadas de Limiñoa”, “A.C Maghúa”, “Cantareiras de colexiata do Sar”, “Pandereteiras de A.C. Rosalía de Castro”, “Cantareiras Mestura”. primeiro premio dotado con 1.200 euros e un segundo con 600 euros. Máis información na web: www. redondela.es PREMIO ESTORNELA DE TEATRO PARA NENOS Coa finalidade de estimular a creación teatral, a Fundación Xosé Neira Vilas convoca este premio literario no que poderán participar todas as persoas que o desexen con textos inéditos escritos en galego. O prazo de admisión de orixinais remata o 30 de Outubro. O premio ten unha dotación económica de 600 euros e as bases pódense consultar en: www. fundacionxoseneiravilas.com Quinta feira, 2 de outubro. Nº 116 25 axenda cultura 39 Contacta con nós en [email protected] pontevedra Exposición. ÉRASE UNHA VEZ...A FALA!. Até o 21 de outubro na carpa instalada na Praza de España. Exposición. PARÁBOLAS E OUTRAS SOMBRAS do fotógrafo Xosé Manuel Otero Castro. Inauguración a sexta feira 3 ás 20:00 e até o 31 de outubro no salón de actos da fundación Alexandre Bóveda. Música. OSCAR IBAÑEZ E TRIBO. Sexta feira 3 de outubro ás 21:00 no Teatro Principal. Música. BMP. CONCERTO SYMPHONIC INTERCONTINENTAL. Quinta feira 2 de outubro ás 21:00 no Teatro principal. Audiovisual. CICLO QUEN MOVE OS FÍOS?: ELECTION. Sexta feira 3 de outubro ás 19:30 na Casa das Campás. Exposición. “A PORTA DO NORTE” DE ROSA NEUTRO. Até o 16 de novembro no Pazo da Cultura. Exposición. NA BEIRA DO RÍO. DIÁLOGOS NA PINTURA. Até o 16 de novembro no Pazo da cultura. moaña Varios. VARIETÉ D’CLO CLÓ. Da sexta feira 3 ao domingo 5 de outubro en diversos espazos do concello. A sexta feira 3 no auditorio da Quintela ás 16:00, presentación da varieté. O sábado no skatepark das 12:00 ás 18:00, obradoiros, e ás 22:00, concertos de “Boom Box”, “Showcase Fiah-Oh” e “Hadri Hache Dj”. O domingo no palco da música ás 12:30 pasarrúas coa “Treboada do ghato”, “Danzantes de Cobas”, “Os Carballeiras”. Ás 13:30 Floki jam no skatepark. Ás 18:30 no palco da música Gala Spectacular con: “Moito Morro Teatro”, “Escola de danza Inés Núñez”, “Andrés Juncal & Joel”, “Cristina Díaz de Espada e Budiño”, Natalia Iglesias”, “Assircópatas”, “Mago Berto”, “Trio Trezklowski”, “Ardora”. carballo Teatro. FIOT 2014. Do 3 de outubro ao 1 de novembro. Programación completa en www.fiot.org Teatro. XVI RÚA DOS CONTOS. Domingo 5 de outubro ás 21:00 na Barra Bar “Bacana: Batman e Bobyn, a revolta das cloacas” e ás 22:30 no Boulevard Musicafé “Isabel Risco: As aventuras de nabiza girl e a súa sobriña”. vigo Exposición. EIDOS DA IMAXE. GRAFÍAS DOS FEITOS E DO PENSAMENTO. Até o 12 de outubro no Marco. Exposición. AGOCHANDO PUDORES: A MUDA. Até o 15 de novembro na sala de exposicións temporais do Museo Liste-Cat. Música. CAMARADA NIMOY. Sábado 4 de outubro ás 22:30 na Pecera. Música infantil. AS MAMAIÑAS. Sábado 4 de outubro ás 18:00 na libraría Andel. Audiovisual. FERMOSA MOCIDADE. Cuarta feira 8 de outubro ás 20.30 no Auditorio. a coruña Títeres. II FESTIVAL INTERNACIONAL DE MONICREQUES DA CORUÑA. Da sexta feira 3 ao domingo 5 de outubro na sala Gurugú. A sexta feira ás 19:00 “O meu amor é un colador” de Chachakun. O sábado ás 19:00 Viktor Antonov (Rusia) “Circus on the strings”, o domingo ás 19:00 - Teatro a Estrela (Valencia) “Os músicos de Bremen”. Música infantil. VAI SER BOA! DE MIGALLAS TEATRO. 5 de outubro ás 18:00 no Auditorio do Fórum metropolitano. Música. X CICLO DE COROS GALEGOS HISTÓRICOS. Domingo 5 de outubro ás 19:00 no Teatro Rosalía Castro. Audiovisual. O DOCUMENTAL DO MES: DEMONSTRATION. Terza feira 7 de outubro ás 20:00 no Centro Ágora. Audiovisual. O RESPLANDOR DAS ATOCHAS. Terza feira 7 de outubro ás 19:00 no Centro Cívico San Diego. Exposición. MANUEL RODRIGUEZ LÓPEZ: EMIGRANTE GALEGO, POETA OBREIRO. Até o 7 de outubro na Biblioteca Miguel González Garcés. Audiovisual. OFF GALICIA. Sábado 4 de outubro ás 18:00 no CGAI. muros Teatro. ULTRANOITE NO PAÍS DOS ANANOS. Sábado 4 de outubro ás 21:30 no Centro Cultural e Xuvenil. ferrol Audiovisual. LA CARRETERA. Terza feira 7 de outubro ás 19:30 no Ateneo Ferrolán. Exposición. 12 OLLOS 24 MIRADAS. Até o 31 de outubro no Ateneo Ferrolán. Teatro. PRESENTACIÓN RADIO TEATRO “A GUERRA DOS MUNDOS”. Quinta feira 9 de outubro ás 20:00 no Ateneo Ferrolán. Música. ULTRAQÄNS. Sábado 4 de outubro ás 22:00 na Fundaçom Artabria. O BARCO DE VALDEORRAS Teatro. DA VINCI TIÑA RAZÓN!. Sexta feira 3 de outubro ás 21:00 no Teatro Laura Olmo. narón Música. MILLADOIRO+TREIXADURA. Quinta feira 2 de outubro ás 20:30 no Pazo da Cultura. Teatro. NOITES DE RETRANCA: CANDIDO PAZÓ+CELSO SANMARTÍN+CARLOS BLANCO. Sábado 4 de outubro ás 20:00 no Pazo da cultura. boiro Teatro. “MARTES” DE BAOBAB TEATRO. Sexta feira 3 de outubro ás 20:00 na Casa da cultura. tomiño Teatro. SEDE DE MAL. Domingo 5 de outubro ás 20:00 na Casa da cultura. ourense Teatro infantil. “MARTES” DE BAOBAB TEATRO. Domingo 5 de outubro ás 12:00 no Auditorio. Teatro. AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS. Sexta feira 3 de outubro ás 20:30 no Teatro Principal. Director: Xosé Mexuto. Redacción e colaboradores: Carme Vidal, Olalla Rodil, X. M. Pinheiro, Belén Puñal, X.P. Igrexas, R.Suárez, Antón Escuredo e X.Lorenzo. Deseño e maquetación: Ángela Costas e María Sabarís. Enderezo Avenida de Lugo, 2-A. Entresollado A. Compostela. Correo-e [email protected] Teléfono 981 51 91 02 Edita Sermos Galiza S.A. Depósito legal C 955-2012 www.sermosgaliza.com Twitter @SermosGaliza Facebook sermosgaliza “Aumentan as vendas de libros nas pequenas librarías e baixan nos grandes almacéns” Rodri Suárez Imaxe: cedida polos entrevistados Daniel R. Cao e Alberto Pombo donos do café-libraría linda rama Por desgraza, a tendencia é ao seus peches, pero tamén hai novas en sentido inverso, máis feliz. Por exemplo, vén de abrir na Cidade Vella da Coruña unha nova libraría, neste caso algo distinta ao incorporar local de hostalaría e especializarse en ensaio. Sermos Galiza conversou cos seus responsábeis, o politicólogo Daniel Rodríguez Cao e o filólogo Alberto Pombo. É Como sae a idea de combinar café e libraría? Ambos somos ávidos lectores e, porén, ás veces encontrabamos que a algunhas librarías lles faltaba ese punto de espazo de encontro social. E tamén queriamos romper coa seriedade que tradicionalmente caracteriza este tipo de lugares. Algún local que lles inspirara? Manexamos diversos e moi interesantes referentes: Centésima Página en Braga, Ler Devagar en Lisboa, Tipos Infames en Madrid e outras. O ingrediente que nós achegamos foi a aposta polo espazo cultural. Era preciso termos un lugar para o traballo cooperativo, para realizar exposicións, para proxectarmos filmes, para realizarmos concertos... Nun momento de crise salvaxe, fálase moito de e“ mprendemento”, en moitos casos confundíndose coa auto-precarización ou co último recurso laboral. Como chegan vostedes a montar Linda Rama? Linda Rama aparece nun momento de desemprego e precariedade nas nosas vidas en que as perspectivas laborais, dentro das nosas especializacións académicas, non parecían unha alternativa a curto prazo. Con todo, desde que lanzamos a hipótese até que abrimos as portas do local pasaron pouco mais de dous meses, e a razón é que por tras desta aventu- A propósito de Pessoa: O suxeito como arte ra xa había un espazo desexado por ambos desde había moito tempo. A súa aposta pasa por especializarse en ensaio, non? Atravesa un momento de alza ese xénero? Tamén na Galiza? A cuestión non é tanto do que está mais ou menos na moda, que é un carro que cambia de rumbo a cada pouco, como de gustos ou necesidades persoais. Ambos os dous levamos varios anos ligados ao mundo académico e da investigación por diferentes razóns e por diferentes vías sendo que, por isto, o noso consumo de libro de ensaio ten sido muito superior ao de outros xéneros. Isto transmitímolo agora a Linda Rama, pero aquí tamén cabe a poesía, a narrativa, o teatro, a banda deseñada, o libro infantil e xuvenil... Ten futuro o formato físico en papel? É un debate do que se fala desde hai xa anos e o que nos din os datos aos que temos acce- so é que o formato dixital e o de papel están a convivir sen grandes dramas. Mesmo no eurobarómetro de marzo de 2014 sobre hábitos de consumo cultural aprézase que, malia que as ventas decaian, aumenta de xeito exponencial o número de persoas que compran libro en formato papel única e exclusivamente en pequenas librarías, en detrimento dos grandes almacéns. Por que Linda Rama? Linda Rama é, como a xente saberá, unha cantiga popular do Além-Minho (“Oh rama, que linda rama, oh rama da oliveira”) que serviu de banda sonora a un momento da nosa amizade, pouco anterior á aparición do proxecto, cando convertidos nunha sorte de personaxes saídos da imaxinación de João César Monteiro colonizamos a madrugada lisboeta e encontramos o fin da noite cantando esta cantiga en rouca voz ao pé do mellor de cada casa. xisten xenios, segundo Heinz Kohut, capaces de mudar totalmente de personalidade en etapas avanzadas das súas vidas. Nun artista un cambio total de estilo equivale a un cambio de identidade. “Ao pasar dunha fase a outra, moitos dos máis grandes artistas revelan que neles desenvólvese unha loita por acadar formas sempre novas de identidade”. Sen creación, afirma Winnicott, non hai máis que supervivencia. Pretender que o pensamento sexa igual a un proceso de subxectivación resulta tan pouco frutífero e estúpido como intentar ver niso “un retorno ao suxeito”. Trátase da constitución de modos de existencia ou de posibilidades vitais. Non a existencia como suxeito, senón como obra de arte; e, nesta última fase, o pensamento é un pensamento-artista. Nietzsche devolve ao suxeito o seu papel de protagonista como artista; pero esta vez a todos os suxeitos, e non soamente ao “xenio”. Para Félix de Azúa a delicada posición das artes na teoría romántica foi aproveitada por Hegel para renovar a teoría platónica (a arte de ofrecer mentiras ou “necidades”), e rematar dese xeito coa arte, facendo das obras de arte meros documentos históricos dunha verdade social ou nacional. A máscara da arte ofrecida como a mentira que anuncia a verdade profunda do ser que quere ser en aquel que se oculta, e polo tanto no agocho aparecerá tal como é: a pluralidade do ser: Deus nâo tem unidade, Como a terei eu? (F. Pessoa) Fidel Vidal Escritor