Audiovisual nas aulas

Transcription

Audiovisual nas aulas
Martes, 7 de marzo de 2006 • Número: 126
Audiovisual nas aulas
Os alumnos galegos participarán en cursos de iniciación á televisión, á animación e ao audiovisual
Redacción
VIGO
A
o redor de 60 centros
galegos de Educación
Infantil, Secundaria e Bacharelato participarán este ano no
proxecto Audiovisual nas Aulas “Au2005” que introduce
como principal novidade unha
terceira fase denominada Iniciación á Televisión. A conselleira de Educación, Laura
Sánchez Piñón, e o presidente
do Consorcio Audiovisual de
Galicia e secretario xeral de
Comunicación, Fernando Salgado, presentaron a iniciativa.
Audiovisual nas Aulas pretende formar a alumnos de Primaria, Secundaria e Bacharelato nas claves da linguaxe audiovisual en galego.
Na presentación, Laura
Sánchez Piñón destacou a crecente necesidade de “introducir a disciplina audiovisual nas
diferentes etapas do ensino
público”, coa conseguinte implicación do sector audiovisual. Referíndose ao proxecto
presentado, a conselleira de
Educación confía en que Galicia se converterá nun referente estatal e subliñou que o
principal é formar a estudantes responsables.
O proxecto Audiovisual nas
Aulas púxose en marcha en
2003 e estará presente en preto de 60 centros galegos que
participarán nas distintas fases do proxecto: iniciación á
televisión; á
animación e
ao audiovisual.
Iniciación á
televisión é a
nova fase do
proxecto
e
aplicarase nos
centros que
xa participaron nas dúas
primeiras edicións. Pretende ensinar aos nenos a ver televisión, xa que é o medio de
comunicación maioritario na
sociedade, sobre todo entre os
menores. Esta nova fase consiste na edición de unidades
RAFA VÁZQUEZ
Alumnos universitarios de Audiovisuais realizando prácticas na súa facultade do campus de Pontevedra.
didácticas, que se distribuirán
a todos os alumnos; a edición
dun póster didáctico; monitores especializados, un por cada centro; e demostracións
prácticas no
centro en colaboración
coa CRTVG.
Iniciación á
animación foi
a grande novidade da anterior edición e
tivo carácter
pioneiro en
España, aproveitando
o
prometedor
desenvolvemento que este
sector audiovisual está a ter
en Galicia. Neste curso aplicarase nos 28 centros. O seu obxectivo principal é dar a coñecer ao alumnado o notable de-
Preténdese
formar nas
claves da
linguaxe
audiovisual
■
senvolvemento da animación
audiovisual, a través de varias
empresas do sector que colaborarán na campaña achegando profesionais e materiais
para amosar aos alumnos participantes. Os alumnos desta
fase participarán nun taller de
animación, no que producirán
unha pequena peza de entre
15 e 30 segundos.
Iniciación ao audiovisual
consistirá na edición de unidades didácticas; edición de
dous pósteres coas nocións
básicas da linguaxe audiovisual; elaboración dun DVD didáctico como apoio ás unidades didácticas; monitores especializados, un por cada dous
ou tres centros; unha proxección cinematográfica en sala
de cine; visita ás instalacións
de TVG; visitas a unha rodaxe
ou a un plató de televisión.
Celebramo-lo Entroido
Numerosos centros escolares galegos presentáronnos as
súas actividades de Entroido. Fixemos unha escolma das
máis orixinias. Páxinas 2 a 6
COORDINA: MARISA REBOIRAS ■ DEBUXOS: Javier Aguilera ■ PÓSTER: Luis Davila ■ CORRESPONDENCIA: A ESCOLA DO FARO. FARO DE VIGO
C/ Uruguay, nº 10, 36201. Vigo ■ TELÉFONO: 986 23 65 59 Fax 986 81 46 51 y 986 23 65 59 ■ E-MAIL: [email protected] [email protected]
A Esc o la do Faro
2
FARO DE VIGO
Ti participas
Martes, 7 de marzo de 2006
Os alumnos do
Departamento
de Francés do
IES Daviña Rei
de Monforte
preséntannos o
seu traballo
IES DAVIÑA REI
O mural elaborado polos alumnos do departamento de francés do instituto de Monforte de Lemos.
Comparando os Entroidos
de Bélxica e Galicia
O
Redacción
VIGO
departamento
de
Francés do Instituto
de Ensino Secundario Daviña
Rei de Monforte de Lemos
(Lugo) está a desenvolver unha curiosa actividade enmarcada dentro das festividades
co gallo do Entroido, que estos días celebrouse en diversos puntos de España, Galicia
e, por suposto, da bisbarra de
Lemos.
A actividad, na que colaborou o departamento de Galego, ofrece
unha visión
comparativa
de elementos
típicos de dúas culturas.
Por un lado,
os da localidade belga de
Binche (Wallonie),con
detalles orixinais, e, por outro, o gallego,
sobradamente coñecido.
Para elo, coordinado polas
profesoras Laura Cereijido López e Soledad López Janeiro,
os alumnos de 1º e 3º curso
de ESO procederon a traballar
en dúas vías distintas, unha
relacionada coa lingua francesa e a cultura belga, e a outra,
directamente coa lingua e cultura da nosa autonomía.
Así, no que compete ao
apartado relacionado coa lin-
gua extranxeira que estudian
no seu centro escolar, os
alumnos do citado nivel académico confeccionaron un
moneco de tamaño natural
bautizado como “Le Gilles”.
Dende o século XVI, a cidade
belga de Binche (Wallonie)
festexa o seu celebre Entroido, no que a personaxe central é o “Gilles”.
“A súa orixe estaría nunha
festa organizada pola raiña
María de Hungría no ano
1549, co gallo da visita do seu
irmán o emperador Carlos V
ao seu castelo
de Binche. No
decurso desta
festa os invitados, disfrazados de Incas, eran chamamados
“Gils” e levaban postos
traxes procedentes de Perú”, explican
os responsables do departamento de
Francés do instituto monfortino.
O traballo
recolle a
tradición da
cidade belga
de Binche
O moneco
Os estudiantes confeccionaron dito moneco, procedendo igualmente a presentar información sobre a súa orixen,
historia e demáis datos en lingua francesa, como exercicio
de expresión escrita.
“Os Gilles salen únicamen-
IES DAVIÑA REI
A representación dun dos monecos da exposición do Entroido belga.
te na xornada do “Mardi
Gras”, equivalente en Galicia
ao martes de Entroido. Levan
a cabo dúas salidas: pola mañán, despois de haber bebido
unha copa de champagne, be-
bida oficial do Rei do Entroido, e haber desaiunado ostras, colócanse a súa máscara
e levan a cabo a ronda matinal.
Ás tres da tarde saen de
novo, esta vez con cadanseu
sombreiro de plumas de avestruz, cuio precio acada os
1.000 euros, armados con laranxas que lanzan contra as
persoas que saen ás rúas para
miralos e participar desta festa.
Como ser “Gilles”
“Para ser “Gilles”, hai que
ser obrigatoriamente home,
belga, natural de Binche ou
residir nesta vila ao longo de
cinco anos”, engaden os profesores organizadores desta actividad.
Para completa-la presencia
de tan curioso moneco, que
ofrece unha visión carnavalesca do norte de Europa, o
traballo dos alumnos tamén
se acompañou de diversa documentación na que figuran
igualmente apartados característicos desta festa tan popular en Galicia. Así hai referencias aos peliqueiros, as pantallas, os cigarróns, as filloas, a
gastronomía destas datas, etc.
A realización e exposición
de “Gilles” enmárcase nun
calendario de actividades que
organiza o Departamento de
Francés do instituto Daviña
Rei de Monforte ao longo do
presente curso escolar.
Traballos con cartas dirixidas aos alumnos doutros países e a realización dunha exposición de tarxetas navideñas en dita lingua foron os anteriores traballos. No presente
curso, na súa lista de actividades está a presentación de
diversos traballos comparativos a un concurso da Alcaldía
da capital de Francia, Paris; a
asistencia a unha representación dunha obra de teatro en
lingua francesa ou a representación de diversos “sketches”
no festival intercentros organizado polo Concello de Monforte de Lemos.
Martes, 7 de marzo de 2006
Unha orquestra de
instrumentos luminosos
3
Ti participas
A Esc o la do Faro
FARO DE VIGO
Os alumnos do Colexio Público Fonte Escura celebraron o Entroido
convertidos nun grupo musical baixo a batuta dunha luz negra
Redacción
VIGO
O
s nenos e nenas que estudian no Colexio de
Educación Infantil e Primaria
Fonte Escura de Vigo celebraron o seu Entroido dun xeito
moi orixinal.
Os alumnos do centro escolar foron preparando en días
anteriores a súa actuación,
porque decidiron, xunto cos
seus profesores, convertirse
nunha orquestra moi divertida. Eles crearon unha orquestra fluorescente.
Nenas e nenos, dirixidos
polos seus mestres, confeccionaron os seus instrumentos e
preparáronse para ofrecer un
concerto. A actuación estivo
dirixida por unha luz negra,
que foi a encargada de levar a
batuta deste concerto de Entroido. As fotos que acompañan a información desta páxi-
na deixa ben ás claras o bo
traballo realizado polos alumnos do CEIP Fonte Escura e o
éxito da súa iniciativa.
Eiquí pódense apreciar os
traxes conxuntados dos integrantes desta orixinal orquestra e tamén a fluorescencia
dos seus instrumentos musi-
cais.
O éxito desta experiencia
musical e didáctica tamén tivo
o seu premio. Escolares e profesores permitíronse celebralo
coa degustación de postres típicos destas datas de Entroido, nas instalacións do colexio
vigués.
4
A Esc o la do Faro
FARO DE
Martes, 7 de ma
DESFILE
DE MODA
OVOS
MULTICOLOR
XIZ DE CO
COMPLET
Hai pase de modelos
en Pontevedra
anunciando a moda
de primavera.
Ernestina, a galiña,
puxo un ovo na cociña.
Xiz de cor
para pintar de verde
a primavera que florece
Lévanse os vermellos,
azuis e violetas,
en saias e pantalóns.
Que elegancia! Que beleza!
Blusas raiadas,
de cor vermella,
visten as nenas
para ir de festa.
Todos as miran,
todos as contemplan
mentres desfilan
cal bolboretas.
Para no ser menos
locen os cabaleiros
camisas de seda
de orixinal diseño.
E elegantes eles,
e guapas elas,
enchen de colorido
toda a pasarela.
Colectivo 5ºB
Era grande e vermello
con raias e puntos negros
Chegou Critina , o avestruz
e puxo dous de cor azul
e o paspallás Voador,
tres con pintas marróns
Os de Bibí ,a cegoña,
tiñan todos manchas rosas
e os da oca Branquipasta
eran de cor laranxa.
Puxo ovos brancos e amarelos
Farrapiño, o parrulo pequeno.
e ata un enorme e dourado
Rapaures, o dinosaurio.
Tódolos peixes do estanque
puxeron ovos verdes ao instante.
Canto alboroto! Que avalancha!
Haberá rebaixas na granxa?
1ºA e 1ºB
de dourado
os bicos dos namorado
de amarelo
o limón e o pomelo,
de rosa
a flor máis fermosa,
de prateado
a sarabia dos prados,
de vermello
un corazón no espello
e de azul e de malva
a tranquilidade e maila
Cores escuras, cores c
para pintar doces palab
3ºB e
A Esc o la do Faro
E VIGO
arzo de 2006
O RECORDO DAS CORES
OR
TO
e,
os,
Desde a ventá do faiado podo ver a
paisaxe da miña aldea.Unha paisaxe que
cambia de cor, segundo o día e segundo a
estación.
Un día de verán, pola mañán cedo,
o ceo é azul, case transparente. Ó fondo,
as verdes montañas, salpicadas con
diminutas cores amarelas. A herba verde
clara , con flores vermellas, violetas,...como
se fosen sacadas dun cadro. E, moito máis
alá, divísase unha cor azul: é a cor do mar,
onde navegan barcos azuis, verdes,
laranxas... Ó solpor, o sol vólvese vermello
como se o sol estoupara.
Nun día de inverno mudan as cores.
O ceo vese gris, case negro. As árbores
mesturan o marrón e o amarelo, e a herba
é dun verde apagado. O mar parece negro,
só ten os tonos brancos que fai a escuma
das ondas ó bater contra as rochas.
A única cor que non cambia é a que
perdura na miña memoria: a cor branca do
pelo da miña nai.
Asun Vilas (Nai de dous alumnos)
calma.
laras
bras.
e 3ºA
5
A Esc o la do Faro
6
FARO DE VIGO
Martes, 7 de marzo de 2006
COLEXIO MONTERREY
Os alumnos de Infantil e Primaria divertíronse moito cos seus disfraces na festa que celebraron no Colexio Monterrey.
Entroido no
Monterrey
O
Sergio e Alejandro
C. MONTERREY
Colexio Monterrey de
Vigo celebrou o seu
Entroido dun xeito distinto a
anos anteriores. Sergio Martínez Nieto e Alejandro Polina
González, alumnos de 5º de
Primaria, convertéronse en redactores de A ESCOLA DO FARO para contarnos cómo pasaron estas festas.
“Este ano, os profes de Infantil puxeron un Meco no patio e cada día dábanos unha
orde que todos tíñamos que
cumprir. Un día tivemos que
levar un gorro e se non tiñas
na casa, debíamos facelo de
papel, e outro, tivemos que
acudir ao colexio en pixama
por orden do Meco. O venres
24 celebramos unha gran festa
de Entroido para a que tivemos que confeccionar e decorar máscaras e caretas para un
concurso que organizou a
Asociación de Pais”.
C. MONTERREY
Grupos de disfraces.
A Esc o la do Faro
FARO DE VIGO
7
Martes, 7 de marzo de 2006
Axenda
Visitas a FARO DE VIGO
LIBRO
RICARDO GROBAS
COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL (JESUITAS) DE VIGO ■ Alumnos de 2º de Primaria.
Nuevas
tecnologías
para la
Educación
Infantil y
Primaria
J. SIRAJ-BLATCHFORD
Colección Pedagogía:
Educación Infantil y Primaria.
Centro de Investigación y
Documentación Educativa y
Ediciones Morata. 202 Páxs.
MIGUEL NÚÑEZ
COLEXIO SAN FERMÍN DE VIGO ■ Alumnos de Primaria.
MIGUEL NÚÑEZ
COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL (JESUITAS) DE VIGO ■ Alumnos de Primaria.
Este libro de John Siraj-Blatchford, profesor
da facultade de Educación da Universidade de
Cambridge, ofrece modelos para crear recursos
educativos dirixidos a nenas e nenos de 4 a 8
anos, contando sempre
coa súa participación e
sobre a base das novas
tecnoloxías da información e a comunicación.
Os traballos que integran
este volumen tratan de
mellora-la comunicación
e a colaboración con nenas e nenos, estimula-la
creatividade e a resolución de problemas e a
prestar atención ás necesidades educativas especiais.
Este libro proporciona
un material valioso e único para o profesorado de
Infantil e Primaria, para
quenes se dedican a investigar o uso da tecnoloxía actual dirixida a estudiantes destas etapas
educativas, así como para os que traballan no deseño e desenvolvemento
de recursos didácticos.
A Esc o la do Faro
8
FARO DE VIGO
Eco-Escola
Martes, 7 de marzo de 2006
Redacción
VIGO
U
n novo informe elaborado pola organización
ecoloxista Greenpeace denuncia o baixo nivel de reciclaxe
do lixo que se xenera en España. Só se recupera o 11,5 por
cento; una cifra ínfima si se ten
en conta que prácticamente todolos residuos teñen o seu ciclo de tratamento. Pese a elo, o
88,5 por cento do lixo remata
ardendo nunha incineradora
ou nun vertedoiro. Neste contexto, a organización ecoloxista
exixe un Plan Nacional de Residuos que se base no modelo
de “residuo cero”.
O informe “A situación do lixo en España” elaborado con
datos do ano 2003 detalla que
o 48,9 por cento do lixo que se
xenera en España corresponde
a materia orgánica; o 18,5 por
cento é papel; o 11,7 por cento
é plástico e o 7,6 por cento, vidro.
Segundo lamentou a ponente do informe, Sara del Río, pese a que a materia orgánica podría compostarse, só 13 comunidades autónomas utilizan
esa fórmula e só dúas (Valencia e Murcia) aplicanna a máis
do cinco por cento dos seus residuos. A compostaxe é unha
técnica mediante a cal lixo como os restos de comida ou os
desperdicios de animais de
matadeiro convírtese nun valioso nutriente para o solo xa
que mellora as súas propiedades físicas, químicas e biolóxicas. Na mesma línea, Del Río
A reciclaxe de papel e de cartón está acadando bós resultados na comunidade galega.
Educar para acadar
o “residuo cero”
Casi o 90% do lixo acaba en vertedoiros ou incineradoras
denunciou que só o 4,2 por
cento dos briks e os plásticos
chega ás plantas de clasificación, das que en España hai
máis de 60.
Del Río denuncia que a recollida selectiva de lixo sigue
sendo “anecdótica” en España, posto que só cinco autonomías fanno con máis do dez
por cento do total dos seus residuos e tres recollen selectivamente menos do cinco por
cento. Para agravar máis a si-
tuación, os españois cada vez
producimos máis residuos.
Greenpeace estima que a cantidade de lixo que xenera cada
cidadán creceu un 29,35% en
dez anos ao pasar de 1,06 a
1,38 kilos.
Os españois producimos un
total de 21,4 millóns de toneladas de lixo, o que supón un aumento do 40 por cento respecto a 1996. A comunidade que
encabeza a lista é Andalucía, á
que corresponde un 17,8% do
Encontros sobre
conflictividade escolar
Redacción
VIGO
O
s XXI Encontros de Educación
para a Paz, que se celebrarán en
Santiago do 9 ao 11 de marzo, volverán a trata-la “Convivencia e conflictividade escolar”, asunto que xa habían
abordado no 2001. O congreso está organizado pola Universidae de Santiago (USC) e o Seminario Galego de
Educación para a Paz. A vicerrectora
de Estudiantes, Elena Vázquez Cendón, sinalou que se trata dun tema
“fortemente conectado coa realidade
e as dificultades do momento”.
Fontes da USC explicaron eque se
trata dun fenómeno “candente, que
preocupa a toda a comunidade educa-
tiva”, a pesar de que, en térmos estatísticos, só afecta ao 0,3 por cento do
alumnado. Por elo, o presidente do
Seminario, Manuel Dios, considera
que “estamos agora nas mellores condicións para afrontalo con perspectiva
de futuro”. A conferencia inaugural correrá a cargo do catedrático de Socioloxía da Universidade de Salamanca
Mariano Fernández Enguita, que falará sobre “Vivir, sobrevivir e convivir
nas aulas: O centro escolar como microcosmos social”. Na segunda xornada vanse a celebrar dúas mesas redondas, a primeira delas sobre violencia e xénero e a segunda, sobre o Plan
galego de Convivencia Escolar, na que
falarán Manuel Dios, Plácido Blanco e
Calo Iglesias.
total seguida de Cataluña
(17,22) e Madrid (14,61), por ser
as zonas máis pobladas. Pese a
que ningunha comunidade fai
unha boa xestión do seu lixo,
as que pior o trata son Canarias e Ceuta, que eliminan máis
do 95% de lixo urbano.
Neste marco, Greenpeace
pide un Plan Nacional de Residuos que vaia máis aló do que
remata este ano e que se base
no novo modelo de “residuo
cero”. Segundo o portavoz,
Juan López de Uralde, deberíase impulsa-la recollida selectiva da materia orgánica e o
seu aproveitamento, fortalecela reutilización, reimplanta-los
sistemas de depósito, devolución e retorno de envases, que
os fabricantes se responsabilicen dos seus productos en todo o ciclo de vida e establecer
tasas para todolos residuos
que se desaproveiten para financiar políticas de prevención e producción limpia.
Concurso para respectar
o medio ambiente
Redacción
VIGO
E
diciones SM convocou o concurso escolar “Coida o teu planeta
amigo”, co gallo da celebración do Día
Mundial do Medio Ambiente, que se
celebra o vindeiro mes de xuño, co
obxectivo de implicar aos centros de
toda España en fomenta-la sensibilización dos estudiantes na importancia
do coidado do planeta e a construcción dunha “cultura de paz” con eles
mismos e o seu entorno.
O concurso está dirixido a alumnos
e profesores de terceiro ciclo de Educación Primaria e consiste na elaboración de carteis, a redacción de consellos para coida-lo medio ambiente ou
fotografías, que deberán enviarse a
SM antes do 22 de maio. Haberá un
primeiro premio de 500 euros para a
aula gañadora; a edición e fabricación
do material gañador, que será incluido
como un máis dos recursos didácticos
do proxecto “Planeta amigo”, con difusión nacional, e un lote de libros.
Tamén se premiará aos catro finalistas de cada unha das modalidades cun
lote de libros sobre educación medioambiental e 30 cadernos e bolígrafos
para os alumnos co lema “Coida o teu
Planeta amigo”. Baixo o lema, “A emoción de convivir”, esta iniciativa pretende ser tamén unha forma de que os
alumnos aprendan a realizar críticas
constructivas, entende-lo mundo e convivir na interculturalidade.