A Banda de Música de Vilalba celebra 20 anos

Transcription

A Banda de Música de Vilalba celebra 20 anos
0,30 €
nº 88
A Banda de Música de
Vilalba celebra 20 anos
Abril 2011
Comeza a conta atrás para as eleccións
municipais do 22 de maio
A menos dun mes de elixir aos novos alcaldes e na recta final de presentación de propostas e candidaturas falamos co actual alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, o candidato socialista ao concello de Begonte,
Serafín Otero, e a candidata nacionalista á alcaldía en Xermade, María
do Mar Hermida. 9-15-18
Abrimos unha nova sección sobre turismo na
comarca: este mes visitamos Guitiriz
A riqueza natural da zona non pode quedar agochada e por elo amosamos os rincóns de cada un dos concellos da Terra Chá. 28
Xosé Luis Regueira, novo membro da RAG
Son 56 músicos os que integran unha formación que cumpre
dúas décadas de vida. O día 23 de abril celebrárono cun concerto en Vilalba e arrancan unha nova etapa chea de proxectos
para intentar achegar a música aos rapaces máis novos co obxectivo de que esta agrupación continúe medrando. 25
Xosé Luis Regueira naceu en Goiriz
e criouse en Alxide. Viviu en Vilalba
antes de marchar a Compostela e converterse en Catedrático en Filoloxía
Galega.Tras ser nomeado membro da
Real Academia Galega conversamos
con el sobre a situación actual da nosa
lingua. 24
2
colaboracións
abril 11
Aínda me lembro da miña primeira vez, que xa choveu por
certo, e aínda é moi nidia para
min aquela imaxe. Aquela primeira páxina web que vin, que
era a de Yahoo cargada naquel
navegador web Mosaic (avó do
actual Firefox). Yahoo era tan
omnipresente como hoxe é Google, que non existía aínda;
tampouco existía Internet Explorer e as páxinas web semellaban máis a un documento de
Word que o que hoxe en día estamos afeitos. Calquera que teña
interese por saber como eran non
ten máis que "googlear" por The
WayBack Machine.
Pero lembranzas aparte, si quería
salientar que daquela conectarse
non era nada doado, traballábase
aínda con Windows 3.1 ou algún
UNIX comercial coas X e o proceso era un fastío. Primeiro
había que conectar vía modem
telefónico con algún dos escasísimos provedores de servizos e
logo iniciar a pila TCP/IP para
acceder á rede e deseguido xa
podías abrir o navegador, o gopher, o ftp, etc. Para facerse unha
idea as velocidades eran mínimas e literalmente case podías
ler ao mesmo tempo que se ía
cargando a páxina, os custos eran
incribles, un auténtico luxo;
aínda así cada vez que estabas en
liña tiñas a certeza de participar
en algo grande que estaba agromando. Algúns dos que estabades daquela alí todo isto
soaravos; igual que dentro duns
anos soará a sabido como facemos hoxe para conectarse a unha
rede wifi por exemplo.
E digo isto porque esta sensación
de estar participando en algo
grande vólveme agora lendo a
nova que a Comisión Europea
comeza a regular a asignación de
frecuencias para as redes 4G.
Abondando máis no tema: na ac-
radoras de telecomunicacións de todo o mundo
amósanse reacias a facer
este esforzo económico
tan grande e están poñendo fortes obxeccións.
O despregue do 4G suporá que calquera dispositivo con conectividade
sen fíos a Internet poderá
acceder desde calquera
lugar, e en movemento, a
un ancho de banda teórico de
100 megabits por segundo en
baixada e 50 megabits por segundo de subida de datos.
Isto significa poder facer o que
hoxe podemos facer desde o ordenador, pero empregando no
canto un dispositivo móbil, unha
tableta ou un portátil e acceder a
toda a información que ofrece
hoxe Internet mentres se anda, se
conduce, ou se está no restaurante, información ademais relacionada coa posición que os
usuarios teñan no mapa. A Internet ubicua. O abano de aplicacións que poden xurdir e grande
e as aplicacións empresariais
moi grandes porque esta información en movemento pode modificar o comportamento de
última hora das persoas. En 4G
toda a información, sexa voz,
textos, imaxes ou audio chegarán
ao móbil do usuario por protocolo de Internet, protocolo IP.
Isto tradúcese en que as chamadas de voz poderán facerse por
IP podendo falar de balde de
móbil a móbil empregando programas como Skype, ou recibir
calquera canle de TV do mundo
en directo, por exemplo.
Ou sexa, coa tecnoloxía 4G Internet sairá á rúa. Outra cousa é
como modelarán esta evolución
as telecos, que seguro terán
moito que ver con esta futura revolución. Permanezan atentos
aos seus terminais.
A revolución da 4G xa
está aquí
Fernando Rodríguez Vidal
tualidade aínda que as tecnoloxías móbiles foron gañando cada
vez máis espazo fáltalles bastante para poder reemprazar aos
ordenadores como centro da
nosa vida dixital. Nembargante
vense
especulando
moito
que os
pequenos dispositivos
de conex i ó n
(smartphones,
tabletas,
consolas
de videoxogos,
e t c . )
serán o
centro
d a s
nosas
vidas no
futuro,
pero a
eiva que
temos
ata o de
agora é a
imposibilidade de acceder ás
redes de datos de forma ubicua e
asequible ao noso peto. Aínda
temos que dar moitos pasos para
acceder e vixiar os custos, e as
famosas tarifas planas de datos
non son tal, nin o acceso ás redes
móbiles é tan marabilloso como
nos vende a publicidade das telecomunicacións.
A 4G é a vindeira xeración de estándares de telefonía móbil, que
xa inclúen Long Term Evolution
(LTE) e Worldwide Interoperability for Microwave Access
(WiMAX) e son máis avanzados
e rápidos que os estándares 3G e
2G. E sobre todo significa un
ruptura co pasado. A gran diferenza coas tecnoloxías de redes
móbiles anteriores reside en que
con 4G as antenas van moito
máis aló de ser só repetidores captadores de sinais a emisores
da mesma.
Se
con
GSM, GPRS
e
UMTS
(que equivalen a 1G,
2,5G e 3G)
só se identifica o sinal e
se retransmiten datos,
aínda que
este
sinal
sexa complexo e inclúa
voz,
texto, imaxes ou acceso web.
Agora na telefonía 4G a
antena é a
terminación
libre dun canuto de cables de fibra
óptica que
conducen ao
acceso á rede e desprégano por
unha área de varios quilómetros
cadrados, extrapolando sería o
mesmo que fai un router wifi en
nun fogar.
Obviamente, as compañías ope-
CADERNOS DA VIAXE
Estado xurídico de excepción
Xoán Antón Pérez Lema
É principio común en todas
as democracias que só a sentenza penal definitiva crea situacións
xurídicas
permanentes. Á persoa imputada ou condenada pendente
recurso non se lle poden limitar dereitos, de non ser,
con carácter meramente cautelar para impedir que esa
persoa poida fuxir da acción
da xustiza.
Este principio básico foi vulnerado pola maioría absoluta
do PP e PSOE no Congreso e
no Senado ao se aprobar, a finais do ano pasado, a recente
reforma da lexislación electoral que entrou en vigor hai
poucas semanas. E inserida
nesa reforma lexislouse a in-
exilibilidade (é dicir, a falla
de aptitude xurídica como
simples candidatos) das persoas condenadas en primeira
instancia e pendentes de recurso por delitos contra “a
Administración
Pública”,
sempre que foran condenadas
a penas de inhabilitación ou
suspensión e non liquidaran
as mesmas.
A reforma constituía un portelo máis que se lle pechaba
aos supostos esforzos dos
abertzales máis ou menos
próximos a ETA por ver de
impedir que estean presentes
nos concellos a partires das
eleccións do vindeiro 22 de
maio.
Pois ben, resulta que unha tal
reforma (de moi dubidosa
constitucionalidade, como de
certo ditaminará o Alto Tribunal se se lle outorga a vez
a medio da oportuna cuestión
xudicial) ven de se aplicar
pola Xunta Electoral con carácter retroactivo, excluíndo
da candidatura do BNG en
Arzúa ao actual alcalde, Xaquín Gª Couso. Por mor
dunha condena apelada e non
firme por unha suposta demora na execución dunha
sentenza xudicial que tiña
orixe nunha falta do anterior
alcalde do PP. Precisamente o
partido que denunciou perante a Xunta Electoral competente
a
suposta
inelixibilidade do Alcalde.
De seguro o Alcalde atinxido
terá medios xurídicos abondo
para amosar tanto a inaplicabilidade retroactiva desta
norma ( a sentenza é anterior
á reforma legal) como, se
compre, a (in)constitucionalidade da mesma. Mais este
gravísimo incidente ilústranos sobre os serios inconvenientes para a democracia e
para as institucións xerados
pola continua apelación a reformas legais “ad hoc” para,
supostamente “combater o terrorismo”.
Porque estas, en último de
contas, rematan por limitar as
liberdades de todos e por deturpar o noso réxime democrático.
Rematan
por
implantar unha caste de Estado limitado de dereito.
Un estado xurídico de excepción.
O mesmo pasou coa chamada
“doutrina Parot”. Comezou a
se aplicar a terroristas. Hoxe
temos cárcere perpetuo, na
práctica, para delincuentes
comúns reincidentes que,
porén, nunca cometeron delitos de sangue.
Sería bó que o Tribunal
Constitucional fixara axiña
uns límites a estas continuas
reformas legais e xurisprudenciais que lembrara, tanto
a presunción de inocencia até
sentenza firme, como a inconstitucionalidade da pena
de cárcere de por vida.
colaboracións
Boas novas para os nosos ríos
Cinco mil anos de historia
Pablo Veiga
Lois Toirán
Comeza a facerse xustiza cos
nosos ríos. Fronte ao desleixo,
cando non complicidade da
Xunta coas desfeitas nos nosos
ríos, o movemento ecoloxista vai
conquerindo que a xustiza faga
valer as leis que os defenden. A
denuncia de ADEGA, a Audiencia de Lugo ven de condenar a
penas de cárcere, multa e inhabilitación profesional, aos donos
dunha canteira en Riotorto por
verter no río Turia entullos. É
unha mágoa que os nosos ríos
teñan como única defensa a ecoloxistas e veciños mentres a administración é cómplice das
desfeitas.
Coas leis na man (Lei de Augas e
Lei do Solo), conquerimos que o
entullamento do río Turia en Riotorto baixo centos de toneladas de
áridos de canteira non quedara
impune. A Audiencia de Lugo
vén de condenar aos responsables
da canteira Cruz de Cancela a
penas de cárcere, inhabilitación e
multa como responsables dun delito ecolóxico. Por desgraza, este
caso so é unha pingueira no mar:
cantas falcatruadas cos ríos, as
rías e a paisaxe seguen impunes?
Cantas delas gozaron no seu momento do beneplácito da administración que en non poucas
ocasións actuou ademais como
promotora? Foi pola denuncia
penal dos compañeiros de
AEMS-Ríos con Vida, apoiada
por ADEGA, que a Xunta non
tivo máis remedio que obrigar a
Ferroatlántica a devolver o caudal ecolóxico incumprido siste-
3
abril 11
maticamente durante 25 anos.
Recuperamos deste xeito un pequeno caudal para a Fervenza do
Ézaro pero durante os 365 días do
ano e non só os domingos. Tivo
que ser por imperativo legal, e
logo de anos de loita dos ecoloxistas, que a administración vírase obrigada a reclamar de
Ferroatlántica a restitución do
caudal ecolóxico do Xallas (10%
do caudal medio anual).
Nestes anos, a Xunta non só amosou unha escandalosa condescendencia coa empresa, dona de
facto do Xallas, senón que
mesmo chegoulle a autorizar
novos aproveitamentos hidroeléctricos que converteron a este
río no máis asoballado polos encoros de todo o estado. Como
cuantificar o lucro cesante que
para a Costa da Morte e para Galicia tivo a enaxenación dun río e
o secuestro dunha marabilla natural, a fervenza do Ézaro, durante 25 anos? En 1986-89 a
construción do encoro de Santa
Uxía por Cubiertas y MZOV na
desembocadura do Xallas supuxo
un dos primeiros traballos para
un enxeñeiro recen chegado a
Galicia, Agustín Hernández-Fernández de Rojas. Foi esta unha
das agresións máis salvaxes ao
noso patrimonio natural e que,
para vergoña nosa, fixo de Galicia o único país do mundo cun
accidente xeográfico a tempo
parcial. Hoxe, dende a súa responsabilidade institucional como
Conselleiro de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas, o Sr.
Hernández ten aínda a oportunidade de non acrecentar esta
afronta e restituír algunha dignidade ao Xallas, declarando a caducidade
das
concesións
hidroeléctricas antes de que o
faga o xulgado. Queremos ao Xallas totalmente libre das gadoupas
de Ferroatlántica e ímolo conseguir pese a quen lle pese e coa lei
na man.
Custa imaxinar como poderían
ser os lugares onde nacemos ou
vivimos actualmente no pasado,
sobre todo se este é moi lonxano
e tamén como era a vida diaria
das persoas. Temos testemuños
da República, a guerra e a posguerra, contados por aqueles
que viviron eses tempos, así
como multitude de documentos.
Con todo elo, facémonos unha
idea aproximada da vida nas aldeas e parroquias chairegas durante os convulsos e duros anos
trinta e corenta. Historias marcadas pola escaseza e o temor
que a todos nos relataron. Asemade cónstannos episodios de
finais do século dezanove, onde
os conflitos bélicos daquela España grande e chufona, pero
chea de miseria e pobreza, polos
últimos restos do imperio –Filipinas, Marrocos ou Cubatamén ocuparon paisanos nosos.
Período este que contemplou as
primeiras olas emigratorias,
cara América fundamentalmente. Crónicas que pasaron de
xeración en xeración. E máis
para atrás, nos distintos arquivos, os estudosos da materia rememorarán
as
revoltas
irmandiñas, as desamortizacións e falarannos da nobreza, a
igrexa e a fidalguía. Pero se retrocedemos aínda máis séculos,
quizais nos quedemos con que
a cidade de Lugo, na época romana, era chamada Lucus Augusti e que nela construíron
Achéganse as eleccións municipais e os políticos fan xogos malabares
para que a xente lles de o seu voto
Xavier Varela
unha magnífica muralla que
aínda se conserva. E anteriormente á era cristiá, os distintos
poboados castrexos acreditan que
existían comunidades con vida
propia. Aquí na nosa bisbarra
houbo asentamentos, máis ou
menos numerosos, pero si existiron.
Recentemente, unhas xornadas
celebradas en Outeiro de Rei
deron a coñecer un petroglifo
ubicado no sitio denominado
como Pena do Mouro, na parroquia begontina de Donalbai. Un
singular taboleiro de pedra, con
tres círculos concéntricos, indican que nesa zona había seres humanos; estamos a falar dunha
antigüidade, segundo os expertos, entorno ós cinco mil anos. E
non é casual o punto exacto onde
se atopan esas inscricións, preto
doutro espazo mítico da zona,
Penas de Rodas, na veciña
Gaioso. Se nos detemos no significado etimolóxico do topónimo Donalbai - lugar de auga
abundante e presenza do brancodedúcese que estamos ante un espazo considerado sagrado. De
todo elo, podemos concluír que
hai máis de cincuenta séculos
aqueles homes e mulleres, poboadores das terras nas que hoxe vivimos, xa practicaban rituais e
cultos cargados de transcendental
simboloxía. Sen dúbida, estamos
ante un peculiar descubrimento
que merece toda a consideración,
pero como moitas outras riquezas
que posuímos, agachada e esquecida. Neste caso, unha mesta maleza ensombrece e dificulta a súa
observación.
Por iso cómpre por en valor todo
o noso patrimonio, desde a beleza paisaxística ata a rica gastronomía, as tradicionais feiras e
romarías de carácter relixioso,
edificios singulares, igrexas, cruceiros.Toda unha serie de tesouros que nos pertencen e que
deberíamos aproveitar. E somos
posuidores dun legado histórico
que, no caso do achado de Donalbai, supera os cinco milenios.
É unha obriga moral revalorizar
todo iso. Os beneficios non se farían agardar. Cuestión de tempo.
Incidiría na economía local e serviría de acicate para os emprendedores da zona indagasen o que
podería ser un importante xacemento de emprego que aínda non
está plenamente explotado. Iso si,
a implicación das distintas administracións semella decisiva,
sobre todo a municipal, para que
culmine en éxito. Non podemos
permitirnos desperdiciar unha
fortuna que a natureza e os antepasados nos legaron. Sería outro
fracaso máis.
4
sociedade
abril 11
Trinta
estudantes franceses
viñeron
dende
Troyes a
visitar
Vilalba
dentro
dun intercambio
cultural
co IES
Basanta
Silva
Os 55 alumnos da Uned Sénior visitaron este mes de abril o
Centro Superior de Hostalaría en Santiago. Coñeceron o seu
funcionamento e recibiron un libro de receitas que sumarán á
súa recopilación
O 8 de abril os alumnos de 2º ciclo de Primaria visitaron o Parque
Experimental de Sotavento, en Xermade, onde realizaron actividades guiadas polos monitores relacionadas coa enerxía renovable
colaboracións
abril 11
Os hábitats máis valiosos, ao capricho
das eólicas coa connivencia da Xunta
Ecoloxía, por ADEGA
A deconstrución do noso patrimonio natural reactívase cos primeiros
proxectos derivados do concurso
eólico do PP. Nas últimas semanas,
unha enxurrada de parques eólicos
están a “coller sitio” sobre espazos
de alto valor natural, antes de que
Europa obrigue á Xunta a ampliar
por decreto urxente a cativa Rede
Natura galega. Tal é o caso dos tres
proxectos na área do Pindo, e do recente parque eólico do Alto da
Croa, en Vimianzo e Dumbría.
Estas instalacións afectan a humidais inventariados, especies a hábitats prioritarios, para os que a UE
obriga a establecer medidas de epecial conservación. Se a Xunta persiste en entregar o noso patrimonio
natural máis valioso aos seus amigos en troques de protexelo, Europa
podería retirar subvencións ou
mesmo impoñer fortes multas, que
pagariamos todos. Vaites coa boa
xestión e a austeridade!
As obras do Parque Eólico Alto da
Croa II consisten na instalación 7
aeroxeradores de 2MW de potencia
unitaria, aos que hai que engadir a
apertura dos viais de servizo, as
zanxas para a evacuación da electricidade, gabias e instalacións
complementarias.
Todas estas intervencións afectarán
a unha importante superficie de hábitats de interese europeo, fundamentalmente breixais secos e
húmidos, así como a comunidades
higroturbosas.
A Comisión Europea vén de actua-
lizar recentemente as súas conclusións sobre a representatividade dos
hábitats e especies recollidos na Directiva 92/43/CE do Consello. Polo
que atinxe a Galicia, o propio comisario Potocnik en resposta a unha
pregunta do grupo Verdes-ALE
sobre o estado da Rede Natura galega, a inexistenza de planos de
conservación e a escasa representatividade de determinados hábitats,
afirmaba: “No referente a España,
as conclusións indican que os tipos
de hábitat de interese comunitario
«Turbeira alta activa» e «Turbeiras
de transición e flotantes» non están
suficientemente representados na
rexión de Galicia”. A maiores, o comisario engadía: “a Comisión xa
comunicou a España estas conclusións e a necesidade de designar
novos lugares de importancia comunitaria para correxir a deficiencia detectada e completar a Rede
Natura 2000”.
ADEGA entende que a Xunta en
aplicación do principio de subsidiariedade e en uso das competencias
que lle son propias debería atender
os requerimentos da Comisión Europea e propoñer ao estado a ampliación da actual Rede Natura
2000, cando menos para dar cumprimento ás eivas detectadas pola
CE no tocante á escasa representatividade de determinados hábitats,
particularmente as turbeiras. E dado
que as instalacións e obras propostas afectan a este tipo de hábitats
húmidos, así como a outros (brei-
xais atlánticos húmidos, cuxa conservación é prioritaria, non deberían
autorizarse instalacións que comprometan a conservación destes valores naturais. A este respecto, a
Xunta debería tamén, en aplicación
do artigo 6.4 da Directiva 92/43/CE
do Consello, elevar consulta á Comisión Europea e xustificar que
proxecto resposte a “consideracións
relacionadas coa saúde humana e a
seguridade pública, ou relativas a
consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, previa consulta á
Comisión, outras razóns imperiosas
de interese público de primeira
orde”.
Propoñemos tamén que a administración asigne a potencia solicitada
por Gamesa para este novo parque
(14MW) a outros desta empresa xa
construidos, nos que mediante o repotenciamento, poidase substituir
algúns dos aeroxeradores máis antigos (de 0,4, 0,6 MW) polos de
2MW, sen necesidade de ocupar
máis terreo terreo e mesmo reducindo a densidade das máquinas, un
factor chave na intensidade das
afeccións. Cómpre sinalar que o repotenciamento supón, segundo o
art. 34.1.f da Lei 8/2009 pola que se
regula o aproveitamento eólico en
Galicia, un criterio de discriminación positiva para os proxectos eólicos, que tamén beneficia ás
empresas mediante unha bonificación do canon (art. 16.1 e 2) polo
que ADEGA entende que sendo
posíbel este, e consonte tamén ao
recollido no Preámbulo da lei
8/2009, debería priorizarse por
parte da administración.
Se a Xunta persiste en non escoitar
os requerimentos da UE para ampliar a Rede Natura e desenvolver
os instrumentos de xestión destes
espazos, e segue permitindo a ocupación de valiosos hábitats por eólicos, canteiras, piscifatorías, etc.
quedará demostrada a escandalosa
connivencia dunha administración
pública cos intrereses privados de
promotores sen escrúpulos que só
buscan o enriquecimento rápido especulando cos nosos recursos.
5
Mareanegra City
Por Félix Jorquera
Hai uns días inaugurábase na Coruña
o
que
presume de ser o
centro comercial
máis grande do estado. Esta discutible honra
foi
anunciada
a
bombo e platillo
nunha campaña de
publicidade que
quere facer partícipe do centro a
toda Galicia, aínda
que esquece o
idioma galego por
completo na súa
estratexia de marketing.
Contaron as crónicas da prensa que
na primeira fin de
semana de vida,
tales foron as colas que
non só colapsaron a entrada do centro comercial senón da cidade
enteira. Galegos chegados dende as catro provincias non quixeron
perder tamaño acontecemento. 180 Tendas!, non
sei cantos metros...
Un que xa vai tendo uns
anos e non se deixa impresionar por estes mareantes números, xa
sabe sen ir o que se
atopa nese templo do
consumo: multinacionais, grandes empresas,
cadeas... ou sexa o
mesmo que nun centro
de Alcalá de Henares,
Aveiro ou Girona. As
mesmas marcas, os mesmos argumentos, anque
iso si, multiplicados por
cinco ou por dez.
Nace este monstro coma
tantas veces anunciando
a creación de infinidade
de postos de traballo. O
que nunca se di é cantos
destrúe. Un centro da ci-
dade ( A Coruña ou a
que sexa) abandonado a
súa sorte, por non falar
do comercio de barrio e
das vilas. Ese comercio
de proximidade morre
sen cura posible nunha
batalla perdida onde as
armas non son iguais
para todos. Onerosas
axudas para as grandes
superficies e atrancos,
impostos e destrución
de aparcamentos para o
comercio de proximidade.
Si, xa somos Europa. Xa
gozamos dun magnífico
plan de sábado: unha
hora (ou máis) de coche,
outra de atasco, dor de
cabeza, dependentes que
non se enteran de nada e
carteira baleira.
Eu non quero ser europeo, é máis quero ser
provinciano ou de barrio
ou de aldea. Gústame
entrar nun comercio e
que me chamen polo
nome, que lle vou
facer...
6
colaboracións
abril 11
Fortalezas, Pazos e Casas Grandes
O pazo de Vilamartín
Xosé Luis Novo Cazón
Contra finais do século
XIV e comezos do seguinte, Xoán de Montenegro era señor da casa
nativa da liñaxe dos Montenegro, sita en San Pedro
de Seixas, e asemade do
lugar de Vilamartín. Segundo o parecer de Crespo
del Pozo, descendía directamente dos antigos condes de Montenegro.
Dende esta casa, denominada acotío Pazo Vello,
esparexéronse os Montenegro en distintas direccións. Na Terra Chá
ergueron, entre outros, os
afamados pazos e casas
grandes da Caldaloba, Padronelo e Vilamartín.
Fernán Sanjurjo Montenegro e Saavedra, casado
con María de Andrade, en
1585 outorgou en Lugo
testamento mellorando
vincularmente co terzo e
remanente do quinto o seu
fillo primoxénito Pedro
Sanjurjo Montenegro. Xa
que logo, este recibiu en
herdanza, entre outros
moitos bens, o mencionado lugar do Pazo Vello,
o couto de Cochín (San
Xoán de Sistallo), coa súa
xurisdición civil e criminal, e asemade o lugar de
Vilamartín.
A outra parte do seu patrimonio pasou ao segundoxénito, Roi Sanxurxo
Montenegro, fundador do
vínculo de Caldaloba e,
ademais, señor dos coutos
de Mato e Fraiz, e de
Taboi e Támoga.
María Montenegro e Taboada, filla de Pedro San-
jurjo Montenegro Basanta e de Sabela Gayoso Taboada e Losada
Quiroga, casou con
Andrés
Pardo
de
Aguiar. Foi deste xeito
que, en diante, o apelido Pardo precedeu
para sempre ao de
Montenegro, desaparecendo asemade o anterior de Sanjurjo.
Fillo de ambos foi o
vinculeiro,
Antón
Pardo
Montenegro,
quen recibiu a herdanza da casa de Vilamartín polo testamento
outorgado polo seu
proxenitor en 1648. A
súa vez, aquel contraeu
nupcias con Sabela, da
empoleirada familia dos
Pita da Veiga.
Se cadra, o persoeiro máis
relevante do pazo de Vilamartín foi Ramón Tomé
Pardo Montenegro Sanjurjo Franco e Maseda,
fillo primoxénito de Xosé
Xacinto Pardo Montenegro e de María Xosefa
Sanjurjo e Aguiar, nado
en San Adrián de Lourenzá o 29 de decembro de
1758. Daquela a súa familia xa estaba asentada en
Mondoñedo, cidade na
que Ramón exerceu os
oficios de procurador
xeral (1781), rexedor capitular (a partir de 1783) e
alcalde (1792); ademais
foi deputado xeral do
Reino de Galicia en 1788,
e, en recompensa dos seus
méritos, Carlos III distinguiuno co rango de cabaleiro da Orde homónima o
día 29 de decembro de
1793.
Cando amencía o día 7 de
agosto de 1842 naceu no
pazo de Vilamartín Xulia
Pardo, filla de Xosé María
Pardo Montenegro, ministro togado da Audiencia
Territorial da Coruña, e de
Sabela María do Carme
Montenegro de Yebra, natural de Begonte. Esta
rexa muller, que viviu a
maior parte da súa vida en
Mondoñedo, fundou naquela cidade o colexio da
Sagrada Familia para acoller nel nenas pobres mindonienses e tamén outras
dos seus caseiros, así
mesmo pobres ou orfas.
Do noutrora fachendoso
pazo de Vilamartín, que en
1990 era propiedade de
Ramón Sanjurjo, unicamente se conservan as ruínas da súa fábrica. Foi
ergueito na época do Bárroco. Dos restos conservados pode deducirse que
era de planta rectangular, dous andares,
cuberta de lousa ás
catro augas e escudo
co M coroado dos
Montenegro encol
da porta principal de
entrada ao mesmo.
Completaban as instalacións
deste
pazo: unha horta
amurallada á que se
accedía por un portalón monumental,
no que campa outro
escudo semellante
ao anterior; unha
fonte
emprazada
tras da casa, que así
mesmo posuíu un
terceiro escudo, hoxe en
paradoiro descoñecido; e
o pombal, do que, na actualidade, unicamente persisten as súas ruínas.
O patrimonio material da
casa de Vilamartín era certamente moi cuantioso, segundo se pode apreciar
polos libros reais de leigos
do Catastro do Marqués
de la Ensenada, correspondentes a distintas parroquias
da
actual
provincia de Lugo. Mais,
talvez, tivo unha importancia similar o inmaterial,
do que formaban parte,
entre outras prerrogativas,
o dereito de padroado de
varias igrexas e capelas da
bisbarra e as sepulturas escolleitas no interior dos
templos parroquiais de
San Xurxo de Rioaveso e
de Santa María de Vilalba.
O xa mencionado Fernán
Sanjurjo Montenegro na
segunda metade do século
XVI fundou a capela de
Santa Ana, emprazada nun
edificio anexo á antiga
igrexa parroquial de Vilalba. A casa de Vilamartín
era tamén a titular da capela de Santa María a
Nova, sita nunha das partes colaterais da ermida de
San Xoán do Campo. Destas dúas capelas case sempre foi capelán un
segundoxénito deste pazo
da antiga freguesía de S.
Georgius de Rivuloverso.
A respecto dos enterramentos, no interior da
igrexa parroquial de San
Xurxo de Rioaveso atópase unha laude na que
aínda é posible observar o
brasón da liñaxe dos Montenegro e a lenda seguinte:
“Ano de 1615 / esta
sepvltvra es per/teneciente
/ a la casa de Villamartin”.
Doutra banda, nun arcosolio practicado nun dos laterais da desaparecida
igrexa de Santa María de
Vilalba existiu un monumento funerario, no que
foi enterrado un membro
da afamada casa rivuloversana. Estaba formado
por un sartego con senllos
escudos, nos que estaban
labradas as armas dos
Montenegro (o M coroado), nun deles, e as dos
Andrade (a banda engulida polos dragóns), no
outro; e por un cabaleiro
armado e xacente, que
apoiaba os seus pés nun
lebreiro, símbolo da fidelidade, tan desexada e tan
pouco practicada ao longo
da historia.
actualidade
abril 11
novas da chaira
7
vilalba
A Feira do Queixo de San Simón Unha campaña impulsa
da Costa tivo como protagonista o comercio local vilalbés
co sorteo de 3.000 euros
o turismo gastronómico
A produción de queixo con Denominación de Orixe San Simón
da Costa medrou na última década un 70%, pasando de 138 toneladas no ano 2000 a 451 no
2010. Así o salientou o conselleiro do Medio Rural, Samuel
Juárez, no pregón da XVII Festa
do Queixo de San Simón da
Costa, na localidade luguesa de
Vilalba. Juárez lembrou que na
actualidade son 11 as queixerías
que producen este queixo, a partir do leite que facilitan 168 gandeiros da comarca da Terra Chá,
xerando un valor estimado, segundo os datos máis recentes de
3,4 millóns de euros.
Ademais de destacar as bondades do produto Juárez falou das
orixes deste queixo que se remontan, segundo a lenda, á
época castrexa e da súa evolución histórica, desde a súa valoración polo Imperio Romano ata
a aprobación, en 1999, da actual
Denominación de Orixe. O conselleiro do Medio Rural vinculou
esta “excelencia” do San Simón
da Costa ao seu “berce natural”
e a factores coma a súa orografía,
clima e aos “sistemas de produción e alimentación do gando,
que proporcionan ao leite unha
mellora na súa calidade nutritiva”. Mencionou tamén, como
outra das claves da súa singularidade, o afumado con madeira
de bidueiro, que –dixo– “lle proporciona unha cor e un aroma
absolutamente inconfundibles”.
Juárez insistiu na importancia
das denominacións de orixe para
a protección e recoñecemento da
produción agrogandeira galega.
A carpa informativa estivo situada na Praza da Constitución
Acordo gastronómico con Murcia
O O Grupo de Desenvolvemento
Rural Terra Chá, os nove alcaldes chairegos, a fundación Arte e
Gastronomía, La GastroRed e a
empresa Funcióndeuno asinaron
un acordo de colaboración para
difundir as potencialidades do
patrimonio gastronómico da comarca.
Fixérono aproveitando a celebración da Festa do Queixo de San
Simón e aproveitando a chegada
de recoñecidos xornalistas e blogueiros tanto de Galicia como do
resto do territorio español.
Queren sumarse ao tirón que está
tendo o turismo gastronómico
para difundir as posibilidades tu-
rísticas e os espazos naturais da
comarca entre os asistentes ao I
encontro gastronómico.
Produtos murcianos e galegos
As verduras e o pan artesán da
horta de Murcia chegaron a Vilalba para participar na Festa do
Queixo. A Asociación de Produtores-Exportadores de Froitas e
Hortalizas da Rexión de Murcia
estivo presente no Maridaxe Galego Murciano, onde os cociñeiros Benigno Campos e Tomás
Alonso, así como Javier Prieto
do restaurante Curmáns, presentaron distintas receitas onde os
ingredientes foron o queixo de
San Simón e os produtos da Rexión de Murcia.
Os visitantes á feira puideron degustar os menús elaborados na
cociña instalada na Praza da
Constitución de Vilalba.
Esta iniciativa xurdiu da colaboración da empresa Funcióndeuno, organizadora do evento,
cos responsables de La Gatrored,
a primeira rede social para profesionais da gastronomía e da
restauración. Agárdase que o
Queixo de San Simón poda viaxar a Murcia dentro deste proxecto de irmanamento, do que os
responsables auguran continuidade.
A Polifónica de Vilalba inaugura o Encontro de Música Relixiosa Cidade da Coruña
O encontro forma parte da programación de Semana Santa da
cidade e nel participan cinco corais. A coral de Vilalba foi este
ano a única que viña de fóra da
provincia coruñesa.
O concerto celebrouse na Colexiata de Santa María do Campo
e a programación xirou exclusivamente arredor da música sacra.
A Polifónica interpretou doce
pezas de autores tan recoñecidos
como Haendel, Palestrina,
Tomás Luis de Victoria, Bach e
Beethoven, entre outros.
A agrupación vilalbesa durante o concerto na cidade da Coruña
A Polifónica Vilalbesa inaugurou
o día 16 de abril a vixésimo segunda edición do Encontro de
Música Relixiosa Cidade da Co-
ruña que organizan durante a Semana Santa varias corais coruñesas en colaboración co concello
herculino.
Próximos concertos
Durante a Semana Santa a Polifónica Vilalbesa participará nos
oficios do Venres Santo. O concerto será ás 17 horas, na Igrexa
de Santa María da capital chairega. Posteriormente, o día 1 de
maio a agrupación vilalbesa actuará nun festival de canto coral
no concello de Cambados.
Durante once xornadas (dende o
día 5 e ata o 16 de abril) a Federación Galega de Comercio impulsou unha campaña para
promocionar os comercios locais. A campaña “As compras na
túa vila teñen premio” buscou a
difusión entre os veciños e veciñas dos comercios tradicionais e
da súa importancia no desenvolvemento da vila.
A Federación Galega de Comercio organiza en colaboración
coas Federacións Provinciais de
Comercio, Novacaixagalicia e a
Dirección Xeral de Comercio,
esta nova edición da campaña de
dinamización do consumo no
comercio minorista das vilas galegas.
Os consumidores entregaron os
seus tickets das compras que fixeron en comercios tradicionais
de Vilalba e recibiron un boleto
para participar no sorteo de
3.000 euros, repartidos en vales
para gastar nos comercios vilalbeses.
O sábado día 16 de abril ccelebrouse a festa de final da campaña na Praza da Constitución.
Os zancudos, os malabaristas e
os pasarrúas foron os protagonistas. Houbo tamén un espectáculo de paiasos infantís , un
espectáculo de maxia cómica
Rey Midas e unha actuación musical coa cantante Mariana.
Durante o serán celebrouse o
sorteo e a entrega de premios
entre os consumidores que participaron nesta campaña. Reparíronse 24 premios por valor de
100 euros para gastar en comercios locais e 2 premios de 300
euros.
Ramón Chao conta a
súa traxectoria vital e
profesional en Vilalba
O xornalista e escritor Ramón
Chao estivo durante o mes de
abril en Vilalba para achegarnos
parte da súa vida e da súa traxectoria. De Vilalba a París: unha
traxectoria vital é o título da
conferencia que ofreceu na capi-
tal chairega. Contou ante os
asistentes os seus comezos en
Vilalba, onde naceu no ano
1935, pasando por Madrid e ata
chegar a París. Alí traballou
como xornalista en Radio
France e dirixiu emisións radiofónicas en galego. Destacou
tamén como crítico en Le
Monde e Le Monde Diplomatique.
O xornalista vilalbés Moncho
Paz foi o encargado de presentar
a Ramón Chao. Precisamente o
seu entrevistado no traballo Entrei en Radio France porque falaba galego. Unha entrevista
recentemente galardoada co Premio de Xornalismo Johán Carballeira, realizada o ano pasado
en París.
8
actualidade
abril 11
vilalba
Os socialistas de
Presentan en Santaballa un
documental sobre a emigración Vilalba reúnense coas
Ote“O Legado Migratorio Santaballés” conta con 75 veciños da
parroquia vilalbesa como protagonistas da rodaxe que recrea a
traxectoria da escola habaneira
creada polos antepasados desta
localidade que estiveron en Cuba
O documental amosa a historia da
emigración na zona e recrea a traxectoria da escola habaneira desta
localidade vilalbesa, inaugurada
en 1916 e que, durante medio século, facilitou a escolarización de
centos de nenos desta parroquia.
Na actualidade, segue prestando
servizo para fins sociais aos veci-
ños da parroquia.
A gravación levouse a cabo no
mes de decembro en localizacións
como a escola, os seus exteriores
ou unha casa de lugar que regresou por unhas horas aos anos 20.
Dezaoito 18 secuencias, escritas
por Daniel Vázquez Vila e dirixidas por el mesmo xunto a Jaime
Pardo. Os fillos, netos, primos ou
sobriños dos fundadores da asociación santaballesa, creada en
Cuba polos emigrantes desta localidade, foron os encargados poñerlle cara aos seus antepasados,
recreando a figuras como o mestre, o cura, o presidente da liga, os
alumnos, o emigrante e a toda a
súa familia. O documental repasa
cuestións como a chegada da máquina de coser ou da máquina de
escribir á zona rural. O audiovisual tamén recolle o espírito das
vellas películas mudas, polo que
se fixo en branco e nego, sen diálogos e con ambientación musical.
O concello aproba un presuposto
“austero” de 10,4 millóns de euros,
malia a oposición de BNG e PSOE
A corporación municipal de Vilalba aprobou finalmente a finais
do mes de marzo un presuposto
de 10,4 millóns de euros para o
2011. Unhas contas municipais
rexeitadas tanto por PSOE como
BNG e que saíron adiante cos
votos do PP.
Os populares defenden unhas
contas “adecuadas ás necesidades do concello”. Tanto socialistas como nacionalistas criticaron
o caso “sangrante” do persoal do
servizo de recadación, que cobra
ao ano 90.000 euros. Dende os
grupos da oposición aseguran
non entender a “política persoal
municipal”.
O portavoz do equipo de goberno, Agustín Baamonde, amosou o seu descontento ante o
debate xerado pola oposición
arredor dos presupostos. “A falta
de maiores críticas políticas, teño
a sensación de que son uns bos
presupostos”, explicou. Baamonde destacou que o capítulo
de ingresos supón “unha previsión realista” de cara a controlar
a débeda municipal.
Servizos sociais
Unha das partidas que aumenta
son os servizos sociais e, en par-
ticular a partida de axuda a domicilio, para a que se destinarán
200.000 euros máis. O alcalde de
Vilalba sinalou que malia que o
presuposto se mantén en cifras
do 2010, aumentouse en 200.000
euros a partida destinada a asistencia a persoas dependentes,
chegando ao millón de euros.
Gerardo Criado destacou tamén
a redución do 3% nos gastos de
persoal, así como o mantemento
dos impostos municipais. Explicou ademais que se conseguiu
amortizar a débeda do concello
en 570.000 euros e que no 2011
non se pedirá ningún crédito.
A Xunta inicia o procedemento de adxudicación das 29 vivendas protexidas
O Instituto Galego da Vivenda e Solo iniciou o procedemento para a adxudicación das 71 vivendas
protexidas de promoción privada construídas nos
concellos de Monforte, Vilalba, Chantada, Lugo e
Sarria, segundo o establecido na normativa do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia.
Poden optar á adxudicación de ditas vivendas os solicitantes que estiveran inscritos no Rexistro de Demandantes na data do 28 de marzo do 2011, en que
a Delegación Territorial da Xunta ditou as resolucións de inicio do procedemento de adxudicación
das devanditas vivendas. Os solicitantes deberán
estar inscritos no réxime, modalidade e localidade
da promoción á que se opte e deberán presentar nun
prazo de quince días hábiles a solicitude para a participación no sorteo das vivendas.
Ditas solicitudes para participar no sorteo deberán
presentarse en calquera rexistro público ou portelo
único, dirixidas á xefatura provincial do IGVS na
Coruña, empregando o modelo de solicitude que se
pode atopar na web do Instituto Galego da Vivenda
e Solo.
71 vivendas na provincia
No concello de Vilalba son 29 as vivendas, emprazadas na rúa Conde de Pallares e os prezos de venda
oscilan entre 69.723,87 e 130.946,02 euros. En
Monforte de Lemos adxudicaranse 31 vivendas na
rúa Malvarrón con prezos de venda que oscilan
entre os 86.122,96 e os 125.078,55 euros. En Chantada adxudicáranse sete vivendas situadas na rúa
Barxela, 10 cun prezo de 78.131 euros. No concello
de Lugo adxudicarase unha vivenda na rúa Aceroleiro, 8 e en Sarria dúas nas rúas Juan Montes 1517 e Prolongación Escolar.
asociacións culturais
e deportivas
O comité electoral socialista de
Vilalba mantivo unha xuntanza
coas asociacións culturais e deportivas da vila. Continúa así
coas reunións para intercambiar
impresións cos distintos colectivos deste concello.
O candidato socialista ofreceu
aos veciños unha programación
cultural estable e con actividades que interrelacionen ás distintas entidades asociativas,
dende a mocidade ata a terceira
idade. Entre os seus compromisos está tamén o de actualizar o
rexistro vilalbés de asociacións,
realizar encontros asociativos,
o ordenamento regrado para a
concesión de axudas, modificar
o ordenamento municipal para
o uso das instalacións e dotar
das infraestruturas oportunas
para que as asociacións teñan
un lugar de administración e
xestión propio, baixo o nome
de Casa das asociacións, así
como a información online para
que a sociedade coñeza en
tempo real as posibilidades de
uso dos centros municipais públicos.
Por outra banda, trataron tamén
a planificación e definición das
necesidades para a práctica do
deporte, en colaboración coas
entidades deportivas, tanto sen
ánimo de lucro como privadas.
Os socialistas acordaron promocionar o deporte minoritario
e o deporte feminino, mellorar
as instalacións actuais, garantir
mediante procesos administrativos regrados o cobro das axudas que se concedan, apoiar
individualmente aqueles deportistas que sobresaen nas súas
disciplinas, promover a aparición de novos clubs que faciliten a incorporación de rapaces
e rapazas á práctica deportiva,
promover a existencia de lugares para favorecer a práctica de
actividade física, e recuperar a
actividade de tiro ao prato.
O PP presenta oito caras
novas na lista de Vilalba
Baamonde e Criado na presentación da candidatura aos medios
“O progreso, a renovación, a
experiencia e o reformismo”.
Con estas palabras definiu o
actual alcalde de Vilalba as
“directrices” que marcan a
sinal de identidade do Partido
Popular. Son 17 as persoas que
integran a lista da candidatura
do PP ás eleccións municipais
do vindeiro 22 de maio.
Entre elas están oito caras
novas “cun perfil maioritario
de xente nova e de xente preparada e traballadora”, explica
Gerardo Criado. Entre os
nomes novos están o enfermeiro Julio Vázquez, de 27
anos, que ocupa o número
dous da lista e Cruz Rouco, no
número catro, técnica superior
en Administración e Márketing, de 31 anos. Xunto a eles
a número oito, Engracia Castro, licenciada en Ciencias Empresariais, de 28 anos; María
Cruz Vázquez, secretaria ac-
tual do PP en Vilalba, no número 10; Óscar Monteira, industrial e empresario de
Santaballa; Xosé Vázquez,
gandeiro; Celia Gómez, dona
dunha perruquería en Vilalba;
e Javier Paz, actual presidente
da Asociación de Veciños de
Román.
Repiten na lista José María
García, actual Concelleiro de
Cultura; Consuelo Grandío,
Concelleira de Festas; Jesús
Bermúdez, Iván Fernández,
Agustín Baamonde, María Ramudo, de Novas Xerácións,
Catalina Pita e Vicente García.
Para a formación da lista seguíronse os “criterios que
marca a esencia do Partido Popular”, asegurou Gerardo
Criado. “Buscouse unha representación o máis homoxénea
posible” entre a xente que vive
no casco urbano e a que vive
no rural.
8
actualidade
abril 11
Gerardo Criado, candidato á reelección á alcaldía de Vilalba polo PP
“Os esforzos do PP na nova lexislatura irán
encamiñados á creación de emprego”
Veterinario de profesión, Gerardo Criado, amósase convencido da súa continuación como
alcalde de Vilalba. Relevou a
Agustín Baamonde na alcaldía
hai 6 anos e agora encabeza a
lista do Partido Popular nas vindeiras eleccións municipais.
- A un mes das eleccións, cales
son as expectativas do Partido
Popular en Vilalba?
- As expectativas son optimistas
partindo dunha realidade. Pretendemos acadar a maioría absoluta
e seguir contando coa confianza
da maioría dos veciños e das veciñas de Vilalba e a partir de aí e
dado o momento de crise económica que se vive en gran parte
polo deterioro do Partido Socialista a nivel estatal e tamén polo
desprestixio que a oposición socialista ten como oposición na
Xunta de Galicia dende que o
presidente Núñez Feijóo é presidente da Xunta. Se a isto lle engadimos a clara división interna
que hai no Partido Socialista a
nivel local. Partindo do realismo
temos un gran optimismo non só
por acadar a maioría absoluta
senón ampliala. A pouco das
eleccións o deterioro da política
da oposición en Vilalba é un hándicap importante para eles e seguramente se reflicta nas urnas
cun aumento dos concelleiros do
Partido Popular.
-Despois de seis anos no goberno municipal, cal é o balance?
- Nos últimos catro anos destacaría que as inversións foron importantes. Aproximadamente uns
25 millóns de euros de inversión
nos últimos anos, na que se
notou o cambio de goberno na
Xunta. Desa inversión pública
acometida en Vilalba fíxose nos
últimos dous anos. Ao principio
da lexislatura percibiamos o mal
goberno do bipartito dende Santiago. Citaríache dende os
900.000 euros da gardería municipal -que se vai a contratar neste
mes de abril-; a transferencia das
travesías (Ferrol, Lugo e Meira)
que estivera paralizada, se acometerá inmediatamente a obra
por valor de 2,5 millóns de
euros; se lle sumas a inversión da
Xunta na vía Vilalba-Meira de
3,4 millóns de euros na súa reforma; seguimos coa adxudicación da mellora da vía
Vilalba-Rábade que son outros
3,4 millóns de euros; sumamos
tamén o máis de 1 millón de
euros da Consellería de Medio
Rural para a mellora da rede viaria municipal nas distintas parroquias; un obradoiro de emprego
que nos valeu para recuperar varias escolas do rural con 900.000
euros; outro millón de euros para
a mellora do abastecemento da
auga; 300.000 euros para o apardoiro público; e todo iso sen incluír moitas melloras que se
fixeron a través do Plan E: 4,3
millóns de euros. Pero eu non
quero politizar o asunto: o Plan
E é débeda pública, non son feitos con impostos estatais como
as obras que acabo de nomear.
- Que temas quedan pendentes?
- Unha vez que se abriu a autovía
Vilalba-Ferrol, e a Transcantábrica vaia abrindo tramos, poñen
a Vilalba nun centro neurálxico
co cruce de dúas autovías. Non
hai moitas poboacións en Galicia
que coincidan no cruce de dúas
autovías, co que supón iso para o
futuro empresarial, industrial e
comercial da nosa vila e, polo
tanto, para a creación de emprego. Os esforzos do Partido
Popular nesta lexislatura nova
van a seguir incrementando as
liñas de traballo para o asentamento de empresas na ampliación do polígono industrial. Xa
se fixeron xestión para xestionar
outros 400.000 metros cadrados
con Xestur. Seguiremos rematando o abastecemento da auga e
melloraremos a reforma integral
da Praza de Abastos. Impulsaremos medidas para dinamizar o
comercio na nosa vila como as
reformas do casco histórico, para
o asentamento comercial e a mellora da zona. Xa se compraron
Gerardo Criado destaca a xuventude e a renovación da lista do PP para as eleccións municipais
acometendo obras, sobre todo no
rural.
- Neste tempo de crise aos veciños interésalles os servizos sociais, como é a súa política
neste eido?
- Aprobamos no último pleno celebrado en marzo os presupostos,
que é onde se amosa o compromiso, un incremento de máis de
200.000 euros no apartado de
servizos sociais e xa estamos falando de 1,2 millóns de euros de
aportación nos nosos presupostos a través do Plan de Cooperación coa Xunta de Galicia.
“Pretendemos acadar a maioría
absoluta e seguir contando coa
confianza da maioría dos veciños
e das veciñas de Vilalba”
“A inversión nos últimos catro
anos foi de 25 millóns de euros”
“Vilalba será un centro neurálxico
co cruce de dúas autovías (FerrolVilalba e a Transcantábrica)”
unha serie de vivendas e pretendemos rehabilitalas no casco histórico. Seguiremos tamén
mellorando as escolas de todas
as parroquias, xa se fixeron moitas. Solicitaremos outro obradoiro de emprego, unha
ferramenta fundamental para os
desempregados e para seguir
Destacamos que somos o concello da nosa ratio (con 16.000 habitantes) que mellor e máis
dotación económica ten en todo
o relacionado cos servizos sociais. Cun presuposto que conseguimos manter nos números do
ano pasado a base aforrar nos
gastos correntes e no gasto de
persoal, deunos marxe para in-
crementar esa partida; estamos a
falar dun 20% de incremento que
nestes tempos económicos é moi
significativo.
- A perda de habitantes está a
ser un problema para Vilalba?
- Eses datos non son fiables. A
xente confunde o padrón co
censo e hai unha segunda cuestión que distorsiona os datos:
este ano nos censos borráronse
os inmigrantes. Nese sentido
teño que dicir que Vilalba non
perdeu poboación, ao revés,
vaina incrementando. O que se
está a notar nos últimos anos é o
incrementos de poboación no núcleo urbano en detrimento do
medio rural.
- Na lista do PP aparecen novas
caras, cal é o obxectivo?
- Cada vez que nos presentamos
a unha eleccións a renovación a
marca un 40 ou 50%. O Partido
Popular é o partido que máis se
parece a Galicia e que máis se
parece a Vilalba. A renovación
haina que facer con novas caras
dentro do noso partido coa súa
liña programática, sempre é o reformismo e o progresismo, de tal
maneira que é a xente nova quen
aporta esas cuestións. É significativa este ano non só a renovación cuantitativa, senón a idade
da persoas que se incorporan,
moitas delas de 27 a 31 anos, o
que demostra unha aposta clara
pola xuventude, con xente que
aporta dende o seu sector, a súa
preparación, o seu traballo. Demostra que a xente nova tamén
se acerca e se compromete coa
nosa liña de traballo.
- Cal é a súa opinión sobre os
outros candidatos que se pre-
sentan á alcaldía?
- O BNG fixo un cambio na cabeza de lista, importante, pero
non podo opinar porque non coñezo a lista completa. No Partido
Socialista están inmersos nunha
división interna importante e os
que van nesta candidatura viñeron doutro partido, do BNG, e fixéronse co control. Baixo o meu
punto de vista o Partido Socialista non ten unha base sólida.
- Cales son os retos a curto
prazo?
- Os traballos da corporación
nova van ir enfocados á creación
de emprego e todo o que está relacionado. Para crear emprego
temos que ter boas infraestruturas. Estamos en boa situación
pola chegada das dúas autovías
que nos poñen nun mapa importante. Facilitaremos a creación
de solo, xa estamos nesa labor,
que é continua, para que as empresas se asenten en Vilalba. Xa
se asentaron empresas importantes como Entrepinares e Lactalis,
que ten previsto incrementar as
súas instalacións. Nesa liña seguiremos porque así o marca a
situación económica na que vivimos. Queremos que Vilalba destaque non como unha capital,
que a é natural dunha comarca
como a Terra Chá, senón que coa
chegada desas infraestruturas,
temos que poñer a Vilalba como
unha capital do norte de Galicia.
Pasar de ser unha vila a unha capital e detrás diso está o feito de
seguir incrementando os servizos
ou mellorando os que temos,
tanto a nivel deportivo, como
cultural, como a nivel social e
dotacional.
10
actualidade
abril 11
guitiriz
Labrada celebra con éxito de visitantes Veciños de Guitiriz
a Feira da Verza e do Lacón Cocido
viaxan pola provincia
O Presidente da Deputación de
Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, foi o pregoeiro da Feira da
Verza e do Lacón Cocido que a
parroquia guitiricense de Labrada
celebra cun gran éxito de participación dende que arrancou no
ano 2008. Besteiro destacou na
súa intervención ante os numerosos asistentes o carácter único
desta cita en Galicia e practicamente en España. Besteiro deu os
seus parabéns aos veciños por
poñer en marcha a iniciativa, na
que tamén lles recoñeceu un destacado papel como “padriños” á
alcaldesa, Regina Polín, “a quen
sei que lle roldaba a idea pola cabeza dende o 2003”, e ao párroco, Luis Ángel Rodríguez
Patiño, quen, “dinamizando o
movemento asociativo”, creou o
caldo de cultivo propicio para
que arrancase a festa.
Gómez Besteiro animou ós veciños de Labrada a seguir cultivando e promocionando a verza,
un produto “que foi imprescindi-
ble na dieta dos galegos dende
sempre”, ten un gran potencial
culinario, “do que a cociña de
vangarda se está dando conta”, e
ademais a súa variedade rizada, a
propia de Guitiriz, “é máis
branda e suave, sabe mellor”.
Animou ademais aos produtores
a ter en conta a vía de comercialización que supón a marca Lugo
Sabe creada pola Deputación e
estudar a posibilidade de acollerse a ela. Recordou que os 150
primeiros produtos elaborados
baixo este distintivo de calidade
están á venda nos supermercados
Cemar e en catro estacións de
servizo da A-6, precisamente en
Guitiriz e O Corgo.
A unión veciñal que fomenta a
Feira da Verza foi outros dos elementos que gabou Besteiro, xa
que mobiliza aos 320 veciños
desta parroquia e atrae a ducias
de persoas de localidades dos
arredores. Convértese deste xeito
ademais “nun reclamo para que
as xentes doutros lugares se ani-
men a coñecer o fermoso que é
Guitiriz en xeral e Labrada en
particular”, parroquia na que,
apuntou o presidente, se encontran “dous dos tesouros do patrimonio cultural do municipio: a
igrexa de Santa María e o conxunto monástico da Granxa, e
que destaca por ser o núcleo con
máis cruceiros do concello e albergar canteiras de granito silvestre, un dos poucos lugares de
Galicia nos que existe”.
Trala lectura do pregón, comezou
a sesión vermú a cargo da orquestra Súper Fama e tivo lugar
unha comida campestre a base de
caldo de verza e cocido. Pola
tarde entregáronse os premios ás
mellores cestas adornadas con
verzas e produtos da matanza,
houbo un concurso de baile, organizado coa colaboración do
Club de Pensionistas de Guitiriz,
e unha churrascada para cear. Ao
longo de toda a xornada os visitantes puideron visitar unha exposición de maquinaria.
A Deputación firma dous
convenios por valor de 60.000
euros con colectivos de Guitiriz
A Deputación concede á comunidade de propietarios do Campo
da Feira de Parga unha axuda de
30.000 euros para rehabilitar os
alpendres que, cada quince días,
acollen a popular feira da zona. É
un dun dos mercados más importantes que comezou a funcionar
no barrio da Puebla e en 1875 levouse a zona actual debido a gran
afluencia de visitantes. Os alpendres foron construídos hai máis
de 100 anos e son os lugares de
exposición de produtos autóctonos así como de aparellos de labranza e maquinaria agrícola. Os
veciños da zona solicitaron este
ano a colaboración da deputación
para o seu arranxo ao considerar
que contribúe á continuidade da
celebración da feira na zona, fa-
vorecendo o desenvolvemento
económico de Guitiriz e a conservación do seu patrimonio.
Polígono de Pardiñas
O polígono de Pardiñas acollerá
ademais un centro loxístico de
transportes. O acordo establece
unha axuda de 30.000 euros á
Asociación de Empresarios do
Polígono Empresarial de Guitiriz.
Segundo as previsións dos empresarios, o centro loxístico de
transportes estará en marcha no
mes de abril, feito que obriga a
adiantar a consecución da súa
sede.
O centro é unha iniciativa pioneira en Galicia, promovida pola
Asociación Coruñesa de Empresarios do Transporte (ASCEN-
TRA). Segundo recolle o seu informe técnico, este proxecto suporá a creación de 10 postos de
traballo de forma directa e o mantemento dos 883 empregos cos
que conta na actualidade a entidade promotora, formada por varias cooperativas. O centro
loxístico de transportes supón
unha inversión de 1 millón de
euros destinados a avalar ante as
petroleiras as compras de combustible durante o primeiro
medio ano de funcionamento. O
obxectivo é que, tras ese período
de seis meses, o centro se autofinancie cos recursos que xere. A
previsión de ASCENTRA é que
o servizo acumule un beneficio
de 1,7 millóns de euros nos primeiros 5 anos de funcionamento.
O concello asina un convenio
por 25.000 euros
O presidente da Deputación cos veciños da zona
A Deputación achega esta cantidade para mellorar o contorno da igrexa e do cemiterio de San
Pedro de Buriz, así como o camiño á capela de
San Nicolás. Os 25.000 euros servirán para obras
de mellora no contorno da igrexa e o cemiterio
desta parroquia. Son uns traballos demandados
polos máis de 400 habitantes desta localidade,
que buscan potenciar o turismo e a mellora da
economía da zona. Gómez Besteiro destacou que
“a prioridade da institución lucense é a máxima
cooperación cos concellos”.
co programa Km0
Regina Polín cos alumnos do CEIP de Lagostelle
Preto de 310 veciños dos concellos de Guitiriz, Lugo, Guntín,
Castro de Rei, Palas de Rei e
Riotorto participaron durante o
mes de abril nas rutas do programa Km0 da Deputación de
Lugo, coas que coñeceron e descubriron A Mariña, Ribeira
Sacra, Terra Chá e A Montaña.
As rutas programadas discorreron polos municipios de Ribadeo
e Sober e foron demandadas polo
CEIP de Lagostelle, de Guitiriz,
e pola Asociación de Veciños As
Gándaras, Albeiros e Ponte Romano, respectivamente. A Deputada de Economía, Regina Polín,
recibiu aos dous colectivos no
salón de actos do Pazo de San
Marcos. En Ribadeo visitaron o
Centro de Cultivos Mariños,
deron un paseo en barco pola ría,
subiron ao ascensor panorámico
do porto deportivo de Porcillán e
percorreron o casco histórico e o
convento das Clarisas.
O PP renova a súa
candidatura en Guitiriz
co empresario Xosé
María Teixido á cabeza
O organismo provincial está en
condXosé Manuel Barreiro e Samuel Juárez, presidente dos populares en Lugo e Conselleiro de
Medio Rural, arrouparon a candidatura do Partido Popular en Guitiriz. O cabeza de lista amosouse
convencido do “cambio” no concello para conseguir “un novo
Guitiriz”.
“Pode que a Deputación de Lugo
vaia a construír aquí un edificio
para albergar unha mini residencia da terceira idade, pero será un
alcalde do Partido Popular o que
posibilite e garanta que esa residencia poida funcionar”, así o
asegurou o presidente provincial
dos populares Xosé Manuel Barreiro durante a presentación da
candidatura. Barreiro explicou
que o goberno bipartito da Deputación, “do que forma parte Regina Polín” pretende facer coa
residencias “que vai prometendo
ó longo en ancho da provincia” o
mesmo que fixo o bipartito na
Xunta co hospital de Lugo: “deixará edificios baleiros para que
sexan outros os que os enchan”.
“Nin o concello de Guitiriz nin a
Deputación se preocuparon de
coordinarse nin buscar a colaboración da Xunta neste asunto en
aras de asegurar a maior eficiencia dos recursos públicos e, sobre
todo, de garantir o seu mantemento e funcionamento futuro;
de explicar, en definitiva, cal vai
ser o modelo de xestión que se
vai aplicar”, explicou Barreiro.
“É dicir, seguiron ó pe da letra a
filosofía socialista: imos improvisar a ver si soa a frauta e os que
veñan detrás que resolvan o problema”, criticou.
Completan a lista do PP María
Manuela Carballeira, Ana Broz,
Jesús Tomé Ferreiro, Roberto Pereira, José Luis Serén, María de
los Ángeles Río, Patricia Paredes, Daniel Otero, Catarina
Blanco, Ana María Roca, Manuel
Ferreiro e Jesús Iglesias.
actualidade
abril 11
11
outeiro de rei
O parque de Marcelle reúne aos Begonte, Rábade e
premiados no concurso escolar Outeiro de Rei
acollen un taller
sobre as árbores e os bosques
sobre a infancia e a
adolescencia
Gómez Besteiro cos participantes nas xornadas no parque de Marcelle
A Deputación de Lugo e Correos
entregaron os premios do concurso escolar de cartas sobre os
bosques nunha xornada lúdica na
que participaron 400 persoas.
Os gañadores do concurso escolar
de cartas “Imaxina que es unha
árbore nun bosque”, convocado
con motivo do Ano Internacional
dos Bosques, recibiron os seus
premios nunha xornada lúdica no parque
Marcelle Natureza,
en Outeiro de Rei, a
comezos do mes de
abril. As actividades
comezaron con percorridos polo parque
de Marcelle e a Reserva da Biosfera Terras do Miño, onde
está enclavado o recinto.
O certame convócase
para sensibilizar aos
rapaces sobre a importancia do medio
ambiente e o seu coidado, celebrar que
este 2011 é o Ano Internacional dos Bosques e poñer en valor
as reservas da biosfera de Lugo. Os estudantes tiñan
que imaxinarse que eran unha árbore nun bosque e escribir unha
carta a alguén explicándolle o importante que é coidar deles.
abadín
Abren ao tráfico cinco quilómetros
da A-8 entre Abadín e Careira
O Ministerio de Fomento puxo en
servizo cinco quilómetros da Autovía do Cantábrico ao seu paso
por Abadín, poñendo fin aos problemas de seguridade viaria nesta
localidade chairega. Un traxecto
polo que chegaban a pasar oito mil
vehículos cada día.
A Autovía do Cantábrico ten xa
58,4 quilómetros en servizo. O
tramo Touzas-Vilalba será o seguinte en abrir e farao previsiblemente antes do verán. Para finais
deste 2011 abrirase LourenzáMondoñedo, quedando en funcionamento 71 quilómetros. O
Ministerio de Fomento investiu na
construción da A-8 en Galicia 484
millóns de euros.
Coa construción da Autovía A-8
do Cantábrico preténdese canalizar
o importante tráfico de longo e
medio recorrido que discorre polo
norte peninsular, dende Galicia ata
o País Vasco, abrendo unha nova
vía para as comunicacións.
Trátase dunha infraestrutura clave
para a conexión de Galicia coas
redes transeuropeas de transporte
e a cornisa cantábrica, discorrendo
o itinerario galego na súa totalidade a través da provincia de
Lugo, entre as localidades de Ribadeo e Baamonde.
Viaductos e pasos superiores
Este tramo da A-8 inclúe dous
novos viaductos para salvar dúas
vaguadas existentes: o viaducto de
Fontepresa, de 615 metros de lonxitude, sobre a vaguada do Rego
da Freixeira; e o viaducto de Rego
da Xesta, cunha lonxitude de 160
metros. O tramo dispón ademáis
de dous pasos superiores e cinco
pasos inferiores para a reposición
de camiños existentes, entre os que
se inclúe a estrada CP-0103.
Co fin de preservar o sistema hidrolóxico, leváronse a cabo obras
de drenaxe transversal que conducen as aguas de escorrentía aos
seus cauces naturais.
As actuacións medioambientais
supuxeron, segundo o Ministerio
de Fomento, un presupuesto dun
millón de euros. As máis destacadas corresponden a medidas de revexetación
e
plantacións
autóctonas realizadas para a adecuada integración paisaxística das
obras, así como a colocación de
pantallas acústicas de protección
fronte ao ruído. As obras contaron
con financiación de Fondos
FEDER da Unión Europea.
O Servizo de Prevención de
Drogodependencias dos concellos de Begonte, Outeiro de
Rei e Rábade organizaron esta
xornada de Prevención dende
a Familia. Trátase de buscar
solucións para a educación
dos máis pequenos da casa e
facelo intercambiando experiencias e vivencias.
Dende a organización recordan que “a infancia é a etapa
da vida onde máis influenza
temos na educación dos nenos
e a base que sustentará a súa
personalidade” por iso queren
explicar a importancia da educación. Engaden ademais que
a xornada servirá para “aprender a resolver problemas da
vida cotiá, así como a comprender os cambios que os fi-
llos experimentan durante a
infancia e a pre-adolescencia”.
O Servizo de Prevención de
Drogodependencias en colaboración cos colexios de educación infantil e primaria, así
como coas súas correspondentes asociacións de nais e
pais convocaron ás familias
dos alumnos e alumnas co fin
de buscar respostas a esta situación.
As xornadas desenvolvéronse
o luns día 11 no CEIP Baamonde de Begonte. O mércores día 13 celebrouse no CEIP
Laverde Ruíz de Outeiro de
Rei ás 16 horas e o xoves día
14 o taller tivo lugar no CEIP
Otero Pedrayo de Rábade a
partir das 18 horas.
O concurso fotográfico Vivir é convivir
achega a concellos
veciños da comarca
O concello de Guitiriz é un dos
89 muniO Servizo de Prevención de Drogodependencias dos
concellos de Begonte, Outeiro
de Rei e Rábade convoca o I
Concurso Fotográfico aberto a
toda a poboación que poderá
participar individual ou en
grupo
Un certame que busca promover o coñecemento e o achegamento dos concellos veciños.
Os traballos fotográficos servirán para dar a coñecer as riquezas paisaxísticas e patrimoniais
que temos máis preto. Os traballos deberán estar compostos
por instantáneas de cinco parroquias diferentes de entre as 47
que suman os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade.
Aquelas persoas que queiran
participar e se inscriban antes
do día 13 de abril poderán
tomar parte nunha xornada de
formación en Fotografía Dixital
que se impartirá de forma gratuíta o próximo 14 de abril ás
19.30 horas. A data límite para
a presentación dos traballos
será o día 31 de maio. O xurado
do concurso valorará os mellores tres conxuntos fotográficos
que serán premiados con 200
euros o máis valorado, 150
euros para o segundo premio e
100 euros para o terceiro.
Na páxina web do Servizo de
Prevención de Drogodependencias pódense descargar as bases
e os formularios de inscrición
no concurso.
12
actualidade
abril 11
cospeito
Comeza a funcionar o centro A Festa da Filloa celebra
de día no concello de Cospeito o 1 de maio a súa vixésima
Raquel Arias xunto ao alcalde Armando Castosa durante a inauguración das instalacións
O Consorcio de Servizos Sociais
pon en marcha estas instalacións
de apoio ás familias onde prestan atención terapéutica integral
ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa
autonomía persoal.
A delegada territorial da Xunta,
Raquel Arias, percorreu xunto ao
alcalde de Cospeito, Armando
Castosa, as novas instalacións
habilitadas para atender a 40 persoas maiores dependentes ou en
risco de padecer dependencia.
A través do Consorcio de Servizos Sociais a Xunta achegará un
orzamento anual de máis de
431.000 euros para a xestión e
mantemento do centro. A delegada territorial subliñou a aposta
do goberno galego por este tipo
de investimentos,
“un dato comprobable dado que en dous
anos de lexislatura
triplicamos o número de persoas dependentes atendidas
en Galicia”.
Arias incidiu en que
a Xunta está a facer
un esforzo en materia de servizos sociais, “e incluso
neste contexto restritivo de gasto, o orzamento
para
a
dependencia incrementouse nun 3%.
Deste xeito –continuou- o goberno autonómico asume xa o
70% do financia-
mento”.
Ao respecto, a delegada destacou a importancia de habilitar
servizos sociais desta natureza
en todos os concellos galegos,
especialmente no medio rural,
“de xeito que todos os galegos e
galegas disfrutemos da posibilidade de acceder aos mesmos servizos independentemente da
nosa localización no mapa”.
edición en Muimenta
O concello de Outeiro de Rei
celebrou A XX edición da Festa
de Filloa celebrarase o vindeiro
día 1 de maio. Esta Festa de Interese Turístico de Galicia cumpre os seus 20 anos de vida e
faino co empresario hostaleiro
Alberto García como pregoeiro.
O recinto feiral Manuel Vila
López acollerá ao longo da xornada unha demostración de
xogos tradicionais a cargo do
colectivo XOTRAMU, un
adianto á III edición que se celebrará o vindeiro 5 de xuño.
Pola tardiña a música chegará
da man do colectivo local Acapa
Show Petapouco e o grupo de
gaitas Entre lusco e fusco amenizará a xornada.
Tamén haberá un sorteo de produtos de artesanía doados por
algúns dos artesáns que acudiron á 27ª edición da Moexmu
celebrada o primeiro fin de semana do mes de abril.
Ao longo de toda a xornada, haberá unha exposición de case
medio cento de fotos, organizada pola Asociación Cultural
“Aquilino Iglesia Alvariño”, na
que aparecerán retratados as
persoas de maior idade, veciños
e veciñas da parroquia de Muimenta.
Durante a xornadas entregaranse os premios da XII edición
do Concurso de Debuxo e Relato da Filloa, que este ano tivo
como temática O Río Miño. De
entre os dezaoito premiados en
cada unhas das categorías escollerase un gañador que obterá de
premio un ordenador portátil
doado pola USC e os traballos
gañadores estarán expostos nas
oficinas do Recinto Feiral.
Outras actividades
O domingo 8 de maio, terá lugar
no Recinto Feiral o tradicional
xantar de agradecemento aos
colaboradores da Festa da Filloa. O venres día 6 o Centro
Socio Cultural da Xuventude e
da Terceira Idade acolle unha
charla dirixida a gandeiros
sobre a xestión da recría, a cargo
do profesor da Universidade de
Pennsylvania, Jud Heinrichs, especialista na recría e alimentación do gando vacún.
Un mundo por descubrir na Granxa Garabullos
Multitude de actividades e xornadas para aprender neste entorno natural da Terra Chá
A Granxa Garabullos de Cospeito xa
abriu as súas portas para acoller as visitas
escolares. É o comezo dunha nova temporada para desfrutar ao aire libre, en contacto coa natureza e coñecendo de preto a
flora e a fauna da Terra Chá. Trátase do
programa “Granxa educativa” dirixido aos
centros educativos e guiado por personaxes que habitan na Fraga Garabullos. Coa
axuda do Trasno Pit e o Elfo Troncoso coñecerán aos animais da granxa e do bosque e realizarán as misións que lles
encarga a Meiga da Lagoa.
A granxa educativa é só unha das múltiples posibilidades que ofrece a granxa. As
“Estancias Naturais” van dirixidas a centros educativos de ensino secundario e
céntranse no desenvolvemento de contidos curriculares de Educación Física e
Ciencias da Natureza.
O “Encontro de Xogos” é outra das propostas pensadas para atender as necesidades demandadas de ANPAS e grupos
numerosos para a realización de convivencias e xornadas, cun contido altamente lúdico, onde os participantes aprenden
formas diferentes de xogar e relacionarse
co entorno natural.
Ademais de grupos escolares nesta granxa
tamén pensan nas familias e por iso “Lecer
en familia” ofrece a posibilidade de compartir un día de xogos e experiencias entre
pais e fillos. Este ano propoñen unha iniciativa de Campamento Familiar para
poder desfrutar dunha semana de actividades compartidas entre pais e fillos nun ambiente de convivencia e diversión.
As “Rutas de Aventura” son experiencias
dirixidas a grupos de adultos como terapia
de descarga de adrenalina e una proba de
superación: escalada, paintball, sendeirismo, cicloturismo, tiro con arco…
O “Refuxio de Natureza” é unha invitación para grupos que realizan as súas propias actividades no entorno e necesitan un
centro loxístico no que reunirse, durmir e
comer.
A “Festa no Campo” está dirixida a grupos
de nenos e nenas que queren celebrar o seu
día especial de aniversario ou comuñón,
de xeito diferente, con experiencias de
descubrimento da natureza, xogos e comida feita por eles mesmos.
Campamentos de verán
Unha das iniciativas da época estival son
os campamentos de verán. Unha experiencia dunha semana dirixida a nenos entre
os 5 e os 16 anos. Os campamentos celébranse do domingo 31 de xullo ao sábado
6 de agosto: Para os nenos de 5 a 11 anos
a temática é natureza e granxa. Para os
mozos e mozas de 12 a 16 anos a programación é a aventura na natureza.
actualidade
abril 11
terra chá
A Xustiza desestima o recurso da
empresa Erimsa contra Cospeito
pola licenza para extraer cuarzo
Os produtos da comarca
obteñen o distintivo de
calidade “Lugo Sabe”
A Comisión contra as minas na Terra Chá celebra a
sentenza que impedirá á empresa mineira ter
permiso municipal para a súa actividade
A empresa Erimsa ten tres concesións mineiras para extracción de
cuarzo que afectan a preto de
6.000 hectáreas nos concellos de
Cospeito, Castro de Rei, A Pastoriza, Vilalba, Abadín e Riotorto. A
finais do 2008 solicitou as licencias urbanística e de actividade en
Cospeito, Castro de Rei e A Pastoriza. “Os concellos non contestaron e a empresa entendeu
concedidas as licencias por silencio administrativo”, así o explican
dende a Comisión contra as minas
na Terra Chá. Os concellos amparáronse na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio
Rural entendendo que o silencio
administrativo non era positivo.
Erimsa presentou recursos contenciosos administrativos nos xulgados de Lugo e demandou aos
concellos afectados.
Agora o xulgado Número 2 de
Lugo ditou a sentenza desestimatoria en relación á demanda promovida pola empresa mineira
contra o concello de Cospeito.
“Aínda que pode recorrer a sentenza, agora mesmo Erimsa non
poderá obter licenza urbanística
nin de actividade en Cospeito por
silencio administrativo, tal e
como pretendía tras solicitala e
non obter resposta municipal”,
engaden dende a comisión.
A xustiza dá a razón ao concello
de Cospeito e a varias persoas e
entidades co-demandadas, coma
Gonzalo Rodríguez, que compareceu en representación da Comisión; o Sindicato Labrego Galego;
e varios gandeiros e gandeiras e
veciños e veciñas. A Comisión
contra as minas da Terra Chá expresou o seu desexo de que os
O Foro Vilalbés de
Debate e Cooperación
recorda ao falecido
político socialista
Martín Seco Cendán
O día 30 de abril terán lugar
os actos na memoria do finado político de Vilalba,
Martín Seco Cendán, que
organizan o Foro Vilalbés de
Debate e Cooperación e o
concello de Vilalba.
Os actos en recordo do político vilalbés comezan o día
30 de abril ás 12 horas na
rúa Mato Vizoso, na casa
onde naceu Martín Seco
Cendán. Alí levarase a cabo
o acto institucional onde tomarán a palabra Margarita
de Vicente Mato, secretaria
do Foro Vilalbés e Gerardo
Criado, alcalde de Vilalba.
Despois o alcalde descubrirá
a placa que o concello coloca na casa onde naceu o
homenaxeado para o recordo dos seus veciños. Un
acto que estará amenizado
con música tradicional galega.
A xornada continuará no entorno do Muíño do Rañego,
no lugar onde a familia de
Martín Seco Cendán ten
plantado un carballo na súa
memoria. Alí o vicepresidente do Foro Vilalbés de
Debate e Cooperación, Suso
Trastoy, descubrirá o monólito que esta organización
encargou con fondos recollidos de doazóns de particulares de Vilalba e que se
gravou cunha dedicatoria e
unha poesía na memoria
deste político socialista vilalbés. Tralo acto tomarán a
palabra os profesores vilalbeses Bernardo García Cendán, sociólogo e escritor;
Manolo Roca Cendán, economista e escritor; e Agustín
Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura.
13
contenciosos interpostos contra os
concellos de Castro de Rei e A
Pastoriza teñan igual desenlace.
Historia da comisión
A oposición ás minas na Terra
Chá comezou no ano 2006 cando
o Diario Oficial de Galicia fai públicas tres concesións mineiras
para extracción de cuarzo á empresa Erimsa. As concesións
aprobáronse sen ter en conta,
entre outros, os intereses agrogandeiros na declaración de impacto
ambiental. Ao comezar 2007 convócase a primeira das mobilizacións en Lugo. A comisión
integrada por colectivos agrogandeiros, cooperativas, ecoloxistas,
veciños... conseguiu polo de
agora que ningunha escavadora
empezara a destruír a terra para
extraer o cuarzo.
A Deputación de Lugo pon no
mercado os primeiros 150 produtos autóctonos Lugo Sabe, a
marca de garantía de calidade
do organismo provincial. Entre
eles, o queixo de San Simón da
Costa, a torda de Guitiriz ou os
capóns de Vilalba. Pero a variedade de produtos da provincia vai dende os pementos,
cebolas, tomates, mel, pan e
derivados, queixos, carnes de
vacún e porcino, así como embutidos ou doces. A listaxe,
que segue aberta a todas as empresas lucenses interesadas incrementarase nas vindeiras
semanas.
O Presidente da Deputación de
Lugo, José Ramón Gómez
Besteiro, entregou este martes
os diplomas que acreditan posuír este distintivo, ás primeiras empresas agroalimentarias
que someteron os seus produtos a unha rigorosa avaliación
durante todo o seu proceso de
fabricación: produción, embalaxe, almacenamento e distri-
bución.
Gómez Besteiro asinou un
convenio para a súa inmediata
posta á venda, nun principio,
en 14 establecementos de
Cemar, Cafestore e La Palloza
Gallega nas provincia de Lugo
e A Coruña. No caso de Cemar,
en primeiro lugar venderanse
nos 10 supermercados que
posúe en Pobra de San Xillao,
Ribadeo, Ferreira do Valadouro, Meira, Castro Riberas
de Lea, Palas de Rei, Lugo e
tamén en Ortigueira e Cedeira.
Os restantes puntos de venda
sitúanse en catro estacións de
servizo da A-6.
Comercio electrónico
A Deputación porá en marcha
en maio a primeira plataforma
de comercio electrónico na
provincia. Será un espazo
onde, de xeito totalmente gratuíto e as 24 horas do día, as
empresas lucenses poderán
anunciar, vender e distribuír os
produtos agroalimentarios.
Cultura investirá 880.000 euros en
edificios singulares da provincia
Antón Bao nas instalacións do Cárcere de Sarria
A Área de Cultura da Deputación
vai poñer en marcha un plan de
acondicionamento e posta en
valor de edificios singulares na
provincia de Lugo. Nos Museos
da Rede Museística realizaranse
obras de mellora das instalacións
que xa están en uso, e tamén de
acondicionamento de novos espazos.
No Museo de Lugo levarase a
cabo unha intervención para consolidar a estrutura do claustro e a
mellora da iluminación e o sistema de rego dos xardíns, cun orzamento total de 100.000 euros.
No caso do Museo do Mar de San
Cibrao, achegaranse 190.000
euros para realizar obras de ampliación.
Na sala de exposicións Porta
Miñá de Lugo, o museo arqueolóxico, a Área de Cultura da Deputación aportará un total de 25.000
euros para contribuír ao desenvolvemento das obras que o concello
realice neste edificio singular.
O pazo de Tor, situado no concello de Monforte, será outro dos
obxectivos deste plan de recuperación e posta en valor de edificios singulares. Data do século
XVIII e nel acometeranse as
obras de iluminación e acondicionamento ambiental dos alpendres,
algo que permitirá musealizar
estes espazos e trasladar, a un
deles, os fondos da biblioteca do
Pazo. Tamén se acometerán accións de conservación na carpin-
tería exterior do edificio.
Outro dos investimentos terá
como obxectivo o acondicionamento do Cárcere de Sarria: un
edificio que se converterá nun
lugar de valorización e recuperación das tradicións populares e
acollerá diversas actividades culturais. Por outra banda, o edificio
que alberga o Círculo das Artes de
Lugo tamén contará coa colaboración da Área de Cultura, que
achegará 75.000 euros para realizar obras de mellora dos espazos
do edificio lucense atendendo ao
valor histórico que ten para a cidade de Lugo.
Dentro do plan programado pola
Área de Cultura inclúese tamén a
rehabilitación integral do edificio
da Escola Habanera de San Miguel de Reinante, no concello de
Barreiros, un edificio de comezos
do século XX. Esta escola habanera ten forma de U, e unha das
alas do edificio converterase en
sala multiusos que permitirá a realización de exposicións, obradoiros e outras actividades culturais.
A outra ala do edificio habilitarse
como salón de actos, e a parte
frontal da escola terá, na súa
planta alta, oficinas destinadas a
asociacións culturais. Tamén se
recuperará o xardín de tipo indiano que existía no patio interior
do recinto. Para a recuperación
desta escola do concello de Barreiros a área de cultura da Deputación de Lugo aportará un total
de 200.000 euros.
14
actualidade
abril 11
terra chá
A Deputación executará preto de 300 Os socialistas reúnense
obras con 3,4 millóns de euros den- cos empresarios de
tro do Plan de Comunidades Veciñais Vilalba para coñecer as
súas demandas
A Xunta de Goberno da Depu- tación non supera os 12.000 Soexo.
tación aprobou as obras do Plan
de Comunidades Veciñais do
2011 co que o organismo provincial seguirá aumentado a cooperación cos concellos da
provincia. Un total de 295 entidades asociativas beneficiaranse doutras tantas obras que
se executarán ao longo deste
ano e que 3,4 millóns de euros.
Desta cantidade, a Deputación
achega o 67,6%; é dicir, 2,3 millóns, e as asociacións veciñais,
o 29% restante, 1 millón de
euros.
Trátase dunha iniciativa que
mellora as economías locais xa
que está destinada ás parroquias
dos concellos. Subvenciónanse
pequenas obras que os concellos non poderían acometer sen
a colaboración da deputación. É
o caso de pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos e pavimentacións, rede
de sumidoiros, alumeado público ou acondicionamento de
camiños rurais.
As axudas que concede a depu-
euros, é dicir, o 75% do importe
total da obra, de xeito que o
25% restante é aportado polos
colectivos veciñais.
61 obras na Terra Chá
En total son 61 proxectos os
que se desenvolverán por asociacións e entidades dos nove
municipios de Terra Chá. A deputación achegará 443.834,07
euros para axudar a custear
todas as iniciativas veciñais,
que conxuntamente suman un
orzamento de case 650.000
euros.
Os municipios con máis actuacións son Vilalba e Cospeito,
cunha decena cada un, mentres
que en Begonte executaranse
sete proxectos, seis en Xermade, cinco en Muras e Castro
de Rei e catro en Abadín, Guitiriz e A Pastoriza.
En Vilalba melloraranse seis escolas parroquiais, dous camiños
rurais, o acondicionamento do
cemiterio de Tardade e a compra de bancos para a igrexa de
En Cospeito as obras destinaranse a acondicionar seis igrexas e unha pista polideportiva
en Xustás, así como pechar un
campo da festa, comprar mobiliario e facer un pozo.
No concello de Begonte as
obras acondicionarán tres locais
sociais, unha escola, un campo
da festa, unha fonte e o club fluvial de Baamonde.
Mellorarase tamén o campo de
fútbol de Cabreiros, catro locais
sociais e comprarase mobiliario
para os cazadores de CazásMomán.
En Muras as obras centraranse
no acondicionamento de camiños rurais. E en Abadín construiranse as beirarrúas dun
cemiterio, acristalarase unha
pérgola, mellora dun camiño e
a rede de abastecemento de
auga.
En Guitiriz construirase un
aparcadoiro, acondicionaranse
camiños, rehabilitarase unha escola e dotarase de electricidade
á capela de San Alberte.
begonte
As obras na rede de abastecemento
de Begonte e Baamonde rematarán
durante o mes de maio
rios arranxos destas infraestruturas ao longo do ano, o que supoñía un desembolso duns 50.000
euros anuais.
O organismo provincial asumiu
a execución da primeira fase
desta obra ante a imposibilidade
de poder ser executada polo concello de Begonte, que en total
ten un investimento de 700.000
euros.
Gómez Besteiro e Otero durante a visita ás obras en Begonte
Confirmouno o Presidente da
Deputación provincial de Lugo
na visita a Begonte e Baamonde
a comezos do mes de abril. Os
traballos, do Plan Extraordinario
de Obra Pública, avanzan a “bo
ritmo” e rematarán en menos
dun mes e medio.
Contan cun investimento de
334.000 euros. Trátase dunha
obra moi demandada polos veciños, xa que os problemas no
subministro de auga eran continuos, debido a que as tubaxes se
atopan danadas e moi deterioradas. Ademais, a presión é insuficiente para levar a cabo as
habituais tarefas domésticas nos
fogares. Isto provocaba que o
concello tivese que acometer va-
Ponte de Baamonde
O presidente da Deputación
anunciou ademais que o organismo provincial estudará medidas para poñer fin aos
asolagamentos na Ponte de Baamonde que se suceden a cotío
debido ás intensas choivas. As
continuas enchentes impiden aos
veciños empregar este vial que
comunica os concellos de Begonte e Guiritiz.Gómez Besteiro
comprometeuse a esta avaliación por parte dos técnicos do
organismo provincial á petición
das ducias de cidadáns que se
concentraron na zona durante a
visita ás obras.
Os socialistas de Vilalba continúan coa súa rolda de reunións
para presentar as súas propostas
de cara ás eleccións de maio. O
candidato socialista á alcaldía
de Vilalba, acompañado por
Elba Veleiro e o presidente da
Deputación de Lugo, Xosé
Ramón Gómez Besteiro, mantiveron unha xuntanza cos empresarios do polígono de
Vilalba. Na reunión amosaron
interese e preocupación polos
problemas, necesidades e inquedanzas deste colectivo. “Puxéronse na mesa temas propios da
xestión das empresas como son
a dispoñibilidade de solo; a falta
de boas comunicacións de telefonía e internet; e a xestión dos
residuos nas pequenas e medianas empresas”, explicou Vidal.
O candidato falou do seu compromiso “para posibilitar a formalización dun plan específico
para a recollida de lixo das
PEMES”.
Besteiro explicou que “hai unha
forma distinta de gobernar coa
participación e implicación de
todos. A necesidade de xerar
emprego en Vilalba é importantísima, dado o elevado porcentaxe de xente vinculada ao
sector industrial. Cada vez hai
máis certeza en Vilalba de que
un cambio é posible. Estar
quieto non conduce a nada”.
En canto á preocupación dos
empresarios pola seguridade e
pola ampliación do polígono,
comprometeuse a que “se o alcalde presenta os proxectos,
dende a Deputación podemos
financialos”. Ao respecto da seguridade Vidal recordou que o
PSOE presentou “propostas no
concello para que parte dos fondos do Plan E foran destinados
a cámaras e sistemas de vixilancia, que dende o concello foron
rexeitados”.
Serafín Otero encabeza a
candidatura socialista de
Begonte cunha lista renovada
As perspectivas dos socialistas
de Begonte para as vindeiras
eleccións municipais son “acadar o respaldo maioritario dos
veciños deste concello para
poder liderar o futuro de Begonte, dende a alcaldía, e para
poder desenvolver o proxecto
socialista cun respaldo suficiente que nos permita non ter
atrancos no camiño”, segundo
afirma o cabeza de lista.
Serafín Otero Paredes encabeza
a candidatura do PSdeG-PSOE
e subliña que os seus obxectivos
son “frear a perda de poboación;
favorecer o investimento, nunha
gran aposta polo emprego, a formación e a mocidade. Pretende-
mos facer de Begonte un lugar
atractivo para vivir. Nos concellos como o noso, con poboación envellecida, debe ser unha
aposta clara e decidida dos servizos sociais darlle a volta a esa
situación”.
Sobre a candidatura explica que
“hai xente nova, con moita ilusión por traballar por Begonte.
É unha lista un 50% paritaria, na
que hai sete novas incorporacións”, remata. Acompáñano
María Teresa Ares, María Regueiro, María José Cabarcos,
Eugenio Arraña, Isabel Díaz, Jesusa Pichín, Carlos Vizcaíno,
María Pilar Agrasar, J. Ramón
Vázquez e Ángel Díaz.
actualidade
abril 11
15
Serafín Otero, candidato á alcaldía de Begonte polo PSdeG
“Somos os únicos que podemos liderar o
cambio e garantir o futuro de Begonte”
Apaixonado da lectura, da caza e
da pesca, aos seus 53 anos, o socialista Serafín Otero quere ser alcalde de Begonte. Preséntase a
estas eleccións con ilusión e coa
convicción de ter os deberes feitos nestes últimos catro anos.
-Por que decide presentarse
como candidato á alcaldía de
Begonte?
-Preséntome para consolidar un
proxecto que durante estes catro
anos puidemos comezar a desenvolver desde o goberno municipal
e que considero que supuxo un
adianto para o noso concello.
Desde que entrou o PSOE no goberno, o concello de Begonte
abriu as súas portas aos veciños,
que por primeira vez en moitos
anos foron a prioridade para o
executivo municipal.
-A un mes das eleccións municipais como afronta esta recta
final?
-Con moita ilusión e orgullo polo
traballo realizado nestes 4 anos e
coa esperanza de seguir gobernando este concello pero esta vez
como alcalde. Así poderemos liderar o noso proxecto xa que
aínda que o peso da xestión recaeu no noso partido, loxicamente tivemos a limitación de
non ostentar a alcaldía. Agora espero que cambie esta situación.
Eu creo que a pesar de todos os
problemas polos que tivemos que
pasar por non ter a maioría necesaria para sacar adiante as nosas
propostas, o balance foi moi positivo porque serviu para demostrar que as cousas se poden facer
doutro xeito. Penso que os veciños e veciñas de Begonte saben
valorar o traballo feito e por tanto
estou seguro de que obteremos un
gran resultado nas vindeiras eleccións municipais.
-Como afectará ao PSOE de
Begonte a ruptura do pacto de
goberno no concello?
-Aínda que o alcalde se sacou da
manga unhas supostas diferencias
con nós para intentar xustificar o
inxustificable do seu comportamento, o pacto funcionou positivamente. Entre outras cousas
porque o PSOE fixo un gran traballo e a verdade é que houbo un
bo entendemento ata que o alcalde decidiu irse ao PP. Esa falta
de criterio é algo intolerable para
nós e por iso decidimos a abandonar o goberno. Eu penso que os
cidadáns de Begonte saben perfectamente cal foi o noso papel e
saberá valorar a nosa coherencia
e o noso traballo, polo que estou
seguro de que nos darán o respaldo maioritario.
-Como explica a integración do
actual alcalde na lista do Par-
tido Popular?
-A explicación é moi sinxela.
Cando che importan máis os intereses particulares que os intereses
dos veciños de Begonte, é sinxelo
comprar a túa vontade. Esta é a
razón. Non vos preocupedes, que
non tardaremos moito en saber
cal é a xustificación desta decisión nin dos intereses do alcalde.
Xa veredes como non tardará
moito en marchar do concello.
-No 2007 a alianza con Independentes de Begonte levounos
ao goberno municipal, volvería
a negociar nestas eleccións con
outro partido?
- Hai catro anos os veciños de Begonte dixeron que querían un
cambio e, tras máis de 20 anos, o
PP perdeu a maioría absoluta.
Dende o PSOE entendemos que
era bo para o concello abrir as
súas portas e cambiar a un goberno que xa estaba apolillado.
Pensamos que non podiamos desperdiciar a ocasión de darlle aos
veciños de Begonte a oportunidade de modernizar este concello
e poñelo no lugar que se merece.
Creo que estes 4 anos serviron
para contrapoñer dous modelos, o
do pasado e o do futuro, e por iso
pensamos que agora temos que
consolidar este traballo gobernando e liderando este concello,
para que non volva a estar na cola
e siga subido ao tren do avance e
do futuro. Nós presentámonos
para gobernar este concello en solitario e por tanto dos pactos haberá que falar despois das
eleccións pero se hai que chegar
gonte para poder liderar o futuro
deste concello, pero desde a alcaldía, para poder desenvolver o
noso proxecto co respaldo suficiente que nos permitan non ter
atrancos no camiño.
-Cal é o eixo central do seu programa?
-Frear a perda de poboación, favorecendo as inversións, apostando polo emprego, a formación
e a xuventude. Para facer de Begonte un lugar atractivo para
vivir. E un dos obxectivos de concellos como o noso, cunha poboación envellecida, debe ser tamén
a aposta decidida polos servizos
sociais.
-Que visión ten do Begonte actual e que cambiaría?
-Eu creo que Begonte é un concello cheo de oportunidades de
futuro debido á súa inmellorable
situación estratéxica. O que precisa é desenvolver as políticas necesarias que nos permitan
aproveitar estas oportunidades
que se nos presentan. A verdade
é que cambiar non cambiaría
nada, a min Begonte gústame tal
como é, o que precisa é seguir investindo en cubrir todos os servizos básicos na totalidade do
municipio porque esta é a prioridade, e despois seguir mellorando
as infraestruturas, apostar pola
formación, pola cultura e polo deporte como a garantía dunha vida
saudable. Temos que apostar por
potenciar as virtudes do modo de
vida rural fronte ao urbano para
fixar poboación e garantir o futuro deste concello.
“O principal é frear a perda de poboación, favorecendo as inversións, apostando polo emprego, a formación e a
xuventude”
“Begonte é un concello cheo de oportunidades de futuro debido á súa
inmellorable situación estratéxica”
“O síntoma de avance dun concello, sen
dúbida, son os investimentos en servizos sociais, en mellorar a calidade de
vida das persoas”
a acordos para que Begonte siga
avanzando, estaremos abertos ao
diálogo polo ben dos veciños.
Para iso poden contar co Partido
Socialista.
-Cales son as expectativas de
cara ao 22 de maio?
-As expectativas nas vindeiras
eleccións son acadar o respaldo
maioritario dos veciños de Be-
-En que se centra a súa política
económica?
-A política económica nun concello como o noso, cun modesto
presuposto, debe ser a de manter
as contas saneadas porque ademais temos pouca capacidade de
endebedamento. E no momento
actual no que os concellos pasamos por dificultades económicas,
En marzo os socialistas romperon o pacto de goberno co PP
temos que garantir a eficiencia no
gasto dos recursos, para poder resistir sen afogarnos financeiramente e poder manter os servizos
básicos.
-E a política social?
-A política social sempre foi a
nosa prioridade. Nun concello
como o noso, temos que garantir
o coidado dos enfermos, dos
maiores e dos discapacitados porque son os máis indefensos e os
que precisan que as administracións lles adiquen todos os recursos posibles. O síntoma de avance
dun concello sen dúbida son os
investimentos en servizos sociais,
en mellorar a calidade de vida das
persoas. Creo que nestes catro
anos se fixeron grandes avances,
sempre dentro das nosas limitacións e tendo en conta que en servizos sociais todos os recursos
son insuficientes. Sen embargo
ampliamos a axuda a domicilio e
tamén abrimos o primeiro centro
de día no noso concello. Temos
que seguir avanzando nesta dirección.
-Cal é a súa opinión sobre os
outros candidatos á alcaldía?
-A miña opinión é de respeto absoluto aos outros candidatos,
como non pode ser de outro xeito.
Sen embargo eu creo que o Partido Socialista é o único que pode
garantir o futuro de Begonte, por-
que somos os únicos que podemos liderar o cambio, como demostramos co noso papel no
goberno municipal. Sinceramente
o señor Ulla, candidato do PP, representa ao pasado e a un modo
de gobernar que deixou a Begonte no vagón de cola. Non nos
pode falar de futuro porque xa demostrou cal é o seu proxecto
cando estivo no goberno e Begonte non pode volver a sufrir a
desidia nin o abandono ao que o
someteu o Partido Popular e do
que o señor Ulla é absolutamente
responsable. Ademais, a candidatura do PP caracterízase pola falta
de rigor e de criterio absoluto: primeiro están no PP, logo anuncian
que abandonan o partido, despois
que volven e agora fichan a outra
persoa sen criterio, o señor alcalde, que tamén pasa de dicir que
vai por independente a ir polo PP
de número 2, o cal é inaudito. A
ver con que nos sorprende semellante falta de sensatez e de criterio. A verdade é que costa tomalo
en serio.
- Que é o primeiro que faría se
chegase a ser alcalde?
- Convocar aos axentes económicos do concello para facer unha
aposta polo emprego que é a principal necesidade dos habitantes
do concello, para evitar así a
perda de poboación.
16
actualidade
abril 11
castro de rei
muras
O BNG de Castro de Rei
acusa ao alcalde de “dinamitar” o pacto de goberno
O BNG busca o cambio político en Muras con Manuel Requeixo como cabeza de lista
Jorge Balado acusa ao alcalde de “mentir
abertamente e de planificar á mantenta” a
ruptura do pacto de goberno
O voceiro municipal do BNG,
Jorge Balado, denunciou que
“o señor Valiño mente cando
afirma que quixo negociar o
orzamento”. O voceiro do
BNG e candidato á alcaldía indicou que “nin o negociou con
BNG nin tampouco o fixo,
como recoñeceu o concelleiro
de TEGA, con Roberto Lorenzo”. O propio ex concelleiro do PSOE, agora non
adscrito, tamén recoñeceu no
pleno que “con el tampouco
negociara nada”. Balado indicou que “cando tres partes de
catro afirman que non houbo
negociacións do orzamento,
confirman a mentira do señor
Valiño”.
O BNG incide en que estes orzamentos son “moi malos”
para Castro de Rei, unha visión
na que “non casualmente coincidiu toda a corporación, incluído un dos concelleiros que
non había vinte días formaba
parte do grupo socialista”. Segundo o candidato nacionalista
á alcaldía “agora está claro por
que os orzamentos se presentaron como se presentaron”.
O voceiro municipal subliñou
que o orzamento “non incluía
nin sequera unha obra, máis
alá das anuais do Plan de
Obras e Servizos, cun investimento real que non chega ao 8
% do total”. Constata que “o
alcalde non pode falar de negociación a dar documentación
que obrigatoriamente ten que
entregar para o pleno”. O BNG
insiste en que toma “as decisións pensando nos intereses
dos veciños de Castro de Rei”
e contrapón a actitude de Valiño que “pensou e pensa exclusivamente na súa situación
persoal”.
Orzamentos municipais
A próxima corporación municipal de Castro de Rei terá que
aprobar os orzamentos municipais para o presente exercicio.
Os presupostos do alcalde
foron rexeitados por maioría
no pleno. Tanto populares, nacionalistas como o concelleiro
non adscrito, Antonio Balado,
votaron en contra, coa abstención do representante de Terra
Galega.
O alcalde, Juan José Díaz Valiño, explicou que o orzamento
para este ano suma 2.970.600
euros, cun incremento de
300.000.
O BNG concurrira ás vindeiras
eleccións municipais en Muras
cunha renovada lista que encabeza Manuel Requeixo Arnejo,
veciño do Pico Verde, Licenciado en Historia pola USC e
vinculado ás organizacións non
gubarnementais ligadas a integración de persoas con problemas de exclusión social.
Segundo explicou Requeixo “a
candidatura do BNG é unha
equipa para posibilitar o cambio
político do que Muras está tan
necesitado, unha equipa para
mudar o rumbo dun concello dirixido por un goberno esgotado,
unha equipa para devolver a ilusión aos veciños e restaurar a democracia. Democracia que
significa igualdade no trato para
os veciños, democracia que implica entender as persoas como
suxeitos de dereitos e que polo
tanto implique desterrar as prácticas clientelares. En definitiva
tratase de rematar cun goberno
que se caracterizou por vinte
anos de promesas e outros tantos
anos de incumprimentos”.
O cabeza de lista adiantou que
“as liñas centrais da alternativa
dos nacionalistas van na triple
dirección de favorecer o desenvolvemento económico do concello, afortalar os servizos
sociais e mellorar as infraestructura. Non hai posibilidade algunha de asentar a poboación no
concello se non se actúa nestes
tres eixos”, ao mesmo tempo que
denunciou “ que a Casa do Concello non pode ser un cortixo ao
servicio dos interese particulares
do alcalde, un espazo que na
contra de dar resposta aos problemas e preocupacións dos veciños só está interesada en
solventar aquelas cuestións que
son do interese persoal do alcalde. É o momento de poñer a
institución ao servicio de todos”,
explica.
Acompañan a Requeixo nesta
candidatura Belén Chao, de Coruxos-Viveirón, é traballadora de
prisións; Carlos Carballés da Paleira, operario da construción;
Antonio Chao, das Ucheiras, ensinante; Patricia Puentes, da Picheira, Graduada Social; Delio
Fernández da Funqueixeira-A
Balsa, encofrador e Carlos Requeixo do Pico Verde, soldador.
meira
María Veiga encabeza a
lista nacionalista para a
alcaldía de Meira
O BNG de Meira presentou a
súa candidatura á alcaldía de
Meira, encabezada por María
Vega, que repite como actual
voceira do BNG que repite
como cabeza de lista. Os nacionalistas apostan por unha candidatura de homes e de mulleres
“ilusionados, con ganas de traballar e con proxectos para que
Meira avance”. A definición da
candidatura é “a honestidade, o
traballo e as ganas por cambiar
o pobo de Meira que segue estancado, pero que ten as sufi-
cientes potencialidades para destacar
como a cabeceira de
comarca que é”. “Presentamos unha candidatura anovada coa
incorporación de persoas que non participaron
noutros
procesos electorais,
mais tamén combinándoos coa experiencia
de xente que xa non é
a súa primeira xeira en
política”, explican os nacionalistas.
Completan a lista no segundo
posto Felipe Nieto e no terceiro
Xosé Salgado, actual responsable local do BNG de Meira.
Xunto a eles Ermitas Rodríguez,
gandeira, Fátima Docio, responsable da oficina de Extensión
Agraria, Félix Paz, profesor de
matemáticas, Raquel Abraira,
veciña da Valiña, Nadia Gutierrez, veciña da Veiga da Horta,
e Fina Abraira, gandeira.
O actual alcalde Antonio
de Dios preséntase á reelección nas municipais
No acto de presentación o actual
rexedor repasou tanto as obras e
as inversión, así como os compromisos para os vindeiros anos
entre os que se atopa a aprobación do PXOM.
O alcalde de Meira anunciou
que o compromiso dos socialistas, pactado para os vindeiros
anos, céntrase no remate e ampliación da residencia, a aprobación do PXOM de Meira, a
construción da escola municipal
de música, a gardería municipal,
a culminación do polígono in-
dustrial, a promoción
de vivendas sociais, a
renovación do saneamento e abastecemento de auga no
casco urbano e no
medio rural, a substitución de fosas asépticas, o remate da
electrificación en Cabana, Irimia Baixo,
Paredes e Paderme, a
iluminación da igrexa
de Santa María de
Meira, o fomento de emprego e
a asistencia a desempregados, o
novo campo de fútbol e a reforma e mellora do cuartel da
Garda Civil.
Sobre a candidatura explicou
que “son persoas moi queridas,
coñecidas e con moito tirón no
concello”. Dos novos fichaxes
asegurou que “son moi traballadores, contamos coa mocidade
para facer esta candidatura”. E
destacou que “somos de Meira
e traballamos por Meira”.
A Deputación
adxudica a
residencia da
Terceira Idade
O presidente da Deputación,
José Ramón Gómez Besteiro,
anunciou durante unha visita ao
concello de Meira que o organismo provincial adxudicou as
obras da residencia da terceira
idade e centro de día de Meira.
A infraestrutura situarase no
parque Profesor Río Barja, no
casco urbano. O organismo provincial rehabilitará o edificio
existente neste lugar, que se
sitúa nunha finca de 5.000 metros cadrados. En total a Deputación investirá 1,2 millóns de
euros.
O novo centro terá capacidade
para corenta persoas: 25 persoas
no caso da residencia e 15 nas
instalacións do centro de día. A
Deputación de Lugo adxudicou
durante a segunda quincena de
abril outras tres residencias na
provincia de Lugo: a de Pedrafita do Cebreiro, a de Guitiriz e
a residencia de Navia de
Suarna.
actualidade
abril 11
17
xermade
Unha veciña doa ao
A asociación Progreso de
Lousada terá alumeado público concello un cadro
O Presidente da Deputación,
Xosé Ramón Gómez Besteiro, e
o representante da Asociación
de Veciños de Lousada, Artemio
Rodríguez, asinaron un convenio de colaboración para a instalación de mellora do
alumeado público en varias localidades.
A Asociación Sociocultural e
Medioambiental “Progreso de
Lousada” está integrada por 83
socios e dedica os seus esforzos
ao estudo e resolución dos problemas desta parroquia de Xermade. Dentro do obxectivo de
desenvolver iniciativas que impulsen o benestar dos cidadáns,
solicitaron a colaboración do organismo provincial para o des-
envolvemento deste proxecto
que inclúe a instalación integral
do tendido eléctrico co que se
subministrará de iluminación ás
devanditas localidades, de tal
xeito que con esta actuación se
cumpre coa demanda das actividades que realizan tanto os socios da asociación como os
veciños. A Deputación de Lugo
achega preto de 20.000 euros.
Gómez Besteiro tamén lembrou
que o organismo provincial continúa a desenvolver as obras de
mellora nas estradas provinciais
CP-6509 do Carrizo a Lousada
e na CP-2206 de Casanova por
Lousada á de Lanzós a Vilapedre. Para o acondicionamento
destes viais, o organismo pro-
vincial achega máis de 1,5 millóns de euros do Plan Extraordinario de Obra Pública.
Os traballos, que afectan a 11
quilómetros destas dúas estradas que unen os concellos de
Vilalba e Xermade, inclúen a
eliminación de curvas perigosas, o ensanche da plataforma,
aglomerado en quente, apertura
de cunetas, sinalización vertical
e horizontal e colocación de
ollos de gato.
Trátase dunhas obras demandadas polos veciños e veciñas, así
como polos usuarios das mesmas, xa que estas dúas estradas
enlazan coa autovía Ferrol-Vilalba e coa comarcal CabreirosViveiro.
sobre a muller rural
Tomás Rodríguez recibindo o cadro, obra de Conchi Pardo
pastoriza
Primitivo Iglesias volve a encabezar a
lista socialista no concello da Pastoriza
Os socialistas da Pastoriza presentaron a súa candidatura de
cara ás vindeiras eleccións nun
xantar que se celebrou no pavillón municipal e que xuntou a
máis de 400 persoas. O secretario da Executiva provincial do
PSdeG-PSOE de Lugo, Ricardo
Varela, falou da importancia da
decisión a tomar o 22 de maio,
destacou que das candidaturas
había que mirar que as integrasen xente boa e que lle queira
moito ao seu concello, “dúas características que ten a lista socialista,
encabezada
por
Primitivo”. Ademais diferenciou dúas maneiras de “querer á
Pastoriza tan só para a foto ou
querer, como no caso dos socialistas, para conseguir que A Pas-
toriza avance, para que a xente
se quede a vivir aquí e para acadar máis prestacións”.
O presidente da Deputación,
Xosé Ramón Gómez Besteiro,
falou do candidato socialista á
alcaldía da Pastoriza como “o
alcalde que trouxo máis inversión ata este concello”.
Pola súa parte, o candidato a alcalde salientou que “boa parte
da candidatura socialista ten a
experiencia destes catro anos de
goberno. Tamén se incorporan
persoas comprometidas e ilusionadas con seguir mellorando e
conseguindo que A Pastoriza
progrese. Nesta lista temos
xente nova, que chega con ilusión e con ánimo. Estamos comprometidos
co
concello,
traballaremos con honestidade,
transparencia e comprometidos
con todos e cada un dos veciños
e veciñas do concello”.
Primitivo Iglesias destacou que
a preocupación do PSdeGPSOE céntrase na creación de
emprego debido ao “duro momento que vivimos”. Recordou
o obradoiro de emprego traído
polo goberno de Pérez Touriño
no 2008 que posibilitou traballo
a 27 persoas durante un ano;
tamén o Plan Laxa que en 2009
deu traballo a desocupados das
canteiras durante 9 meses e o
Lugo Emprega da Deputación.
Así tamén asegurou que “traballaremos por atraer e axudar a
ampliación e creación de empresas en A Pastoriza”.
Elva Carreira opta á alcaldía tras
catro anos como tenente de alcalde
A actual tenente de Alcalde da
Pastoriza, Elva Carreira, estivo
arroupada polo deputado lucense Fernando Blanco e os
membros do conxunto da candidatura da Pastoriza na súa presentación aos veciños e veciñas.
O acto tivo lugar na Casa da
Cultura da Pastoriza tralo que se
celebrou un xantar en Bretoña
cos militantes e simpatizantes
nacionalistas.
Elva Carreira opta á alcaldía
polo BNG logo de ostentar a tenencia de alcaldía deste concello durante a lexislatura vixente
e desenvolver “un importante
traballo moi valorado pola cidadanía pastoricense”, desde as
áreas de Medio Rural, Benestar
ou Cultura e Deportes do concello. Elva Carreira, de 44 anos,
ademais de ser tenente de alcalde da Pastoriza forma parte
do Consello e da Executiva Comarcal do BNG de Lugo e ten
unha forte implicación na actividade social do concello sendo
presidenta da Comunidade de
Montes da Pastoriza e das Escolas Deportivas da Pastoriza.
Blanco, que arroupou ao grupo
del Bloque Nacionalista Galego
e destacou a “convicción e a
ideoloxía» da candidata nacionalista. Defendeu unha “candidatura con xente nova e con
ganas, co que nos podemos enfrontar a todo”.
Pola súa parte a nacionalista
Elva Carreira irá acompañada
na lista por Eloi Villada, que repite como número dos e Manuel
Seivane, que é a terceira vez
que vai nas listas do BNG da
Pastoriza.
No cuarto posto vai Verónica
Rodríguez , unha nova incorporación e no quinto, Jesús Obarrio, que repite candidatura. A
moza Rocío López figura no
sexto lugar da lista, seguida de
José Veiga.
Antonio Iglesia, Vanesa Pérez e
Miguel Folgueira ocupan os últimos postos da candidatura do
BNG, que completan cinco suplentes: Arcadio Sánchez, Laura
Ónega, Xosé Rigueiro, Ángeles
López e José Ignacio Rivas.
Unha veciña do Porto da Vila,
en Roupar, doa un cadro ao
concello que reflicte o pasado
e o presente da muller rural.
Conchi Pardo traballou durante
meses no cadro despois de que
o verán pasado xurdise a idea.
Despois dunha exposición en
Xermade comezou a traballar
no cadro recollendo fotografías, pinturas e ideas entre os
veciños e familiares. “Pasado e
presente da muller rural” é o
resultado que presentou a semana pasada no concello.
O alcalde de Xermade, Tomás
Rodríguez Arias, recolleu en
nome do concello, o agasallo
de Conchi e agradeceulle publicamente o seu xesto.
Durante a presentación Conchi
explicou que a paisaxe que se
ve no cadro corresponde a
Roupar e á casa de Eladio Guerreiro no barrio de Aveás.
Ademais esta artista acompaña
o cadro cun texto onde explica
a súa historia. Conchi sufriu
unha pequena lesión cerebral
dende que naceu hai agora 53
anos. Leva nove anos asistindo
ao Centro de Discapacitados
Activos das Pontes, onde coñeceu a pintura. Agora presenta
este cadro que se converteu xa
en símbolo das actividades relacionadas coa muller e a igualdade. Conchi agradece tamén a
axuda que recibiu e o “realizada e feliz” que se sente despois de descubrir a súa arte co
pincel.
O PP confía en Tomás
Rodríguez para
continuar na alcaldía
de Xermade
O presidente provincial dos populares, Xosé Manuel Barreiro,
amosou durante o acto de presentación do Partido Popular en
Xermade o seu apoio ao actual
alcalde, Tomás Rodríguez.
O líder dos populares lucenses
recalcou que o Partido Popular
constitúe, “neste contexto de
grave crise económica da que
non son alleos os veciños de
Xermade”, a opción “máis fiable
é útil” para o interese xeral da
provincia de Lugo.
“Fostes testigos do bo facer do
Partido Popular en Xermade
baixo a dirección de Tomás Rodríguez. Por elo, estou convencido de que volverédelo a
respaldar a el e ao seu equipo o
vindeiro 22 de maio”, asegurou
Xosé Manuel Barreiro. Un “bo
facer” que Barreiro fixo extensivo á Xunta de Galicia “porque
foi o goberno de Alberto Núñez
Feijoo o que se amosou sensible
coa necesidade de mellorar a estrada Cabreiros- Momán, posto
que está iniciado o proceso de
expropiación dos terreos afectados”, explicou.
Barreiro fixo estas declaracións
durante a presentación da lista
electoral para as vindeiras eleccións nun acto que tivo lugar en
Momán. O PP presenta unha
lista onde, xunto a Tomás Rodríguez, tamén están Constantino
Fernández, Antonio Riveira, Josefa Felpeto, Mario Félix García,
Antonio Piñeiro, José Luis
Otero, Francisco López, María
Pilar Castro, Luis Pena e Manuel
Prieto.
18
actualidade
abril 11
María do Mar Hermida, candidata á alcaldía de Xermade polo BNG
“Xermade ten que ter un goberno municipal diferente,
unha alternativa a tantos anos do goberno do PP”
María do Mar Hermida, de 41
anos, é profesora de Lingua e
Literatura Galega na Coruña.
Preséntase por primeira vez á
alcaldía de Xermade, coas ganas
e o convencimento de levar a
cabo un cambio no concello.
-Que propón o BNG para Xermade?
-O BNG preséntase ás vindeiras
eleccións municipais co obxectivo básico de mellorar a calidade e o benestar das veciñas e
veciños das dez parroquias que
forman o concello de Xermade.
O BNG ten un proxecto de futuro para que a xestión do concello
sexa
democrática,
transparente e participativa.
Que o concello estea ao servizo
das veciñas e veciños; que a veciñanza poida participar na xestión municipal é fundamental
para debater e facer propostas
sobre o orzamento municipal, o
plan anual de obras e servizos
ou outros programas especiais
como o Leader, Miner, Rede
Natura…
Para nós o desenvolvemento do
parque empresarial é imprescindible, para a creación de emprego. É fundamental un centro
de díaresidencia nun concello
envellecido. E é necesaria unha
escola infantil se queremos que
a mocidade quede no concello
en igualdade de condicións ou
similares aos servizos que lles
poidan ofrecer As Pontes ou Vilalba.
-Por que decide presentarse á
alcaldía?
-Porque Xermade ten que ter un
goberno municipal diferente,
unha alternativa a tantos anos de
goberno do PP. Desexo que Xermade medre porque ten a potencialidade e os recursos
necesarios pero hai que aproveitalos e non se está facendo.
Teño 41 anos e levo moito
tempo traballando para conseguir a estabilidade na miña vida.
Agora que a conseguín quero
que xente coma min poida facer
o mesmo pero sen ter que marchar do concello, quero traballar
para crear postos de traballo e
servizos sociais que xeren riqueza dentro de Xermade.
Quero que a mocidade se quede
no concello e iso pasa por ofrecerlles un futuro estable.
-Cal é a súa visión da vila de
Xermade e que cambiaría?
-Xermade ten unha situación
privilexiada, case diría que estratéxica, mais isto non se aproveita e hai que cambialo. Temos
que apostar por unha economía
propia que se sustente nos recursos e na potencialidade do
concello.
-En que se centra a súa política económica?
-Somos un concello agro-gandeiro, temos que apoiar o sector,
informalo dos recursos que ten
e de como xestionalos. Debemos apoiar e desenvolver iniciativas encamiñadas a manter e a
potenciar as explotacións do
concello.
Cómpre elaborar un plan de actuación municipal que descubra
e valorice os recursos e materias
primas do concello e utilizalos
para xerar riqueza e crear emprego. Desenvolver o polígono
industrial é fundamental para
incentivar o asentamento de empresas e industrias que transformen, valoricen e comercialicen
os nosos recursos forestais,
agrarios, turísticos, culturais e
naturais.
para facilitar a conciliación laboral e familiar, incentivar as familias que
queden no concello ou que
veñan vivir ao concello.
Promocionar e favorecer o
asentamento poboacional
aproveitando a situación
de Xermade e o prezo do
solo. Dar cobertura real de
internet a todas e cada
unha das parroquias posto
que é un medio de comunicación, de información e
mesmo de creación e xestión de novas empresas.
-Que lugar ocupa a xuventude na lista de prioridades do BNG?
-Temos que coidala e priorizala pois nela está o futuro do concello. Ademais
do exposto ata aquí debemos crear un plan de mobilidade específico para
eles (neste punto o PP non
fixo nada por manter o
Noitebús cando no concello de Xermade había seis
paradas que facilitaban
unha mobilidade eficaz, María do Mar Hermida é veciña de Roupar e ten 41 anos
segura, completa e saudable).
taba o visto e prace do concello. base; o apoio ao pequeno co-E que lugar a xente maior?
Queremos retomar esta vía e mercia e á hostalería; a mellora
-Xermade é un concello cunha senón traballar para que Xer- e o impulso das novas tecnoloporcentaxe de xente maior moi made conte cun centro de día- xías e da sociedade de informa-
“Desenvolver o polígono industrial
é fundamental para incentivar o
asentamento de novas empresas”
“Somos un equipo renovado con
moita ilusión e ganas de traballar,
presentámonos para gañar”
“Queremos mellorar a calidade e o
benestar das veciñas e veciños
das dez parroquias que forman o
concello de Xermade”
-En concellos como Xermade
a perda de poboación é un
problema, que fará o BNG
neste sentido?
-Ofrecer os servizos necesarios
elevada. O PP desaproveitou
unha oportunidade única de creación dun centro de día en Roupar cando xa se tiñan os terreos,
o edificio, o proxecto e só fal-
residencia canto antes.
-Cales son os problemas que
presenta a vila e cales as posibles solucións?
-Ao longo desta entrevista xa
fun expoñendo os problemas
máis básicos pero quedan outros
que non son menos importantes
como son as comunicacións. Xa
no 2004 se aprobou o arranxo
da estrada Momán -Os Airíos
dentro do Plan Miner. Unha vez
máis o PP deixou pasar a oportunidade argumentando que xa
había unha vía, a de Cabreiros.
-No eido social, cre que quedan materias pendentes?
-Sempre quedan materias pendentes como por exemplo, a creación de actividades dirixidas á
xuventude (ampliación do horario da biblioteca, do centro da
xuventude, concertos, campamentos de verán…); o fomento
do deporte infantil e xuvenil de
ción.
-No 2007 tan só acadaron un
concelleiro para Xermade,
que resultados agardan nas
vindeiras eleccións?
-Somos un equipo renovado con
moita ilusión e ganas de traballar. Presentámonos para gañar
pero os resultados serán os que
as veciñas e veciños de Xermade queiran. Se apostan por un
cambio no goberno municipal e
por un Xermade con futuro, deberán escollera a papeleta do
BNG.
-Que é o primeiro que faría se
chegase a ser alcaldesa de
Xermade?
-Pois, sinceramente, abrir o concello ás veciñas e veciños. Implicalos nese cambio que
Xermade necesita e facelos partícipes das nosas propostas. E, a
partir de aí, traballar, traballar e
traballar para e por Xermade.
actualidade
abril 11
19
as pontes
As Pontes alberga en Xornada de xogos dos escolares
maio a XI edición da cos residentes do centro ASPANAES
festa dos camioneiros
O Concello das Pontes xunto coa
Asociación do Colectivo de
Transportes do Carbón e Transporto de Ferrol–As Pontes S.A.
están a organizar unha nova edición da Festa do Camioneiro,
unha cita que celebrará a súa décimo primeira convocatoria o día
7 de maio.
O programa de actividades
arrinca ás 9 horas da mañá cunha
concentración de camións no barrio da Casilla que arrincará ás 10
horas para percorrer as rúas do
casco urbano ata chegar á Canle
IV.
Ás 11.30 horas abrirase unha
mostra de turismos clásicos e camións nas Avenidas da Coruña e
Ferrol e ás 13.30 horas celebrarase no patio do colexio Santa
María unha celebración litúrxica.
Alí mesmo terá lugar o xantar popular a partir das 14 horas.
Durante a tarde continuarán as
actividades cunha exhibición de
coches teledirixidos programada
para as 17.30 horas e para as 19
horas está previsto que se desenvolvan, na Casa Dopeso, unhas
xornadas dedicadas ao transporte.
A festa porá o seu punto e final
cunha verbena que comezará ás
23 horas na Praza de América.
Dende o Concello quixeron convidar a toda a veciñanza a tomar
parte nas múltiples actividades e
iniciativas incluídas no programa
desta festa que servirá para render homenaxe a un dos colectivos
con máis tradición do tecido empresarial e laboral pontés.
Trinta nenos e nenas
participan nun
obradoiro de cociña
O deporte achega o problema
do autismo a máis de medio
cento de nenos e nenas das Pontes. Trátase de dúas xornadas
deportivas dirixidas a fomentar
as relacións e a convivencia
entre nenos con autismo e estudantes de Educación Infantil e
Primaria dos colexios de Monte
Caxado e Santa María. As xornadas serviron para conmemorar o Día Internacional do
Autismo.
Deportes coma o baloncesto, o
fútbol, os bolos ou o hockey
formaron parte dunha xornada
lúdico e deportiva na que estudantes de ámbolos dous centros
compartiron equipo para desfrutar dunha clase diferente e
atípica na que os libros se cambiaron polos xogos, as bromas e
a diversión co fin de fomentar a
convivencia entre eles.
Pequenos e pequenas dos dous
centros puideron escoitar dous
contos nos que se explicou de
forma sinxela o que é o autismo
e que se completou con diferentes leccións impartidas nas clases e coas propias explicacións
das mestras de ASPANAES.
Como premio a tanto esforzo e
a tanta implicación deportiva
nada mellor que un agasallo en
forma de camiseta e de medalla
conmemorativa da xornada.
O edil de Servizos Sociais, José
Alén, destacou a importancia de
continuar fomentando xornadas
de convivencia deste tipo para
dar a coñecer a realidade do autismo e tamén para facer visible
a situación das persoas afectadas por TEA, levando a cabo
políticas que fomenten a sensibilización tanto dos escolares
coma do resto da cidadanía.
Cincuenta veciños e veciñas aprenden os beneficios da musicoterapia
O Concello das Pontes, puxo en
marcha unha nova edición do
programa de conciliación Aulas
de Diversión. Un obradoiro de
cociña para rapaces e rapazas de
entre 6 e 12 anos. Están a apren-
der non só a idear pratos sinxelos e sans, senón tamén a identificar e diferenciar os sabores e a
combinar aqueles alimentos e
cociñar pratos sans, saborosos e
atractivos.
A segunda das modalidades incluídas no programa Vellez Activa dirixido a maiores de 55
anos celebrouse durante o mes
de abril e dedicouse á musicoterapia.
Un obradoiro que se suma aos
tres talleres de adestramento da
memoria no que están a participar medio cento de veciños
veciñas das Pontes.
As integrantes do colectivo de
viúvas María Magdalena, da
Asociación das Amas de Casa
e da entidade veciñal O Adro
de Espiñaredo aprenderán os
beneficios da música, dos sons,
do ritmo e das melodías que se
empregan como medio para
desenvolver, un proceso terapéutico que axuda a lograr o
benestar do individuo.
Mediante diferentes exercicios
e experiencias a docente encar-
gada do taller, Montserrat
López, axudará a facilitar a relaxación, as relacións e a expresión dos seus alumnos e
alumnas, mellorando a súa integración interpersoal.
O benestar emocional, a saúde
física, a interacción social, as
habilidades comunicacionais e
a capacidade cognitiva son osprincipais protagonistas neste
tipo de clases.
20
deportes
abril 11
deportes
Os taekwondistas vilalbeses
continúan sumando éxitos
mentos coa Selección Galega
senón a participación en campionatos como o Open de Tenerife e
o Open de Santa Maria do Páramo en León.
David Ansede no campionato celebrado en Arrigorriaga
O mozo de vilalba compite na
categoría cadete, pero esta vez
acadou o terceiro posto no Campionato Junior celebrado na localidade vasca de Arrigorriaga.
A David Ansede acompañárono
os seus compañeiros Janice y
Michael López, que non puideron acadar ningún podio, pero
que realizaron un bo traballo
perdendo fronte a competidores
de elite.
David Ansede e Janice López
forman parte dun proxecto que
pretende culminar coa súa participación no Campionato de España Cadete. Dende Escola Moo
Duk Kwan de Vilalba confían en
acadar podio. Dentro deste proxecto están non só os adestra-
Open de España
David Ansede e Janice López
competiron ademais no Open de
España de Tae Kwon-Do, un
evento de máximo nivel europeo
no que se deron cita máis de
1.500 deportistas.
Janice López obtivo unha meritoria medalla de bronce, perdendo
por punto de ouro ante a deportista que posteriormente seria
campioa. Así o relatan dende a escola vilalbesa onde apuntan ademais que David Ansede se
clasificou en cuarto posto despois
de facer uns “excelentes combates”.
“O primeiro combate dos deportistas finalizou no transcurso do
primeiro asalto por unhas diferenzas tan notables como 17/0 e
12/0”, destacan dende a Escola
Moo Duk Kwan.
O vilalbés José Cuba cae eliminado no
Campionato de Europa de Loitas Olímpicas
O vilalbés José Cuba caeu na
primeira rolda do Campionato de
Europa de Loitas Olímpicas que
se celebrou a semana pasada na
cidade alemá de Dortmund.
Cuba caeu ante Basiev. O loitador de orixe ruso e nacionalizado
armenio partía como favorito
dado o seu palmarés, pero José
chegaba a Dortmund no seu mellor momento e cun nivel moi superior ao da maioría dos seus
adversarios. O acerbaián Magomedov impúxose a Basiev na seguinte rolda deixando ao vilalbés
fora da competición sen posibilidade de repesca.
Cuba regresa a Vilalba para
adestrar e corrixir os erros máis
importantes co obxectivo de preparar a súa participación no próximo mundial do mes de
setembro.
Os loitadores alevíns conseguen a
segunda praza en Palas de Reis
Equipo vilalbés de loita na categoría alevín
O equipo de Loita de Vilalba
participou en abril na primeira
xornada da liga de deporte de
base que se celebrou no pavillón
municipal de Palas de Reis. Os
deportistas alevíns clasificándose en segunda posición tralo
equipo de Melide. Os vilalbeses
tiveron unha moi boa actuación
impoñéndose a outros equipos
moito máis numerosos, aínda
que se notou a falla de rodaxe da
primeira cita da tempada e a inclusión á competición de novos
loitadores que se estrearon en
Palas de Reis, segundo informan
dende o club vilalbés.
Os deportistas traballarán nas
próximas semanas para mellorar
a loita no chan xa que é onde
máis dificultades atoparon e poderán amosar de novos os seus
progresos na próxima xornada
de liga que se disputará en Compostela o vindeiro 7 de maio. O
30 de abril unha pequena selección de loitadores viaxará a Vigo
para disputar o Trofeo Nacional
do Kuzushi.
Os deportistas vilalbeses
destacan no Campionato
Galego Promesa de
Taekwondo
Equipo do Club Taekwondo Vilalba Jansu na vila de Cangas
O Club Taekwondo Vilalba
Jansu participou a comezos do
mes de abriol no Campionato
Galego Promesas que se celebrou na vila pontevedresa de
Cangas.
Os deportistas Estefanía Díaz,
Cristian Fernández, Óscar Vivero, David Fernández e Diego
García viaxaron ata Cangas
acompañados da adestradora
Jessica Romero e do árbitro
Juan Carlos Quintana.
Estefanía Díaz acadou a prata
neste campionato de promesas
e Óscar Viveiro o bronce, pero
quedou con boas sensacións e
ese bronce soubo a pouco.
Dende o club vilalbés informan
ademais da prata de Cristian
Fernández, nunha disputada
final e cunha lesión nun empeine producida na primeira
rolda. Un feito que “mermou
bastante as posibilidades de
acadar o ouro, pero con iso e
todo se lle ve unha gran progresión respecto ás ultimas veces
que participou en competicións”, destacan dende o clube
vilalbés.
Raúl Álvarez, Diego García e
David Fernández, aínda que fixeron un bo papel, quedaron
apeados nas primeiras roldas.
A adestradora Jessica Romero,
responsable do equipo, quedou
“moi satisfeita” en canto aos
bos resultados acadados e tralo
traballo realizado polos taekwondistas de Vilalba neste
campionato galego.
O Afer Formación de
Rábade consolídase
na segunda posición
da Primeira División
Galega
Co resultado de 6 a 1 finalizou
o encontro disputado en Rábade correspondente á décimo
sexta xornada do grupo norte
da liga de Primeira División
Galega, no que se enfrontaron
o Afer Formación de Rábade e
o Panadería Oroso.
Con esta vitoria o conxunto rabadense consolídase na segunda posición da táboa con 14
encontros gañados e tan só
dous perdidos, por detrás do
Club do Mar Xuvenil. A falta
de dúas xornadas o Afer Formación sitúase como subcampión da liga xa que o terceiro
clasificado, o Arteal Ventanas
de Santiago, atópase con catro
derrotas.
Os puntos do equipo rabadense
durante este encontro foron obtidos por Pedro Fernández,
Alejandro Martínez e Elio
López. O punto restante conseguiuno a parella de dobres formada por Pedro Fernández e
Elio López.
Dende o equipo de Rábade destacan a gran actuación de todos
os xogadores do Afer Formación e en especial, do xogador
Elio López, xa que se trata dun
xogador do equipo filial que
debutou nesta ocasión co primeiro equipo do Afer Formación.
O Afer Formación B que milita
na categoría de Terceira División Galega descansou nesta
xornada e sitúase tamén na segunda posición da táboa.
agro
abril 11
Os sindicatos reclaman un
prezo mínimo trala aprobación
do Real Decreto lácteo
O decreto lácteo aprobado a comezos do mes de abril polo Goberno
establece
a
obrigatoriedade de contratos en
todas as transaccións de leite
crúa entre produtores e industria. A norma recolle a posibilidade de que unha organización
de produtores poda negociar en
nome dos seus socios todos os
termos do contrato.
Os sindicatos acollen a norma
divididos. Xóvenes Agricultores
valora a obrigatoriedade contractual, pero ve más sombras
que luces. Dende o sindicato
consideran que a aprobación do
decreto lácteo “é un paso
adiante positivo a obrigatoriedade da formalización de contratos homologados”, pero
apuntan que “a problemática
vencellada á evolución dos prezos percibidos polos gandeiros
non queda resolta, plantexándose dúbidas sobre o papel a
desenvolver polas organizacións
de produtores e mesmo sobre a
actitude que tomará a Comisión
Nacional da Competencia”, explican.
O Sindicato Labrego Galego expresou o seu rexeitamento ao
decreto porque interpretan que
impide a negociación colectiva
dos prezos. “Condena ao sector
a ficar á mercé dos prezos de
miseria que lle marquen as industrias e a distribución”, apuntan dende o SLG. Segundo os
representantes do sindicato galego o goberno renuncia, coa
aprobación deste decreto, a o
control público da produción na
Unión Europea que garante o
equilibrio no mercado e os prezos dignos. O SLG denuncia
ademais que con este acordo as
distribuidoras “terán as mans libres para impoñer as súas condicións e prezos ás industrias,
condicións e prezos que repercutirán directamente no prezo
en orixe percibido polas explotacións”.
Fruga inicia unha campaña informativa sobre a
obrigatoriedade dos contratos no leite
A Federación Rural Galega demanda da Xunta o establecemento dun marco galego de
negociación para que non sexan
outros os que negocien no nome
dos gandeiros e gandeiras galegas. Fronte ás propostas do Real
Decreto lácteo a Xunta “debe establecer un marco de negociación galego volvendo a tratar de
liderar a política láctea do Estado”, explican dende FRUGA.
“Debe de deixar de facer deixación das funcións que lle son
propias, impulsando a creación
dunha Organización de Produtores de Leite a nivel galego”, engaden. Ademais apuntan que
será necesario establecer unha
normativa galega de cara a pactar coas cooperativas, “primeiras
compradoras, que van ter na
práctica a mesma problemática
que as Organizacións de Produtores de Leite”. Cren necesario
ademais establecer o Rexistro
das OPL en Galicia e poñer en
funcionamento a Inerprofesional
Láctea de Galega. Segundo a federación renunciar a establecer
un marco galego de negociación
equivale a “non poñer en valor o
40% da produción do leite español e permitir que o seu mercado,
tan deficitario, prefira abastecerse de produtos lácteos producidos fora do estado”.
Sector Lácteo Galego
Dende a Federación Rural Galega apuntan os datos: en Galicia
aséntanse o 52% das explotacións leiteiras do Estado, producindo preto do 40% do leite
español. “Mentres o Estado é deficitario en máis de dous millóns
e medio de toneladas de leite
para acadar o seu autobastecemento, Galicia produce para
abastecer de leite e produtos lácteos a unha poboación de once
millóns de persoas”, apuntan
dende FRUGA. De cada tres litros producidos en Galicia hai
que comercializar fóra do seu territorio máis de dous. Consideran
que dentro dun “estado descentralizado onde as competencias
en agricultura e gandería son
competencias dos gobernos autonómicos, é de xustiza que Galicia deba liderar a política láctea
que se desenvolva no Estado,
igual que lidera a súa produción
e conta co maior número de unidades produtivas”, explican.
“No ano 2007 a media de prezos
percibida polos produtores galegos estivo por riba da media do
que cobraban os gandeiros españois. Na actualidade cambiaron
as tornas, sendo os galegos e galegas os que menos cobran polo
leite”, expoñen. “A Consellaría
de Medio Rural conta na actualidade cos mesmos órganos. A diferenza estriba que o actual
goberno da Xunta teñen case paralizados a Mesa do Leite, o Observatorio, os Contratos, etc. En
vez de encarar desde aquí os problemas dos baixos prezos miran
resignadamente para a política
que desenvolve o MARM e limítanse a laiar os seus desacertos
sen facer ren”, critican dende a
FRUGA. “Parece que non lles
importa que aumente o diferencial que cobran os produtores de
leite”, explican, xa que “son os
gandeiros galegos os que menos
cobran dos países excedentarios
do noso entorno da UE”.
21
XX. AA. estuda medidas
contra as industrias que
non trasladan as subas do leite
A situación actual do mercado
lácteo europeo está marcada
por unha evolución á alza dos
prezos do leite pagados aos
produtores, “unha tendencia
que algunhas das industrias
que operan en Galicia non
están a trasladar aos nosos gandeiros”, explicou o secretario
xeral de Xóvenes AgricultoresASAJA Galicia, Francisco
Bello. “Esta é unha situación
que estamos analizando, que
non nos gusta e por iso estudamos medidas contra esas industrias”, engadiu Bello.
O secretario xeral de Xóvenes
Agricultores lembrou que no
mes de febreiro os gandeiros
franceses “estaban a cobrar
unha media de 32 céntimos de
euro por litro, mentres que en
Galicia, de acordo cos propios
datos proporcionados polas industrias, o promedio de pago
aos produtores foi de 30,64
céntimos”.
Unha diferenza que se fai
“máis notable se se observa o
comportamento das principais
industrias recolledoras en Europa: unha media no mes de fe-
breiro de 33,59 céntimos”. Segundo Francisco Bello “non
hai ningunha razón obxectiva
para que esta tendencia de subida dos prezos non se traslade
aos gandeiros galegos”, peor
tratados, segundo o secretario
de Xóvenes Agricultores, “por
certas industrias”.
O sindicato sinala que Lactalis,
a firma francesa que mantén
unha posición dominante no
mercado español está a pagar
en Francia ata 34,10 céntimos
aos seus gandeiros proveedores, “que son case que catro
céntimos máis ca o que perciben os produtores galegos”,
explicou Bello. Xóvenes Agricultores amosou o seu desconcerto ante este tipo de
comportamentos e que estas
prácticas “non sexan motivo de
preocupación para as autoridades estatais de Competencia,
tan dispostas, por contra, a evitar calquera intento dos gandeiros por mellorar as súas
relacións contractuais”, dixo
Bello, en alusión á posición de
Lactalis, “que está a distorsinar
a política de prezos”.
Os socialistas din que o
MARM cumpriu as expectativas coa aprobación do Decreto Lácteo
A portavoz de Medio Rural do
Grupo Parlamentario Socialista
Sonia Verdes asegurou o Decreto Lácteo cumpre tódalas expectativas para establecer a
obrigatoriedade dos contratos
entre produtores e industrias
que poderán negociar conxuntamente o prezo do leite que
permita fortalecer a posición
dos produtores .
A voceira socialista sinala que
a obrigatoriedade aplicarase
despois da moratoria de seis
meses acordada no seo da Inlac
xunto coas organizacións agrarias, e unha vez se aprobe o Regulamento Europeo.
A parlamentaria explicou que
os contratos homologados para
o prezo do leite permitirán fortalecer a súa posición na cadea
de valor do leite, para garantir e
mellorar as rendas das explotacións, de xeito que a través das
organizacións de produtores
poidan negociar conxuntamente
o prezo do leite. Di que isto permitiría aos produtores coñecer
anticipadamente o prezo que se
lles vai a pagar pola produción.
Argumenta que este contrato
será obrigatorio para as transaccións do leite crú e incluirá volume, calendario de entregas e
prezo que terá en conta parámetros obxectivos coma a evolución dos prezos no mercado, o
volume e as calidades, e así garante os custes de produción o
que dotará de maior estabilidade ao sector.
Verdes advirte que este Decreto
recoñece e reforza o papel da
INLAC establecendo as súas
funcións, “xa que permite que
un mediador actúe de árbitro no
caso de non entendemento entre
as industrias e os produtores”,
subliñou. Engadiu que “aposta
por unha maior transparencia
no prezo do leite”.
22
agro
abril 11
Os propietarios fores- O CETAL participa na presentación
dos primeiros indicadores da sostibitais piden un pacto
coas administración e lidade na gandería e na agricultura
as industrias para va- Unha xornada para amosar os retos do
sector agrogandeiro e os resultados das
lorizar o monte
investigacións máis recentes
Os responsables de SILVANUS, Antonio de María, e de
ASEFOGA, Jacobo Feijoo, fixeron un chamamento á administración e a todos os axentes
do subsector forestal para “buscar un gran pacto forestal para
Galicia”. Ambas as dúas organizacións, que aglutinan á
maioría dos propietarios forestais galegos, indicaron que é
preciso traballar en común con
“todos os eslabóns da cadea forestal” para aproveitar o potencial dos montes e “facer del un
sector economicamente viable
e con potencial de futuro”.
Tanto Antonio de María como
Jacobo Feijoo explicaron que
xa mantiveron contactos con
industrias que operan en Galicia e indicaron que esas vías de
colaboración pasan polas empresas de transformación, serradoiros ou taboleiros, “así
como por aquelas que completan os ciclos de transformación, como ENCE no caso da
pasta, que son vitais para pechar este ciclo de actividade
económica”. Ambos destacaron, neste senso, o potencial do
eucalipto.
Os responsables das dúas organizacións aseguraron que a administración ten que fixar o
marco lexislativo e as condicións para o desenvolvemento
dun “diálogo amplo con el sec-
tor, na procura de solucións de
futuro cun gran consenso”.
Entre os retos a enfrontar polos
propietarios forestais destacan,
o fraccionamento da propiedade: “hai que impulsar as
SOFOR como instrumentos de
agrupamento e investimento e
xestión conxunta no monte”.
En canto á lexislación consideran importante a lei de montes,
lei de montes veciñais, cultivos
enerxéticos, etc. Tamén contemplan a loita contra pragas e
a necesidade de potenciar o
desenvolvemento da certificación forestal e que “a sociedade
coñeza que un monte certificado é igual a un monte ben
xestionado e sostible”. Entre os
retos tamén está a aposta para
lograr unha silvicultura sostible
e produtiva economicamente, e
“aumentar a produtividade das
nosas masas con rendementos
óptimos (máis produción na
mesma superficie), con mellores plantas, mellores prácticas
selvícolas, etc”. Destacan,
entre outros, a necesidade de
potenciar o aproveitamento da
biomasa, regulando a súa produción e consumo, como alternativa económica importante
en moitas zonas forestais, así
como apoiar os procesos de
transformación que teñan a súa
base en Galicia para xerar valor
engadido e rendibilidade.
A directora técnica do Centro
Tecnolóxico Agroalimentario de
Lugo, Mercedes Corral, asistiu
en Madrid, á presentación dos
“Primeiros Indicadores de Sostibilidade na agricultura e na gandería”. O encargado de inaugurar
a xornada foi o secretario de Estado de Medio Rural e Auga, do
Ministerio de Medio Ambiente,
Medio Rural e Mariño (MARM),
Josep Puxeu. Logo tivo lugar a
conferencia maxistral de José Mª
Sumpsi, ex-subdirector xeral da
FAO e catedrático da E.T.S. Enxeñeiros Agrónomos UPM, sobre
“Os retos da agricultura para alimentar ao mundo en 2050”. Pola
súa parte, o director do Centro de
Estudos e Investigación para a
Xestión de Riscos Agrarios e
Medio ambientais (CEIGRAM)
e catedrático da E.T.S. Enxeñeiros Agrónomos UPM, Alberto
Garrido, realizou a presentación
dos resultados do primeiro informe de indicadores de sostibilidade da PTAS.
Mercedes Corral asistiu tamén en
Madrid, á “Xornada técnica de
análise da situación actual do
sector cárnico español”, así como
as súas posibilidades futuras e accións que deben emprenderse
para ir decididamente á conquista
dos mercados internacionais.
Outra importante cuestión tratada
nesta cita foi a influencia que
sobre as actividades cárnicas
están a ter e terán, no futuro, os
avances científicos e tecnolóxicos que veñen sucedendo e os
que están previsto se sucedan nos
vindeiros anos, ademais das experiencias e perspectivas da comercialización exterior do
xamón español.
Durante esta xornada presentouse ademais a Guía Sector Cárnico Español que acaba de
editarse. Nesta guía inclúense o
informe da situación, as investigacións, as tecnoloxías, e os retos
ante o futuro do sector.
O BNG acusa a Medio Rural de
“afogar económica e burocraticamente” ás explotacións gandeiras
O BNG amosou o seu desacordo coa política agrogandeira da Xunta de Galicia.
Segundo os nacionalistas a
Consellería do Medio Rural
“está a agravar cada día que
pasa a situación dos gandeiros
galegos”. O BNG criticou o
afán de Medio Rural de “recortar as axudas que proveñen do
CES (Contrato de Explotación
Sustentable), cando supoñen
un piar básico para o desenvolvemento das explotacións gandeiras galegas”.
Os nacionalistas explican que
para o acceso a estas axudas é
indispensable o mantemento
en condicións axeitadas das
superficies forraxeiras así
como a súa correcta identificación nas solicitudes, o cal se
fai mediante o Sistema de
identificación xeográfica de
parcelas, unha ferramenta electrónica xestionada pola propia
Consellería do Medio Rural. O
BNG asegura que está a recibir
constantes queixas de gandeiros que se atopan coa problemática de que entre a un
70-75% dos solicitantes dos
CES se lles enviou unha carta
para informar de que deben
arranxar erros nas solicitudes.
O BNG denuncia que os erros
na identificación das parcelas
veñen motivados pola propia
Consellería do Medio Rural,
xa que no SIXPAC cambian as
referencias das parcelas. “Isto
produce que agora se lles reclame aos gandeiros porque a
parcela anterior non aparece na
solicitude de 2010 cando esa
parcela xa non ten ese número
de referencia. A Consellería do
Medio Rural pretende con isto
que sexan os gandeiros quen
lles explique e solucione o problema que produciu cos cambios a propia Consellería”,
explican dende o BNG.
Destacan ademais que no caso
dos cultivos herbáceos se dividen por antigüidade segundo
teñan menos de 5 anos e máis
de 5. “Con este detalle, que
non deixa lugar a interpretacións, é evidente que o prado
que en 2009 tiña 5 anos, á
forza en 2010 terá máis de 5.
Por iso tamén Medio Rural fai
unha reclamación, por entender que se debe manter na solicitude como de menos de 5
anos”. Tamén hai modificacións do SIXPAC solicitadas
polos gandeiros, “aprobadas
pola Consellería”, segundo
apunta o BNG, o que “tamén
aparece como un erro, co conseguinte recorte económico”.
Consideran que o “abandono é
dramático nas explotacións localizadas nas zonas de montaña que ven deste xeito
lastrado o seu futuro agrogandeiro”. Alertan de que “a política do PP está contribuíndo a
reducir o número de explotacións, sobre todo naquelas explotacións cunha importante
cabana de vacún de carne”.
agro
abril 11
O SLG pide que non
sexa necesario o
permiso do cónxuxe
para que as labregas
poidan ser titulares
Isabel Vilalba na Delegación do Goberno na Coruña
A responsable da Secretaría das
Mulleres do Sindicato Labrego
Galego, Isabel Vilalba, entregou o día 14 de abril na Delegación do Goberno na Coruña
un documento con alegacións
ao anteproxecto de Lei de Titularidade Compartida nas Explotacións.
A primeira das alegacións
pedía que se recoñezan os dereitos das labregas como titulares da explotación na que
traballan sen necesidade de ter
o permiso do seu cónxuxe, tal
e como contempla agora
mesmo o borrador da lei. Unha
das alegacións ten que ver con
que, en Galicia, o Servizo Galego de Igualdade da Xunta do
bipartito creou unhas axudas
para fomentar que as mulleres
se inscribisen nun rexistro
como co-titulares. Centos de
labregas acolléronse a esta medida e solicitaron a inscrición.
“Mais, ao final, o rexistro non
se habilitou e estas labregas
non foron inscritas”, explican
dende o SLG. As alegacións da
Secretaría das Mulleres piden
que se habilite un rexistro e que
se dea un prazo para facelo en
todas as comunidades autónomas que non o teñan.
A Secretaría das Mulleres incluíu alegacións pedindo que o
recoñecemento dos dereitos
das labregas se amplíe cunha
Seguridade Social “asequible”.
“A reforma da Seguridade Social Agraria en 2007, e a recente reforma do sistema de
pensións, encareceu notablemente as cotizacións e puxéronlle máis difícil ás mulleres
o acceso a unha xubilación
digna”, explican. “Só un 5’5%
das mulleres labregas acadan
os 35 anos cotizados cando
chegan á xubilación e máis do
32% chega hoxe aos 65 con
quince anos cotizado ou
menos”, denuncian.
23
O exceso de auga nos soros dos
queixos xera un sobrecuste para
as queixerías galegas
O director do Centro Tecnolóxico
Agroalimentario de Lugo presentou ante o secretario do Consello
Regulador da Denominación de
Orixe San Simón da Costa,
Ángel Ramil, o presidente da
Asociación de Produtores, Javier
Piñeiro, autoridades da Xunta de
Galicia e diversos expertos do
sector os proxectos do CETAL en
relación a este ámbito, no primeiro Encontro Gastronómico do
queixo San Simón da Costa, celebrado en Vilalba, con motivo da
décimo sétima edición da Festa
deste manxar.
Eduardo Vidal detallou os avances conseguidos, ata o de agora,
do Proxecto SUERLAC que pretende dar viabilidade a distintas
alternativas de valorización do
soro lácteo de queixaría sobre a
base da mellora da súa calidade
en orixe. Entre os socios que participan no mesmo están o Centro
nacional de Competencia Tecnolóxica do Leite PCTI Asturias, as
Denominacións de Orixe Queixo
Tetilla, Queixo do Cebreiro,
Queixo Arzúa-Ulloa e Queixo
San Simón da Costa.
En canto á primeira fase deste
proxecto, a identificación e valoración do problema, as diagnoses
do CETAL conclúen que o soro
lácteo de queixerías ten un elevado potencial contaminante;
que as queixerías de moi pequena
dimensión teñen unha opción de
xestión mediante a súa utilización en explotacións gandeiras
asociadas (alimentación animal);
que as queixerías de maior dimensión teñen potencial para
emprender proxectos de valorización propios (enerxía); e que o
groso das queixerías galegas solucionan o problema mediante a
entrega a un xestor externo.
“Non existe na actualidade un
problema de contaminación, o que existe é un
problema crecente de
custes de xestión do soro
lácteo. As características
do soro lácteo en orixe
condicionan a súa incorporación eficiente aos
distintos procesos de valorización”, -explica o director do CETAL-. A
pesares disto, Vidal destaca que hai xa numerosas opcións para a valorización do soro
lácteo, como poden ser a alimentación animal, a produción de
combustible, de aditivos alimentarios, de concentrados proteicos,
de péptidos precursores, de excipientes farmacolóxicos, ou de
fertilizantes, por exemplo. Ademais existen novas aplicacións en
fase avanzada de desenvolvemento que pronto serán operativas industrialmente.
Con respecto aos datos obtidos,
Vidal sinala que existe unha produción anual de 220 millóns de
litros de soro procedente dos
queixos en Galicia. Sobre a súa
calidade en orixe incide en que a
salinidade é un dos principais
problemas e o seu control ven determinado polo proceso de elaboración do queixo. Outro
problema é a mestura de auga co
soro, no que detalla “a porcentaxe ideal de litros de soro con
respecto aos litros de leite é 0,9
litros soro/litros leite. Pero na realidade esa media no noso país e
de 1,13 litros soro/litros leite. O
exceso de auga nos soros dos
queixos produce un sobrecuste
na xestión do soro, o que lle
supón ao total das queixerías galegas un gasto de 800.000 euros
ao ano”.
Entre as accións que dende o
Centro desenvolverán, nunha se-
gunda fase do proxecto SUERLAC, estarán: coñecer as características fisicoquímicas e
biolóxicas do soro lácteo das
queixerías galegas; definir os estándares de calidade do soro lácteo para cada opción de
valorización; analizar os efectos
da tecnoloxía utilizada nas queixerías galegas sobre as características
fisicoquímicas
e
biolóxicas do soro lácteo; valorar
e definir as melloras tecnolóxicas
que permitan obter os estándares
de calidade definidos para cada
opción de valorización; e iniciar
proxectos propios ou en colaboración dirixidos a desenvolver
novas fórmulas de valorización
do soro lácteo.
Os novos proxectos
O CETAL está a traballar no proxecto ProtQ-Proteína e protección, no que pretenden aproveitar
a fracción proteica do soro lácteo
na creación de biopelículas protectoras no envasado individual
dos queixos das Denominacións
de Orixe galegas dirixidos á exportación. Ademais está o proxecto QueSoS3S, que supón a
participación en proxecto integral
queixeiro para atopar rutas metabólicas con incidencia en sabor e
aroma, novos métodos de detección e eliminación de patóxenos
e potencialidade prebiótica, probiótica e funcional do queixo.
24
cultura
abril 11
Xosé Luis Regueira, Catedrático en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago
“A RAG é unha institución viva e activa tanto
no cultivo coma na defensa do galego”
Xosé Luis Regueira foi nomeado en marzo membro da Real Academia Galega
Xosé Luis Regueira naceu en Goiriz, criouse en Alxide e viviu en Vilalba antes de marchar a Compostela
-Como se sente un tras ser nomeado membro da Real Academia Galega?
-Como podes imaxinar, moi
contento polo que supón para
unha persoa coma min que traballa coa lingua e pola lingua,
pero tamén consciente da responsabilidade que debo asumir.
-Como definiría esta institución –a RAG-?
-Hai quen aínda ve a RAG
como unha institución na que
se ingresa polos méritos pasados, pouco activa e desconectada da sociedade. Isto puido
selo no pasado, polas circunstancias históricas, pero hoxe a
RAG é unha institución viva e
activa tanto no cultivo coma na
defensa do galego. E por iso o
que fai ou di a RAG ten repercusión na sociedade. Certamente hai traballo por facer,
moito e importante. Hoxe a
RAG por tanto, para min, é
unha institución que ten unhas
funcións ben definidas e sobre
todo un lugar de traballo tanto
no estudo e codificación da lingua coma na defensa e o fomento social do galego.
-Como filólogo, como ve a situación actual da lingua galega?
-A situación da lingua presenta
aspectos moi preocupantes,
coma a perda da transmisión de
pais a fillos e a escasa incidencia das políticas de normalización no uso do galego entre a
xente nova. Seguramente isto
débese a que as políticas lingüísticas aplicadas en Galicia
en realidade non estaban des-
eñadas para mudar eses comportamentos, senón para manter un estado de cousas que
garantía a primacía social do
castelán, aínda que se lle daba
ao galego unha importante visibilidade institucional e simbólica. Agora vemos que hai
grupos moi minoritarios, pero
activos e con apoios mediáticos, que queren acabar con esas
mínimas conquistas do galego.
Mais tamén hai cousas positivas. Por exemplo, eses ataques
provocaron unha reacción moi
importante incluso en sectores
pouco implicados na defensa
do galego. O galego segue a ser
a lingua habitual da maioría dos
habitantes de Galicia, e hoxe
hai máis xente comprometida
co galego ca nunca. Para min, o
mellor de todo é que hai moita
xente nova, moi ben preparada,
que traballa en galego. Estamos
moi lonxe de ser unha reliquia.
Se somos capaces de aproveitar
todos estes elementos, estou seguro de que o galego ten futuro.
Non sei se haberá mil primaveras máis, como quería Cunqueiro, pero seguro que o
galego verá aínda varios centos
delas.
-Malia isto moita xente a considera unha lingua minoritaria, é así?
- É a lingua maioritaria de Galicia. Por outro lado, non é
unha lingua tan pequena como
nos queren facer ver, pois
somos un millón e medio de falantes. No mundo hai unhas
5000 linguas, e o galego, por
número de falantes, está entre
as 140 primeiras. Ten recoñecemento oficial e podemos dirixirnos en galego ás autoridades
da Unión Europea. Podemos ler
en galego os clásicos universais, temos ferramentas informáticas, unha importante
presenza en Internet, e estúdase
en moitas universidades do
mundo enteiro. Isto non é unha
lingua minoritaria.
O que pasa é que en Galicia
moita xente segue sen crer na
posibilidade de termos unha
Galicia moderna e desenvolvida sen renunciar á nosa lingua. Unha Galicia que fala
galego non quere dicir unha
Galicia pechada en si mesma,
senón aberta ao mundo sen renunciar á súa propia personalidade.
-Como ve o futuro da nosa
lingua?
- O futuro estamos a construílo
cada día, cos nosos actos. O
porvir está sempre aberto, cheo
de posibilidades e de ameazas.
De nós depende. Por exemplo,
se lles falamos castelán aos
nosos fillos, estámoslle pechando as portas ao futuro. Se
falamos, escribimos, se traballamos en galego, estamos facendo que a nosa lingua se
desenvolva e que teña futuro.
-A RAG elabora as normas
ortográficas e lingüísticas do
galego, cre que a sociedade é
coñecedora destas normas?
-A maioría da sociedade coñéceas, por suposto. Hoxe todos
os que teñen menos de 45 anos
tiveron algunha escolarización
en galego, e a maioría da xente
“As linguas non son estáticas: unha lingua
uniforme sería unha lingua morta”
- Vostede naceu en Goiriz,
que relación ten con esta
terra?
-Nacín en Goiriz e crieime en
Aldixe, así que eu sempre digo
que son de Aldixe, aínda que
tamén un pouco de Goiriz. Dos
10 aos 18 anos vivín en Vilalba, así que tamén son de Vilalba. Despois fun estudar a
Santiago e xa quedei alá,
cunha paréntese de dous anos
que estiven en Colonia, en
Alemaña. Así que levo a maior
parte da miña vida en Santiago, pero síntome de aquí,
esta é a miña terra e veño con
frecuencia.
-Que variedades dialectais
atopamos na Terra Chá?
-As terras de Vilalba e o norte
da Terra Chá forman parte da
área lingüística mindoniense,
que colle máis ou menos os territorios da diocese de Mondoñedo-Ferrol. Non hai moitas
diferenzas co resto do galego,
pero hai algúns trazos que a
fan peculiar, coma o verbo
facer, que aquí dicimos faigo,
faiga, ou o adverbio atrais.
Tamén tempos palabras peculiares, coma deligras (ou celigras, ou teligras) para as
cóxegas ou golpe para o raposo.
-Que existan diferentes fonéticas e variedades na lingua é
unha riqueza ou un problema?
-Sen dúbida é unha riqueza. As
diferenzas entre unhas falas
galegas e outras son pequenas
e non representan nunca un
problema, pois non impiden a
comprensión. Pode que non
entendamos unha palabra
solta, todo o máis. As linguas
non son estáticas, porque as
necesidades da comunicación
mudan a cada paso, e a xente
vai buscando solucións lingüísticas, e en cada sitio van
aparecendo cambios que logo
se difunden máis amplamente
ou non. Unha lingua uniforme
sería unha lingua morta.
ten algún contacto co galego
escrito, sexa a través de libros,
prensa ou da administración.
Iso supón que a xente ten algún
coñecemento da forma escrita
do galego.
-Son bos os cambios?
Se te refires a cambios nas normas ortográficas, en contra do
que din algúns, a ortografía do
galego cambiou poucas veces.
Cambia máis a ortografía do
castelán, que nos últimos 12
fixo dúas reformas ortográficas. Os cambios na ortografía
sempre son discutidos, e sem-
“O galego é a
lingua maioritaria
de Galicia, somos
un millón e medio
de falantes”
“Non sei se
haberá mil primaveras máis, como
quería Cunqueiro,
pero seguro que
o galego verá
aínda varios
centos delas”
pre encontran resistencias. De
todos os xeitos a lingua ten que
adaptarse á realidade, non pode
quedar fosilizada.
-Moita xente maior, sobre
todo, non coñece nin entende,
nalgúns casos, o galego normativo, por que cre que ocorre isto?
- O que chamas “galego normativo” poden ser cousas moi diferentes. Galego normativo é o
galego das películas da TVG, e
a xente enténdeas. Isto pode
ocorrer con algunhas palabras
que tratan de substituír algúns
castelanismos correntes. Mais
hoxe ninguén se estraña de oír
“rúa”, cando antes en Vilalba
todos dicían “calle”, por exemplo.
Outra cousa é a lingua técnica,
a lingua da administración ou
de certos ámbitos alleos á vida
cotiá da xente. Hai expresións,
por exemplo, no impreso da declaración da renda que resultan
incomprensibles para a gran
maioría da xente, tanto en galego coma en castelán. Pero
isto non é un problema de “galego normativo”, senón da
xerga administrativa.
cultura
abril 11
25
A Banda de Música de Vilalba celebra
os seus vinte anos de vida
Dende a presidencia buscan achegar a música a novos rapaces para que se unan ao
proxecto no que cincuenta e seis músicos de distintas idades comparten a mesma paixón
A Banda de Música de Vilalba comezaba a soar no ano 1987, pero
non foi ata 1990 cando fixo a súa
primeira actuación. En 1991 presentouse oficialmente e este mes
de abril cumpriu 20 anos de vida.
Foi o entón alcalde de Vilalba,
José María García Leira, quen impulsou a creación da banda xunto
ao que sería o primeiro director,
Xosé Guntín. Agora 56 músicos
ensaian as tardes dos xoves e dos
sábados para preparar as actuacións, onde participan arredor de
40 músicos.
Logo de 20 anos amosando a súa
música por distintas vilas da xeografía galega afrontan o futuro con
“moita ilusión, esmero e traballo”,
explica a presidenta da Banda de
Música, Alejandra Vázquez. Alejandra cóntanos que seguirán “procurando difundir a cultural musical
e o nome de Vilalba en cada unha
das nosas actuacións e esperamos
acadar o apoio necesario para perdurar outros 20 anos máis”. Defínense como “unha banda formada
por xente de tódalas idades, con
diferentes gustos e maneiras de
pensar, pero na que todos compartimos unha mesma paixón: a música”.
Entre os seus retos a curto prazo
está o de continuar medrando e
“que novos rapaces se animen a
unirse ao noso proxecto”, engade
a presidenta.Preparan cada un dos
concertos con “agarimo” para que
acudan tanto veciños, como visitantes e animan “a toda a xente a
que participe” en cada un dos seus
concertos.
Dende a Banda de Música destacan o apoio que reciben do concello de Vilalba: “a Banda ofrece os
seus servizos sempre que se precisa e o concello o seu apoio loxístico e incluso económico cando os
tempos o permiten”. Alejandra
Vázquez destaca ademais a “colaboración desinteresada dos socios
da banda e dos comercios e empresas vilalbesas, que poñen publicidade nos anuncios dos nosos
concertos”, explica.
Os integrantes da Banda de Música de Vilalba no ano 2010
Un concerto recorda os primeiros
pasos da banda e os seus músicos
A Banda de Música no ano 1993 na Alameda de Vilalba
Os integrantes da Escola de Música en xullo do ano 1989
A Banda de Música cumpre dúas
décadas e celébrao con multitude
de actos e proxectos.
O primeiro deles é o concerto
que organizaron no Auditorio
Carmen Estévez de Vilalba o pasado día 23 de abril. A celebración comezou coa emisión dun
documental que repasou a historia da Banda de Música de Vilalba e que deu a coñecer o que
se esconde detrás de cada un dos
concertos da banda vilalbesa.
Trala emisión dun anaca da historia da banda, comezou o concerto, no que os músicos
interpretaron obras novas e lembrou outras que se tocaron no primeiro concerto.
Dende a presidencia da banda
apuntan ademais que un ingrediente importante “será o reencontro con tódolos antigos
membros que desexen acompañarnos na nosa festa, así como
cos antigos directores, tendo
sempre na nosa memoria a figura
do finado Pepe Guntín, verdadeiro símbolo da nosa banda”.
Verán musical
A Asociación Cultural Banda de
Música de Vilalba organiza para
os meses de xullo e agosto o
Curso de Iniciación á Música, no
que se poderán inscribir todos
aqueles que sintan curiosidade
por aprender a tocar un instru-
mento. Unha iniciativa coa que
queren captar máis músicos e que
mozos e mozas de Vilalba descubran a música e se inicien nesta
disciplina.
A banda celebrará ademais o V
Curso de Verán os días 27, 28 e
29 de xullo. Un taller destinado a
músicos profesionais. Dende a
Banda de Música confirman a
presenza de tres profesores: Luís
Perandones en frauta, Darío Mariño en clarinete e Diego Ventoso
en percusión. Poderán apuntarse
tódolos alumnos e alumnas interesados.
Para rematar o verán celebrarán
o VII Festival de Bandas Pepe
Guntín, dentro da programación
festiva do San Ramón, concretamente o sábado 3 de setembro.
Proxectos futuros
Ademais dos tradicionais concertos de Santa Icía, en novembro, e
de Nadal, para esas datas está
previsto que haxa unha Exposición de Instrumentos Antigos e
Fotografías, na sala de exposicións do Auditorio Municipal,
sen data fixada polo de agora.
Dende a banda aseguran que a
mostra servirá para amosar “unha
parte da nosa historia, tanto no
que se refire á nosa banda como
no que se refire á nosa cultura,
dun xeito xeral”, destacan.
Comezan o aniversario con acti-
vidades programadas e outras
aínda por confirmar que se estenderán ao longo do ano. Entre outras propostas dende a Banda de
Música adiantan a idea de organizar un Ciclo de Novos Intérpretes para dar a coñecer aos
músicos que están comezando a
súa carreira. Ademais teñen en
mente a idea do Outono de
Banda, un ciclo de concertos
ofrecidos por varias bandas de
música, que terían como lugar de
celebración o Auditorio Municipal Carmen Estévez.
Proxectos...
Curso de Iniciación á
Música para aprender a
tocar un instrumento
V Curso de Verán
para músicos
VII Festival de Bandas
Pepe Guntín nas festas
do San Ramón
Exposición de instrumentos antigos e
fotografías
Ciclo de Novos
Intérpretes
Ciclo de Concertos
Outono de Banda
26
cultura
abril 11
axenda cultural
exposicións
teatro
mondoñedo
burela
“No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro”
auditorio. ata o 18 de maio
“contos no ar”
casa da cultura. 14 de maio. 18 horas.
Comisariada por María García e Víctor Freixanes, está composta por 16 paneis
nos que se fai un percorrido pola vida e a obra de Álvaro Cunqueiro. En oito vitrinas preséntase unha selección bibliográfica da súa obra galega e castelá ademais de traducións a linguas estranxeiras, unha pequena selección da súa obra
xornalística, e unha escolma de prensa sobre as distintas etapas da súa vida
A compañía Artestudio Teatro presenta a historia dun cazador de contos, Peter
Hamelin Merlin, tamén chamado “TÍ". "Tí" caza contos e ponos en gaiolas que el
mesmo fai coas palabras e así llos entrega aos nenos
lugo
“konrad ou o neno que saiu dunha lata de conservas ”
auditorio municipal. 13 de maio. 11.30 horas.
“Cen por Cen Seoane. 100 anos, 100 lugares”
fundación caixa galicia. ata o 8 de maio
ribadeo
Trescentas cincuenta pezas orixinais e centos de documentos e imaxes conforman a exposición. Xosé Díaz, unha das persoas que máis e mellor coñeceu ao
artista, é o comisario, que nos ofrece unha estrutura do contido en cen seccións
A compañía Sarabela Teatro conta a historia da señora Bartolotti cando recibe un
día por correo un fillo de 7 anos: Konrad. Con inspiración e humor,la obra conta
as emocionantes e divertidas situacións nas que se ve envolta a señora Bartolotti
pola presencia de Konrad, e como o defende, cando se descubre que houbo unha
equivocación na entrega a domicilio do neno
lugo
a coruña
“Tinos y Titubeos”
Galeria Amararte. ata o 15 de maio
“bob esponja, esponja que podía volar ”
palacio da ópera. 13 de maio
Exposición de pintura da artista Ruth Núñez Ares
O espectáculo do recoñecido personaxe de televisión chega á cidade da Coruña
para achegar aos máis pequenos á súa historia no fondo do mar
eventos
lugo
Músicas na Vidreira 2011
todos os días ata o 23 de maio
Pretende servir de apoio aos novos intérpretes que ofrecen actuaciones duns
veinte minutos repartidos entre a Vidriera de Veterinaria, a sala E=mc2, a sede do
IBADER e as rúas do centro da cidade. Participan o Conservatorio Profesional de
Música de Lugo, o Centro Autorizado Profesional de Música Galén, o Conservatorio de Música Profesional de Fingoi e a Escola de Música Fábrica de Sons
lugo
Track Dogs
Clavicémbalo. 19 de maio
lugo
Dry Martina
Clavicémbalo. 21 de maio ás 21 horas
lugo
Arde Lucus 2011 - Arde Lvcvs MMXI
Praza Maior. 17, 18 e 19 de xuño
Lugo volve un ano máis a viaxar no tempo para celebrar esta festa romana
concursos
Certame literario Letras Galegas
ata o 6 de maio do 2011
Poden participar todo os rapaces e rapazas da comarca da Terra Chá. Existen varias modalidades repartidas en prosa e poesía e os premios tamén se dividen en
función das idades dos participantes
X premio Carlos Casares de microrrelato
ata o 13 de maio do 2011
Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da
súa autoría redactados en calquera dos dous idiomas oficiais en Galicia. Convocado polo Liceo de Ourense está dotado con 1.500 euros
Bolsas de Creación Artística no
Extranxeiro Gas Natural Fenosa 2011
ata o 17 de xuño do 2011
Destinadas a artistas plásticos ou visuais nados ou residentes en Galicia, que non
cumpran os 35 anos o 31 de decembro de 2011
III Certame de Banda Deseñada sobre Teatro
ata o 25 de xuño do 2011
A Asociación Cultural Entre Bambalinas convoca este certame co obxectivo de
contribuír, por medio da banda deseñada, á divulgación do teatro galego
recomendacións
Qué ler?
Cabalo de ouros
Víctor F. Freixanes. Editorial Galaxia
a elección de:
Despois de case dúas décadas de silencio, Víctor Freixanes afonda nesta obra nos anos da posguerra, nunha
época na que o wolframio foi protagonista do nacemento
e da morte de cidades creadas arredor da extración deste
mineral co que se abasteceu a industria armamentística
alemaná. A trama xira arredor dunha partida de cartas
entre representantes dos sectores máis acomodados da
sociedade. Unha partida de naipe e unha historia de
amor. As palabras en Cabalo de ouros amosan a música
da memoria recuperada nos vellos cantares da tradición
oral galega.
Con Cabalo de ouros o autor recibiu recentemente o premio Irmandade do Libro ao autor do ano, galardón que
concede a Federación de Libreiros de Galicia.
Qué escoitar?
Phosphorescent
“Here’s to taking is easy”
por Félix Jorquera
Phosphorescent é unha desas bandas que xiran en
torno a unha persoa, neste caso: Matthew Houck.
Coas ideas ben claras, o grupo (ou el) propoñen un
son de corte folk inspirado en Dylan, Byrds, Lovin´
Spoonful e demais fauna sesenteira. As súas cancións
directas e sinceras enchen dende a primeira escoita e
transpórtannos a ambientes campestres e floridos.
Un álbum (o sexto xa) excelente con cortes tan harmónicos coma “I don´t care if there´s cursing” ou
máis folkies “Nothing was stolen”. Se che gustan os
primeiros REM, os Jayhawks ou The Coral, gozarás
con Phosphorescent.
Qué ver?
27
abril 11
Moncho Paz
Xornalista
Un Libro para ler pola noite
La vieja sirena de José
Luis Sampedro
Un CD para escoitar no coche
Calquera de
Steely Dan ou
dos Rolling
Stones
Unha película
Mellor unha obra de teatro:
El castigo sin venganza
de Lope de Vega
Unha cidade para visitar
La Habana
Unha comida
Unha bebida
Empanada de bacallau
con pasas
(crianza ou reserva)
18 comidas
Director: Jorge Coira e guión: Jorge Coira, Araceli Gonda e
Diego Ameixeiras. Reparto:Luis Tosar, Esperanza Pedreño,
María Vázquez, Cristina Brondo, Sergio Peris, Víctor Clavijo, Juan Carlos Bellido, Víctor Dupla, Xosé Barato, Pedro
Alonso. Drama, 2010
18 comidas é un crisol de historias que se entrelazan nun só
día. Un artista volve a ver ao amor da súa vida. Dous borrachos
almorzan cubatas con marisco. Un home cociña unha e outra
vez para unha muller que nunca chega. Unha parella esconde
o gran amor que os une. Unha cociñeira soña con triunfar na
canción. Unha moza vese inmersa nun complexo triángulo
amoroso. Unha parella de anciáns pasa as horas en silencio.
Un ciudadán macedonio atópase perdido en Santiago por culpa
do desamor. Rodada en Galicia, 18 comidas cóntanos unha
viaxe emocional arredor de varias personaxes moi diferentes
que loitan por acadar a felicidade.
Un sitio para vivir
Compostela
Ramón Bilbao
Unha persoaxe histórica
Clara Campoamor
28
natureza
abril 11
Guitiriz, a auga como fonte de saúde
O Xogo dos Andrade lévanos de ruta por Guitiriz
O xogo Unha viaxe pola terra dos
Andrade permite adentrase na riqueza patrimonial e paisaxística
da comarca da Terra Chá. É un periplo con probas de habilidades e
coñecementos que nos descubre o
pasado e o presente da comarca.
Son nove rutas polos nove concellos que invitan a coñecer a zona
e a relacionarse cos seus veciños
e veciñas. O Grupo de Desenvolvemento Rural Terra Chá presentou a iniciativa en a finais do mes
de febreiro.
Unha viaxe a través do patrimonio histórico e natural
Un percorrido polos ríos Parga e
Ladroil, dende a ponte de Santo
Alberto ata a carballeira de Pardiñas. Unha senda que une as tres
fontes de augas antes nomeadas:
a área recreativa de Valdovín, San
Xoán de Lagostelle, e fonte de
Santo PerDomingo en Pardiñas.
Balneario de Guitiriz e Pardiñas
O balneario de Guitiriz inaugurouse a principios do século XX
e foi un dos motores importantes
da economía da vila. Durante a
Guerra Civil funcionou como
hospital para as tropas mouras
polo que se construíu unha mesquita próxima ao hotel. Nos anos
Onde comer
Mesón da Cabra
Mesón da Cabra, s/n
Sete Muíños
Avenida Balneario s/n
50 o balneario sofre unha decadencia e hoxe en día volve a vivir
unha etapa de esplendor. Unhas
instalacións termais que seguen
sendo un gran reclamo turístico
para a zona.
O balneario de Pardiñas foi inaugurado a comezos dos anos 50.
As instalacións están próximas ao
escenario do Festival de Pardiñas,
onde un pequeno edificio acolle
no seu interior unha fonte dun
único caño. O poder curativo das
augas do balneario é coñecido
dende hai anos e moita xente chegaba á zona para beber as escasas
aguas da fonte de Santo Domingo
que brotaban de entre as pedras.
Parrillada El Cisne
General Franco, 147
Mesón O Pozo
Forxá, 1
Onde durmir
Pensión La Casilla
Situado na rúa da amizade, 19.
982.370.188.
Albergue Deva Pronatura
Situado no Lugar de Eirexe, 7 en
Sambreixo de Parga. 629.878.984
Camping El Mesón
Estrada NVI, quilómetro 535, a 5
km de Guitiriz. 982.373.288
Área de Autocaravanas
Ao lado do Centro de Interpretación da Auga.
Hostal Rúa
Lugar de Pardiñas. 982.370.107
Como chegar
A 38 quilómetros de Lugo, a 52
da Coruña e a 72 quilómetros de
Compostela.
Dende Madrid, Lugo e A Coruña
pola N-VI o A-6, saída 535.
Dende Santiago pola N-634 ou
pola A-9 ata Guísamo e N-VI ou
A-6, saída 535.
Dende Asturias por Ribadeo. N640 ata Lugo e N-VI ou A-6,
saída 535.
Dende Pontevedra dirección Santiago na A-9, N-634 e un tramo
final pola N-VI.
Desde Ourense pola N-540 e NVI ou A-6, saída 535.
Cascada do Muiño da Ruxida en Parga
O primeiro que descubrimos ao
abrir o caderno de viaxe do Xogo
pola Terra dos Andrade no concello de Guitiriz é a procedencia do
seu nome: Witricus é o señor da
guerra suevo que dá nome á localidade chairega. Comezamos a
ruta na igrexa do Sagrado Corazón de María que nos descobre un
dos poucos reloxos de sol analemáticos -sabemos a hora grazas á
proxección da sombra sobre a
elipse horaria- que existen en España. Aquí arranca a ruta que nos
leva a un paseo polas beiras do río
Parga, no tramo coñecido como
río Forxá. Aquí escoitamos a
banda sonora desta viaxe: o son
da auga será unha constante.
Unha viaxe que permitirá ao visitante coñecer de preto as propiedades da auga. As augas mineiro
medicinais son o recurso estrela
de Guitiriz. Os manantiais de Valdovín, San Xoán e Santo Domingo son as fontes que
proporcionan propiedades curati-
vas para doenzas no fígado, no ril
e na pel. Unhas características
que aproveitan os dous balnearios
da zona, o de Pardiñas e o de Guitiriz.
Tras deixar atrás o balneario de
Guitiriz chegamos ao río Pardiñas, onde cruzamos as vías do
tren para ver de preto o balneario
de Pardiñas. Un nome que nos
trae á cabeza o tradicional festival
que organiza cada ano a Asociación Cultural Ergueitos dende o
ano 1980. Un referente do folk
galego que se celebra o primeiro
fin de semana de agosto. É momento de descanso e reflexión.
Para o primeiro aconsellamos
comer unha torta de millo típica
da localidade e para o segundo recordar que o xacemento Pena
Xiboi, situado en Parga, nos
achega unha mostra do rico patrimonio histórico e cultural da
zona. Guitiriz ofrece ademais coñecer a súa riqueza a través da
ruta de sendeirismo sobre a auga.
A auga é un dos reclamos turísticos desta localidade chairega
A presa de Merra no lugar de Bascuas da parroquia de San Salvador
sociedade
abril 11
29
A escola de Taekwondo Moo Duk Kwan
desplazouse o día 30
de abril a Tenerife para
participar no segundo
Open Internacional El
Rosario. Os deportistas
Janice Lopez, David
Ansede e Michael
Lopez, integran o
equipo que dirixe Antonio Montes. Unha
proba para para preparar o campionato de
España que se celebrara o vindeiro 28 de
maio en Segovia.
A Peña Deportivista de Vilalba viaxou ata Riazor o
día 17 de abril para asistir ao encontro que enfrontou ao Deportivo e ao Rácing de Santander.
Sotavento participa na creación da Asociación Galega de Comunicación da Cultura Científica e Tecnolóxica. O obxectivo é fomentar a divulgación do coñecemento científico na nosa terra.
As alumnas da Escola de Iniciación ao Movemento
de Vilalba participaron no programa Vaia Troula da
Televisión de Galicia que se achegou á Feira do
Queixo de San Simón.
30
sociedade
marzo 11
como pasa o tempo!
concursa con
fotodenuncia
Apagón en Vilalba
Participa no noso concurso mandando un sms ao teléfono 982
050 012 e dando a resposta que ti creas para acertar co noso persoaxe do mes:
Entre os acertantes sortearemos unha cea para dúas persoas no
Restaurante A Nova Ruta.
¿Quen é esta rapaz?
Como pista:
Irá nun posto alto nunha lista para as
vindeiras eleccións municipais
Gañador:
Javier Iglesias
Solución do mes
pasado:
Xosé Manuel Rus
Esta é Vilalba durante as noites. A falla de iluminación nalgunhas rúas da vila fai delas un sitio inseguro e escuro.
As farolas non están acesas e obrigan aos vehículos a
conducir coas luces de largo alcance. Unha situación que
ocorre sobre todo nos barrios da capital chairega.
publicidade
abril 11
31
ANUNCIOS POR PALABRAS
ANÚNCIESE (GRATIS A PARTICULARES) TLF/FAX: 982 51 03 35 - TERRA CHÁ.XA. APTO. 86 27800 VILALBA - [email protected]
ofertas inmobiliarias
BÚSCASE PRAZA DE GARAXE EN ALUGUER. ZONA PLÁCIDO PEÑA DE VILALBA. TELEF.:666 727 372.
-ALÚGASE APARTAMENTO EN PRIMEIRA LIÑA DA PRAIA DA
RAPADOIRA EN FOZ. TELF. 982 512 204 e 638 607 236
VÉNDESE CASA DE PEDRA EN SEIXAS, COSPEITO. PLANTA
BAIXA E PRIMEIRO PISO. TELÉF.: 620 800 803
- ALÚGASE BAIXO/LOCAL DE NEGOCIO, CON RENDA BAIXA
EN CASO DE QUE A REFORMA CORRA POR CONTA DO
ARRENDATARIO. TELÉFS. : 981 23 59 30 E 659 635 991.
relacións persoais
-CÓMPRASE BAIXO COMERCIAL EN VILALBA. INTERESADOS EN VENDER CHAMAR AO TELÉFONO 678 827 142
-ALÚGASE PISO AMUEBLADO NA AVENIDA TERRA CHÁ.
PREZO A CONVIR. TELF. 635 254 585
-VÉNDESE PISO DE 120 M2 NO CENTRO DE VILALBA, RÚA
XOSÉ MARÍA CHAO. 120.000 EUROS. TELF. 647 124 512
- SEÑOR DE 50 ANOS RELACIONASE CON RAPAZA DE 35
A 45 ANOS CON FINES SERIOS. TELF: 647 531 986
- CHICO DE 40 ANOS BUSCA CHICA DE ENTRE 30 E 45
ANOS DA PROVINCIA DE LUGO. TELF: 678 37 53 28
- CHICO DE 37 ANOS BUSCA MADURA SOLVENTA PARA
COMPAÑÍA. TELÉF. 660 89 36 52.
-RAPAZ SOLTEIRO BUSCA RAPAZA SOLTEIRA ENTRE 30
E 45 ANOS DA PROVINCIA DE LUGO. TELEF.: 648 147 243
-CHICO DE 30 ANOS BUSCA CHICA DE 20 A 30 ANOS.
TELÉF.: 677 789 287
-RAPAZ DA TERRA CHÁ DE 39 ANOS BUSCA RAPAZA DA
ZONA. TELEF.: 680 553 639
-RAPAZ SOLTEIRO DE 36 ANOS BUSCA RAPAZA DA PROVINCIA DE LUGO. TELEF: 672 427 698
-RAPAZ DA TERRA CHÁ BUSCA RAPAZA DA PROVINCIA
DE LUGO ENTRE 40-50 ANOS PARA AMIZADE OU O QUE
XURDA. TELEF.: 649 596 996
ofertas de motor
- VÉNDESE CASA EN XERMAR, NO BARRIO RIBA DE INSUA,
EN COSPEITO. PARA RESTAURAR. 120 MTRS CADRADOS,
LUZ, POZO, ALPENDRE E 2 FERRADOS DE TERREO. ESTÁ
REXISTRADA TELF.: 982 52 01 38.
-PARTICULAR CON EXPERIENCIA OFRÉCESE PARA COIDADO DE MAIORES E TAREFAS DOMESTICAS, ASEO PERSOAL E COIDADO DO CABELO. TELEF. 982 39 01 33
RESTAURANTE DE VILALBA
NECESITA CAMAREIRA/O
PARA COMEDOR CON
EXPERIENCIA.
INTERESADAS / OS ENVIAR CURRICULO AO APARTADO 86,
27.800 VILALBA
ofertas do agro
-VÉNDENSE ESTACAS DE CASTAÑO. TELF. 635 254 585
- VÉNDENSE TENREIRAS DE 2 ANOS APROX. E VACAS
DE LEITE, BOMBA DE LAVADO DE 3.000 LITROS, CIRCUITO DE ORDEÑO WESTFALIA DE 4 PUNTOS E CUBAS
DE ACEIRO DE 200/300 LITROS. TELF. 667 418 605
- VÉNDESE TRACTOR JOHN DEERE 515 CON DIRECCIÓN ASISTIDA. TELF. 630 57 96 43
- ALÚGASE PLAZA DE GARAXE EN RÚA DA PRAVIA, AO
LADO DA ZAPATERÍA CAMBA. 30€ AO MES. TELEF.: 982
512065.
-VÉNDESE PARCELA DE 7000 M2 EN TROBO
(BEGONTE).ACCESO DESDE PISTA ASFALTADA..ALLANADA
CON EXCAVADORA.CON REGO NATURAL.PÓDESE PLANTAR. Email:[email protected]. TLFS: 982511396 OU
664649513.
-OFRÉCESE SEÑORA PARA LIMPEZA, ATENCIÓN A PERSOAS OU TAREFAS DO FOGAR. DISPOÑIBILIDADE PARA
TRABALLAR POLAS MAÑÁNS, TARDES OU POR HORAS.
DESPRAZAMENTO POR TODA A TERRA CHÁ E ARREDORES.
TELEF. 622 418 196
-VENDO AUTOCARGADOR MARCA TATO 3T19. SEMINOVO. TELÉFS: 982 164467 E 620 449 460
- VÉNDENSE RENAULT CLÍO 1.900 DIÉSEL. BO ESTADO.
BARATO. TELÉF.: 634 440 716
- VÉNDESE OPEL KADETT 17.00 DIÉSEL, LUGO-L. TELF.:
626 205 201
- REALÍZANSE TODO TIPO DE TRABALLOS FORESTAIS:
DESBROCE, PODA E PODA EN ALTURA, PLANTACIÓNS,
CORTA DE LEÑA, TRABALLOSDE XARDINERÍA, PECHES
DE DE FINCAS, ETC. TELEF.:696 224 709. ECONÓMICO.
-VÉNDENSE NOVILLOS E VACAS DE LEITE CON BOA
PRODUCIÓN. ZONA DE VILALBA. TELÉF. 664 103 964
-VÉNDESE SEAT TOLEDO 1.9 TDI 110 DIESEL DE AGOSTO
DO 2000. MOITOS EXTRAS E MOI COIDADO. COR AZUL.
PREZO: 3.800 EUROS. TELF – 655.457.897
-FÁNSE LIMPEZAS DE FINCAS E XARDÍNS. DESBROCE
MANUAL. PRECIOS ECONÓMICOS. TELÉF. 647 441 483
demandas de traballo
-TRACTORES DE LEÑA DE ARBALLO PREPARADA PARA
COCIÑAS. POSTA EN DOMICILIO. PREZO 250€. TELEF:
634 440 716
-AXENCIA DE MODELOS SELECCIONA MODELO. TELEF.
677 78 92 87
-BÚSCANSE PERSOAS PARA TRABALLAR ENSOBRANDO
PUBLICIDADE DESDE CASA, OFICINAS OU TENDAS. INFORMACION ENVIANDO UN SELLO PARA RESPOSTA A
C/ MARÍA PITA 23-25 3º IZQUDA. LA GÁNDARA, NARÓN,
15570 A CORUÑA.
-VÉNDENSE 2 INCUBADORAS. TEL: 630 84 36 10
outras ofertas
- VÉNDESE COLCHÓN FCA25, MANOPLAS, CHALECO
PARA CADEIRA DE RODAS, BARRAS PROTECTORAS
PARA CAMA DE 1.35. TODO PARA ENFERMOS. TELÉF.
630 57 96 43
- VÉNDESE CALENTADOR ELÉCTRICO DE 300 LITROS.
TELF. 667 418 605
- VÉNDENSE VITROCERÁMICA E ASPIRADOR DE
MANGO PARA BARRER. 15 DÍAS DE USO. TELÉF. 630
57 96 43
-VÉNDESE MEL CASEIRA. TELF. 659 25 77 42
-VÉNDESE DORMITORIO XUVENIL COMPLETO. PRÁCTICAMENTE NOVO. BO PREZO. TELF. 982 51 17 76
-VÉNDESE CASA DE LADRILLO SEN REMATAR CON FINCA
DE 1600 METROS CADRADOS EN SANTA CRISTINA, COSPEITO. TELFE. 635 254 585.
-ALÚGASE VIVENDA E CASA ANTIGA TOTALMENTE EQUIPADA. PRAZA DE SAN JUAN. TELEFS. 981 23 59 30 E 659 635
991
-VÉNDESE OU ALÚGASE BAIXO COMERCIAL EN VILALBA.
TOTALMENTE REFORMADO, 60 MTRS. CADRADOS
(APROX.).TÉLEF. 680 760 205.
-BÚSCASE CASA AMOBLADA NOS ALREDEDORES DE VILALBA. TELEF.: 622 05 54 11
-VÉNDESE CASA UNIFAMILIAR EN VILALBA. 3 DORMITORIOS, 1 BAÑO, 1 ASEO, SALÓN-COMEDOR E TERREO POR
DETRÁS DA CASA. TELÉFS.: 669 612 066 - 686 464 742.
- VÉNDESE CASA DE PEDRA DE 400M2 CON 18000 M2 DE
TERREO.2 COCIÑAS (UNHA DE LAREIRA E OUTRA ECONÓMICA).PISO DE MADEIRA EN USO.2 HÓRREOS..POZO DE
PEDRA. CARBALLEIRA PROPIA DIANTE DA CASA.EN SAN VICENTE DE PENA(BEGONTE).NECESITA RESTAURAR.Email:[email protected]. TLF:982396193
ofertas de traballo
-OFRÉCESE CHICA PARA LIMPAR POR HORAS OU COIDAR
NENOS, PREFERENTEMENTE POLAS MAÑÁS. INTERESADOS CHAMAR AO TELEF. 637 249 602
-BÚSCASE TRABALLO COMO PALISTA, TRACTORISTA OU
CAMIONEIRO. TELEF. 679 265 844
-OFRÉCESE CHICA PARA COIDAR DE PERSOAS MAIORES
TANTO DE DÍA COMO DE NOITE. TELF.: 629 987 316
-VÉNDESE CITROËN JUM
PER 2.0 HDI ANO 2003 CON
143.000 km. HOMOLOGADA
PARA 9 PRAZAS. MOI COI
DADA. 4.000 €. ITV RECEN
PASADA. 646 853 950
-VÉNDESE VITROCERÁMICA CON MOI POUCO USO.
PREZO: 150 €. TELEF: 630 40 75 33
-VÉNDESE FRIGORÍFICO GRANDE con 3 CAIXÓNS,
PREZO ECONÓMICO. TELÉF. 672 427 698
-VÉNDESE ESTUFA DE QUEROSENO DE 2.900 W.
TELEF: 606 774 185.
-VÉNDESE COXÍN DE MASAXE SEMI NOVO CON INFRAVERMELLOS PARA TRATAMENTO NAS COSTAS.
USO EN CADEIRAS, SOFÁS, CAMAS. ANTI STRESS.
PREZO 150€. TELÉFONO DE CONTACTO 610 39 40 52
-VÉNDENSE MOBLES POR CAMBIO DE DOMICILIO.
MOI ECONÓMICOS. TELÉF.: 618 931 821
-VÉNDENSE 2 PÍOS DE PEDRA, 1 CARRO DE MADEIRA
E 1 ARMARIO ANTIGO DE CASTIÑEIRO PARA RESTAURAR. TELEF.: 659 257 742
-FÁNSE TRABALLOS E MANTEMENTO DE XARDÍNS E FINCAS. DESBROZES MANUELES,PODAS ETC.TLFN:656 946
720 E 673 578 215.
-CÁMBIASE UN ROTATIVO MARCA MORRA POR UN
MAIS PEQUENO. TELEF.: 605 680 188

Similar documents

Ás portas do San Froilán 2014

Ás portas do San Froilán 2014 preguntan o seu significado e din que venturoso mes non se atopa en ningún Pobo cousa ¡onde se xuntan! igual. Xesús… Xesús… ¡que horror! un que se vai.. A valla ao servizo do Pobo, co seu outro que...

More information